26 oct 2010

XA ABRIU O XIMNASIO DA IMAXINACIÓN!!!

Ola a todos e todas!! Carbi creou o seu espazo virtual na rede ¿e qué será iso? pois iso é o blog da biblioteca. Nel poderedes atopar miles de cousas moi interesantes e curiosas que tedes que descubrir, así como tamén iredes vendo o que vamos facendo dende a biblioteca.
Aquí vai a primeira entrega:
Abriu a biblioteca, démoslle a benvida aos novos lectores así como tamén lle demos os carnets da biblioteca. Recordáronnos cales eran as normas da biblioteca e para que a podemos empregar.
Xa comezamos a nova andaina dos contos e mochilas viaxeiras, cas que disfrutaremos na casa cos nosos pais, avós, curmáns,... da lectura de diversos libros e da creación dun conto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario