6 nov 2015

MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa están aquí outro curso as MOCHILAS VIAXEIRAS. Como ben sabedes son unha pequena escolma de todo o que podedes atopar na Biblioteca para compartir a lectura en familia e que coñezades a diversidade de recursos que temos e así animárvos a visitarnos. Xa sabemos que non da tempo a ler todos os libros que viaxan nelas, pero de seguro que algún desperta a vosa curiosidade e gañas de ler ou compartides algún rato fermoso en familia con algunha das sorpresas que viaxan nelas.
Este curso o lema das Bibliotecas Escolares é "BIBLIOTECAS ESCOLARES, BASE DE EXPLORACIÓNS" e ahí mandámosvos uns emisarios marabillosos para as vosas exploracións.


No hay comentarios:

Publicar un comentario