24 oct 2011
12 oct 2011
TRES FANTÁSTICAS CURTAS DE ANIMACIÓN.
Benvidos/as a este novo curso escolar 2011/2012, xa sei que tardei un pouco en dar sinais de vida, estiven de paseo polo fondo mariño. Como moitos de vos sabedes este ano no colexio mergullarémonos de cheo no mar, dende todas as perspectivas posibles, estiven buscando información e recolectando libros para achegarvos a este marabilloso tema. Dentro de moi pouquiño teredes un expositor na biblioteca cheo de información, contos, novelas ... relacionadas co meu mundo.
Mentres esperades recoméndovos que vexades estas tres fermosas curtas de animación coa vosa familia ou amigos ( por OQO editora) : Os sete cabritos, A pota que trota e Fiz, o coleccionista de medos.
30 jun 2011
8 jun 2011
ACTIVIDADE INTERESANTE!!!
Que non tes nada que facer o venres 10 de xuño, ás 18:30 horas terás unha sesión especial de contacontos. O lugar da actividade é no Espazo EMAO (esquina das rúas Rosalía de Castro e Pontevedra).
Se clicades na imaxe poderedes acceder ao blogue de Kalandraka e obter máis información sobre a actividade.
18 may 2011
O Certame Literario de TODOS
Aquí tedes a publicación do libros de todos os participantes do Certame deste ano. Esperamos que a todos vos gusten as historias e os premiados.
13 may 2011
IV CERTAME LITERARIO
Fíxose entrega dos premios do IV Certame Literario. Antes de deixarvos un pequeno libro cos premiados e as súas obras, queremos agradecer a vosa participación e animarvos a seguir colaborando e participando!!!
IV CERTAMEN LITERARIO on PhotoPeach
DIA DAS LETRAS GALEGAS 2011!!!
Hoxe celebramos no cole o Días das Letras Galegas. Reunímonos todos na biblioteca onde os compañeiros do primeiro ciclo foron os encargados de presentar tan importante acto. Aquí vos deixamos a presentación que fixemos, xa que para ver o vídeo teredes que agardar un pouquiño.
9 may 2011
O RETO DE CARBI
Carbi quere probar a vosa habilidad cos xeroglifos. Aquí vos deixa unha actividade moi divertida, só para valientes. Quen se atreve???? Clicade na imaxe.
Se vos gustou o xogo e queredes saber como sería o voso nome escrito polos exipcios facede clic na imaxe!!!
HONORATO, O RATO NAMORADO
Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º estivemos a ler e traballar co libro de "Honorato, o rato namorado". Pero iso non é todo, senón que como broche final tivemos ao autor, Antonio García Teijeiro, no cole e puidemos ensinarlle todo o noso traballo e recibir como premio un pequeno recordo nos nosos libros.
Aquí vos deixamos unha mostra do noso traballo feito.
Por se queredes volver xogar e probar os vosos coñecementos sobre o libro deixámosvos o lim que fixemos:
OS PEIXES DE CORES
O alumnado de 4º e 3º ciclo de E.P. leu o libro de Antonio García Teijeiro "Os Peixes de Cores" e fixo un bo traballo con él. Aquí está a mostra de todo o que traballaron.
Como recompensa tivemos a sorte de que o autor do mesmo nos visitara e nos firmara os nosos libros.
Como recompensa tivemos a sorte de que o autor do mesmo nos visitara e nos firmara os nosos libros.
7 may 2011
LETRAS GALEGAS 2011
O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas. Este ano homenaxeamos a Lois Pereiro. Aquí vos deixamos un pequeno documento coa vida e obra deste autor.
AGORA PARA PROBAR OS VOSOS COÑECEMENTOS CLICADE NA IMAXE DO VOSO CICLO
2 may 2011
RECETARIO DO CARBALLAL
Xa está aquí!! recien sacado do forno!!! O noso recetario!! Aquí tedes un montón de receitas para poder preparar nalgunhas festividades ao longo do ano, ou cando vos queirades convertir en auténticos chefs!! Esperamos que vos salgan ben!!
3 abr 2011
CONTACONTOS "CON ARTE"
O venres tódolos rapaces do cole tivemos a oportunidade de disfrutar dunha actividade complementaria moi interesante.
Co nome de CONTARTE, o alumnado de 1º ciclo e de 3º de Ed. Primaria escoitamos un conto fermoso e fixemos un obradoiro de manualidades sobre o seu contido.
Se queredes ver un pequeno resumo desa actividade, "clicade" no vídeo!!! En breve estarán as fotos na galería do cole.
Co nome de CONTARTE, o alumnado de 1º ciclo e de 3º de Ed. Primaria escoitamos un conto fermoso e fixemos un obradoiro de manualidades sobre o seu contido.
Se queredes ver un pequeno resumo desa actividade, "clicade" no vídeo!!! En breve estarán as fotos na galería do cole.
28 mar 2011
10 mar 2011
CONTACONTO EN INGLÉS!!!!!
