20 may 2014

O NOSO CAMIÑO REMATADO

Aquí vos presentamos o noso camiño realizado durante todo o ano.

  ETAPA 1: O CEBREIRO ALBA e ANTÓN

 

ETAPA 2: TRIACASTELA ALBA D. e AARÓN

   

ETAPA 3: SAMOS RAÚL e UXÍA S.

   

ETAPA 4: SARRIA SAMUEL e CLARA

 

ETAPA 5:  PORTOMARÍN  UXÍA R. PAULA



ETAPA 6: PALAS DE REI  MANUEL  e JENNI



ETAPA 7: MELIDE  ANXO e  YVETTE



ETAPA 8:  ARZÚA  NICO e ANDREA



ETAPA 9: SANTIAGO  ANXO e  YVETTE

19 may 2014

Entrega de premios Certame Literario

O vernres día 16 de maio e unha vez rematado o festival das Letras Galegas, levouse a cabo a entrega de premios correspondentes a o Certame Literario deste ano.
Os premiados foron:


CATEGORÍA
TÍTULO
AUTOR
NARRATIVA
Infantil e 1º de primaria
“Angus”
Iria Alonso Sienes (1º)

2º e 3º de primaria
“Xoan e o futbol”
Diego Alonso Sienes (2º)

4º, 5º e 6º de primaria
“Era unha vez”
Alba Dapena Costas (5º)
POESÍA
Infantil, 1º e 2º de primaria
Deserto

2º e 3º de primaria
Deserto

4º, 5º e 6º de primaria
“O mencer”
Alba Alonso Soto (5º)
ADULTOS

“Queres que che conte un segredo”
Luis González Rodríguez
FAMILIAS

“A razón dun libro”
Paula Rodríguez Alonso  (4º) e
Encarnación Alonso Pérez

 Queremos agradecer a participación de todos os participantes e animamoslles a volver a intentalo na vindeira edición, igual que a todos os demais membros da comunidade educativa.


12 may 2014

17 de Maio. Día das Letras Galegas

Este ano o autor homenaxeado é Xosé Mº Díaz Castro, o cal traballamos a súa biografía e dous dos seus poemas.

3,2,1.... Pouco falta para a presentación

Para preparar a nosa presentación do camiño precisamos gravar as etapas feitas.....

Chegamos a Santiago

Xa conseguimos a nosa compostelana, e xa aprendimos moito nesta nosa peregrinación. Aquí está o noso camiño.

Camiñando, traballando,.... fixemos o camiño

O segundo e terceiro trimestre dedicámonos a traballar toda a información, para saber por onde pasábamos, qué podíamos visitar, comer, facer,... en cada etapa.

O nadal en Santiago

Con bastante retraso, aquí presentamos o noso nadal deste ano queo pasamos en Santiago.


11 may 2014

Vida e obra de Xosé María Díaz Castro

É unha dos mellores poetas da segunda metade do século XX en Galicia. Discreto pero brillante, Xosé María Díaz Castro pasa case desapercibido por pasar boa parte da súa vida fora de Galicia.

Naceu en Vilariño, concello lugués de Guitiriz, pero estuda no seminario de Mondoñedo, lugar idóneo para un futuro escritor,xa que nel estudan tamén outras grandes personalidades das verbas galegas. Os seus estudos foron interrompidos pola Guerra Civil e xa non volverá a retomalos, polo que deixa a carreira no seminario e dedícase a docencia. Máis tarde múdase a Madrid onde comeza a súa carreira de tradutor.

A súa obra literaria concéntrase nun único libro de poemas de nome Nimbos (1961), onde a meirande parte dos temas que trata teñen que ver co sentimento relixioso e a Terra.

Destaca o poema Penélope, que foi cantado polo grupo musical A Quenlla, que o fixo máis popular se cabe.

De volta a súa terra natal a os 80 anos, publica algúns textos na revista Dorna. E dende entón, a Asociación Cultural Xermolos traballou para o recoñecemento deste poeta. 



PENÉLOPE

UN PASO adiante i outro atrás, Galiza, 

i a tea dos teus sonos non se move. 

A espranza nos teus ollos se esperguiza. 

Aran os bois e chove. 



Un bruar de navíos moi lonxanos 

che estrolla o sono mól coma unha uva. 

Pro tí envólveste en sabas de mil anos, 

i en sonos volves a escoitar a chuva. 



Traguerán os camiños algún día 

a xente que levaron. Deus é o mesmo. 

Suco vai, suco vén, Xesús María!, 

e toda a cousa ha de pagar seu desmo. 



Desorballando os prados coma sono, 

o Tempo vai de Parga a Pastoriza. 

Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. 

Un paso adiante i outro atrás, Galiza! 



Nimbos (1961)

Na páxina de Letras Galegas poderás atopar diferentes enlaces nos que poderás atopar moita máis información.
http://bibliocarbicarballal.blogspot.com.es/p/blog-page.html

6 may 2014

Our Celtic roots!

As this year we have been working about the project: "Vivamos como galegos, coñezamos Galicia", we though it is very important that we learn about our origens.
We could find out that Galicians are coming from a celtic culture as well as Irish and Scotish people. Therefore, we have got  many things in common as: monuments, festivals, music, traditions...
As María, the conversation assistant is from Scotland, we could discover with her, all the celtic features of the scotish culture.
ACTIVITIES :


In the english class we were learning about our ascendants “The Celts”.
The littlest kids discovered that in the center of Vigo, there is a hill called “O Castro”. And they found out that this name comes from an ancient town, whose ruins can still be seen in this hill. They also could learn more about them through the story of “King Arthur” or the Asterix and Obelis adventures. 



