QUE
É A LINGUA MATERNA?
A lingua materna é aquela na
que os nenos/as aprenden a falar e a
relacionarse coa súa contorna máis próxima.
O Día Internacional da Lingua
Materna estableceuse para sensibilizar acerca da importancia dos idiomas e da
función vital que desempeñan no desenvolvemento, ao garantir a diversidade e o
diálogo intercultural, así como o fortalecemento da cooperación e a consecución
da educación de calidade para todos, a construción de sociedades do coñecemento
integradoras e a preservación do patrimonio cultural.
CAL
É O TEMA DESTE ANO?
Cada ano, a UNESCO
escolle un tema arredor do que xira a conmemoración do Día Internacional da
Lingua Materna. Neste 2020, quere lembrar o valor dos idiomas que son á vez
locais e transfronteirizos -como o quechua, que se fala en diferentes países de
América Latina- para promover o diálogo pacífico e axudar a promover o
patrimonio cultural dos pobos que os falan. Tamén o galego é, dalgunha maneira,
unha lingua transfronteiriza, na medida en que serve como ponte con Portugal e,
en xeral, coa lusofonía.
Texto recollido do PORTAL
DA LINGUA GALEGA.
Dende o colexio, queremos festexar a diversidade de linguas
maternas que hai no centro. Para elo queremos facer unha homenaxe as familias
que compoñen a nosa comunidade educativa facendo un mural coas súas
fotografías. Por iso, pedimos que nos enviedes unha fotografía da vosa familia
e que escribades debaixo a vosa lingua materna.
No hay comentarios:
Publicar un comentario