Os nenos e nenas do primeiro e segundo ciclo disfrutaron na biblioteca do cole dun contaconto diferente aos que estamos acostumados ata agora, pois era en inglés. A actividade titúlase: "Story-Telling".
Aquí vos deixamos un pequeno video para que vexades o ben que o pasamos, as fotos téndelas na Galería da páxina web do cole. Non agardedes máis, dádelle ao play!!!!!
Story-Telling on PhotoPeach
15 feb 2011
PEPIÑA MARUXIÑA QUERE VOAR!!!
Os nenos e nenas de infantil e do primeiro ciclo tivemos a sorte de disfrutar na biblioteca do cole dun conto precioso "Pepiña Maruxiña quere voar". Con este conto coñecimos a historia dunha xoaniña que quería voar, pero non tiña ás, así que andivo na busca da Raiña das flores para que a axudara.Queredes saber como remata a historia???? Pois dádelle o play e disfrutade co video.7 feb 2011
QUERES XOGAR COMIGO?????
Inauguramos o teatrillo de Carbi cunha obra titulada: QUERES XOGAR COMIGO??? Foi unha experiencia entrañable tanto para os rapaces coma para as mestras que participaron na obra.
Respondendo a petición dos nenos e para que pasasedes un bo rato volvéndoa a ver, aquí vos deixamos o vídeo dunha das sesións!!!!!
3 feb 2011
O agasallo dos nosos compañeiros do C.E.I.P. Eduardo Pondal
Como xa sabedes, o día da paz festexámolo conxuntamente cos colexios Eduardo Pondal e Igrexa Candean.Fixemos diversas actividades e entre elas limos diferentes poemas. A continuación presentámosvos o poema que leron os nosos compañeiros do C.E.I.P. Eduardo Pondal. Gracias por compartilo connosco.
2 feb 2011
CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ!!!!
Aquí vos deixamos un vídeos das experiencias vividas nese magnífico día.
O NOSO DIA DA PAZ on PhotoPeach
O NOSO DIA DA PAZ on PhotoPeach
1 feb 2011
29 ene 2011
OS CORAZÓNS DA PAZ DO 1º CICLO
Os nenos e nenas do primeiro ciclo puxemos nos corazóns os nosos maiores desexos de PAZ. Queredes ve-los????? Dádelle o play.
OS CORAZÓNS DA PAZ on PhotoPeach
22 ene 2011
LIBROS PARA SOÑAR "SESIÓNS DE CONTACONTOS"
LIBROS PARA SOÑAR retomará o venres 21, a partir das 18:30 horas, as sesións habituais de animación á lectura para público infantil e xuvenil. A programación desta nova tempada vai comezar centrada en libros sobre solidariedade e multiculturalidade, con motivo do Día Escolar pola Paz e a Non Violencia, que se celebra este vindeiro 30 de xaneiro. Bailar nas nubes, da autora e ilustradora arxentina Vanina Starkoff e editado por KALANDRAKA, foi finalista do III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado 2010. Trátase dun libro cun enfoque multidisciplinar: por unha banda, aboga pola convivencia e o respecto entre persoas de diferente procedencia; por outra, reflexiona sobre as relacións sociais e a compaña fronte ao aillamento individual e a soidade.
LIBROS PARA SOÑAR: Triunfo, 1. Vigo | Tlf 986 433 768 | lps@kalandraka.com
Aquí vos deixamos as actividades programadas para este primeiro trimestre:
21 ene 2011
DÍA DA PAZ
Ola a todos!!!!! Co motivo da celebración do día da Paz púxenme en contacto cos meus amig@s.
A miña amiga Matilda, que vive na biblioteca do CEIP Outeiro das Penas (Cesantes), envioume un conto moi bonito sobre a amizade e a vantaxe de facer as cousas entre todos e non ti só. Se queredes ler este magnífico conto e despois facer as súas actividades, só tendes que clicar na imaxe.
A miña amiga Matilda, que vive na biblioteca do CEIP Outeiro das Penas (Cesantes), envioume un conto moi bonito sobre a amizade e a vantaxe de facer as cousas entre todos e non ti só. Se queredes ler este magnífico conto e despois facer as súas actividades, só tendes que clicar na imaxe.
21 dic 2010
Contacontos de 4º E.P. "ANANO SALTAREIRO"
Carbi tivo unha grata visita. Os alumnos de 4º fixeron un contacontos do "Anano Saltareiro" e quixérono compartir cos seus compañeiros dos outros cursos na biblioteca. Esperamos que todos disfrutaran con eles pois puxéronlle moito interese para facelo estupendamente!!
Se queredes ver as fotos de o ben que o pasaron clickade sobre as mesmas.
Se queredes ver as fotos de o ben que o pasaron clickade sobre as mesmas.
Etiquetas:
Certame literario,
Contacontos,
Letras Galegas,
Vídeos e curtas
Guia de Lecturas para Pais de Nadal
Ler é moi san para todos, e o noso amigo Carbi ofrecenos unhas suxerencias para este Nadal para os nosos pais.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