In 1st grade they made a beautifull poster drawing  all the items they learn about the Celts. 



In 2nd and 3rd grade we learnt a lot of information through a  Quest, based on the presentation the teacher made for us. 


In 4th, 5th and 6th grade we  worked in small groups to find out information about the Celtic culture in Galicia. We were looking for information in the library, at home and internet, then we prepared the presentation to share this information with all of the other students. 

 
We learnt who were the celts, where they came from, where  they lived, about  their religion, their economy, art, battles and weapons, and their festivals and music. 

In 5th and 6th we worked with María about our common celtic roots between Galicia and Scotland. She made a presentation and then we discussed about all the things both countries have in common. In small groups we made a poster with this similitarities under the tittle: “Scotland and Galicia... the Celtic Nations”.




ARTS
As part of the project “Vivamos como galegos… Coñezamos Galicia”  and “Celtic Roots”, all the kids in Primary made a medallion with a Celtic Symbol and following the Sargadelos Style. We discovered how important was this company for the Galician Art and culture along the last century. 


In the arts classes we were working on the project  “Carbi  meets… Galicia”






And here you can see the result and find out more about our work :

http://bibliocarbicarballal.blogspot.com.es/2014/07/carbi-meets-galicia.html


COCIÑA DE CONTOS

O pasado luns, 5 de maio, gozamos no noso centro cunha actividade de contacontos. Nesta actividade, escoitamos contos relacionados con temas culinarios e ata fixemos unha sopa. Para rematar, decoramos pratos, con tres tipos diferentes de ingredientes. Foi unha actividade moi motivadora, aquí tendes a proba.

30 abr 2014

SEMANA DA LECTURA AO AIRE LIBRE.


Coa chegada do bo tempo e coincidindo coa celebración do Día do Libro, había que saír a ler fóra. 


23 abr 2014

23 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO.

   Esta data (23 de abril) foi escollida para celebrar o "DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO" xa que coincidía co óbito de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.

   A continuación tendes un conxunto de curtas que teñen como tema central os libros, eses obxectos máxicos que nos transportan a multitude de paisaxes e nos permiten converternos no que queiramos... Unha bruxa no deserto, un príncipe  na selva, un capitán pirata nunha illa, unha arqueóloga, un historiador...

FELIZ DÍA DO LIBRO A TODOS/AS!


8 abr 2014

XENIAIS CONTACONTOS DURANTE O MES DE MARZO.

Este ano contamos ca presenza duns estupendos/as  contacontos, que percorreron o colexio durante todo o mes de marzo,  na busca de ointes que os quixeran escoitar e... todos os nenos/as de infantil e 1º ciclo de primaria estiveron encantados coa súa visita.


VII Certame Literario no CEIP Plurilingüe Carballal-Cabral

         Xa está aberto o prazo para participar no Certame Literario do noso Centro. Este ano imos xa pola VII edición. Animamos a toda a comunidade escolar a presentar os seus traballos, tanto os nenos/as como familias.

6 abr 2014

Celebración do

O pasado día 2 de abril,  para celebrar este día especial,  cada familia elaborou unha ficha de recomendación dun libro que lles gustou especialmente. Esta ficha puideronna pegar persoalmente no mural colocado na entrada do colexio.

19 mar 2014

Talleres de Rosalía




Co gallo do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro o 24 de febreiro, o alumnado dos tres ciclos de Educación Primaria levou a cabo na biblioteca, tres talleres sobre a figura da escritora. Nos tres ciclos investigaron os momentos máis destacados da súa  vida, e sobre todo  a importancia que ten a figura de Rosalía na cultura galega. En 2º e 3º ciclo os nenos e nenas convertéronse en poetas, reinventando e reescribindo algún dos seus poemas máis coñecidos.

Por último creamos un blogue no que colgamos informacións de interese sobre a autora e tamén os  traballos que levamos a cabo sobre ela. 

 blog 

3 mar 2014

Proxecto Illas e Faros de Galicia

Rematamos a primeira parte do noso proxecto! Os Faros de Galicia.




Comezamos debuxando un dos faros máis famosos de Galicia. Deixámosvos unhas imaxes da Torre de Hércules vista con ollos de nen@.




Despois realizamos unha investigación por equipos, na que traballamos catro faros: O Faro de Illa Pancha en Ribadeo, O Faro da Illa de Ons, O Faro da Illa do Medio das Illas Cíes e o Faro de Fisterra.






Deixámosvos aquí os resultados

A Galicia vente xa!

Para celebrar que rematamos a parte de Faros do proxecto Illas e Faros de Galicia, queremos deixarvos esta canción de Xosé Manuel Budiño. Foi o vídeo promocional do Xacobeo 2004 e conta coa colaboración de representantes da cultura galega como son Mercedes Peón, Yolanda Castaño e Nova Galega de Danza entre outros.

Tamén hai representantes de outras culturas que descubriron a beleza de Galicia e participaron da súa promoción: Karen Matheson (Escocia), Alberto Mvundi (Angola), Johnny Kalsi (Británico con ascendente Indio), Bidinte (Guinea-Bissau)


Sabedes en qué Faro de Galicia se gravou este vídeo?