14 nov 2013

Mapa Viaxeiro


Este ano o tema do proxecto de biblioteca é “Coñezamos Galicia. Vivamos coma galegos!”, por iso,  no canto de enviar o conto viaxeiro, este ano imos facer o mapa viaxeiro.
Solicitámoslles as familias que participen nesta actividade situando no mapa un lugar de Galicia que visitasen e lles gustase. Poderán contar que é o que máis lles gustou dese lugar, por que o recomendarían, que monumentos ou institucións visitaron, etc.  Tamén poderán ilustrar a páxina do mapa viaxeiro ou pegar fotografías. Os traballos serán entregados con data límite o 9 de xaneiro de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario