29 mar 2016

XVII SALÓN DO LIBRO Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Xa está aquí de novo o Salón do Libro en Pontevedra cunha manchea de actividades dende o 1 ao 23 de abril. Este ano rodeado de animais, grandes e pequenos, reais e imaxinarios, ... CANTA BICHERÍA!.
Consuñltade toda a información picando na imaxe.


http://www.pazodacultura.org/gl-ES/salon-do-libro/2016.aspx






                                                 

27 mar 2016

Storytellers

In the week from the 14th to the 18th of march, the kids of 6th grade became storytellers for the little kids of our school. The told 5 stories in groups of three: Uxía, Olalla and Paula told the story "Catch a Star" Ramón, Raquel and Guillermo told "Draw me a Star" Diego, Pablo and Xian told "Say Hello to the Snowy Animals" Jorge, Lucía and Alejandro told "Cock a Mooo, Mooo" And Izan, Ione and Ainhoa told

11 mar 2016

A MIÑA PELÍCULA FAVORITA

Os primeiros pasos para gravar unha película, e coñecer unha película. Para iso, fixemos un pequeno estudio a cerca da nosa película favorita, da película que máis nos gustou: cal é o seu título orixinal, a súa linguaxe orixinal, o director, productor, vestiario,...

8 mar 2016

Traballando coa poesía

Na semana da poesía estivemos xogando coas mesmas. Para iso collimos na biblioteca distintos libros de poemas, buscamos o poema que nos gustou máis e...... A xogar!!! Con eles podes facer acrósticos, adxetivación, unha ensalada de versos, versos encadenados, supostos, definicións,..... Os alumnos de 5º e 6º  de primaria decidimos facer caligramas cos poemas elexidos.


8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Dende a Biblioteca non queremos deixar pasar este día, por iso fiemos unha selección de material bibliográfico sobre mulleres, de mulleres e para todos. Esperamos que vos guste.


25 feb 2016

Día de Rosalía

Para celebrar o Día de Rosalía durante esta semana imos traballar a poesía nos distintos niveis. Tamén fixemos unha escolma de recursos para motivar os nenos a ler poesía.



30 ene 2016

Un bo punto de partida: un libro

O noso comezo foi no nadal cun bo agasallo: este libro; para poder levar a cabo o noso proxecto: publicar unha película.

Stop Wars

Por aquí comenzaremos, no entroido de stop wars iremos para comezar a nosa "gravación"....

Os planos no cine

Para facer unha película que plano vamos a empregar???

Linguaxe no cine

Así se comunica no cine sen falar

Xéneros do cine

Qué tipo de pelicula vamos a facer??? a coñecer os xéneros do cine para poder elexir.

Estudio da miña película favorita

Vexo a miña película favorita e ....¿qué teño que saber dela? Aquí están algúns dos aspectos que podo investigar.

Como se fai unha película

Aqui están os pasos para poder facer a nosa película

17 dic 2015

AGASALLOS LECTORES

Para este Nadal alá van unhas recomendacións lectoras.
http://issuu.com/bibliocarbicarballal/docs/recomendaci__ns_nadal_def_34c3ba896f4802?e=22609034/32041667



Buscamos amigo para Carbi


Benqueridos amigos e amigas,

Hoxe quero  contarvos que estou un pouco triste, xa que van chegar as vacacións de Nadal, e vou quedar só no cole, porque todos vos ides moi contentos coas vosas familias a pasar as festas, e non vindes ao colexio.
Voume aburrir moito eu soiño!
 A min, gustaríame ter algún amigo ou amiga aquí no colexio con quen xogar mentras vós non estades, e por iso vos pido que entre todos me busquedes un compañeiro ou compañeira.
Ocurriuseme que este amiguiño/a teña tamén unha tarefa igual ca min. Eu coido da biblioteca e el ou ela, podería ser a mascota da aula de informática e coidar de tódolos ordenadores.
Espero que me axudedes a atopar a alguén!
Moitos bicos.
    Carbi

CONCURSO DE MASCOTAS PARA A AULA DE INFORMÁTICA

-Debuxo en folio tamaño normal (A4) .
-Materiais: pódense empregar todo tipo de materiais (ceras, lápices, acuarelas, témpera…) pero non se permiten volúmenes.
-Data límite: 11 de xaneiro (á volta de vacacións) .
-Entregar as titoras/es.
-Premio: “O mellor de todos”

30 nov 2015

KAMISHIBAI

En outubro e novembro gozamos cos Kamishibais elaborados polos/as nosos/as compañeiros/as. A temática escollida foi o medo e o outono.
A biblioteca de Carbi e as aulas de Infantil convertéronse en auténticos teatros onde puidemos gozar coas diferentes historias.
Velaquí tedes a mostra.

10 nov 2015

Contacontos "O soño de Ester"


 
     A continuación temos a presentación do contacontos en imaxes cos nenos e as nenas. Esperemos que vos guste. Unha apreta!

6 nov 2015

CAMPAÑA DE ANIMACIÓN A LECTURA

Rescatamos esta xoia da rede xa que pensamos que a súa mensaxe segue, e seguirá, de actualidade.

Que vos parece?

MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa están aquí outro curso as MOCHILAS VIAXEIRAS. Como ben sabedes son unha pequena escolma de todo o que podedes atopar na Biblioteca para compartir a lectura en familia e que coñezades a diversidade de recursos que temos e así animárvos a visitarnos. Xa sabemos que non da tempo a ler todos os libros que viaxan nelas, pero de seguro que algún desperta a vosa curiosidade e gañas de ler ou compartides algún rato fermoso en familia con algunha das sorpresas que viaxan nelas.
Este curso o lema das Bibliotecas Escolares é "BIBLIOTECAS ESCOLARES, BASE DE EXPLORACIÓNS" e ahí mandámosvos uns emisarios marabillosos para as vosas exploracións.


22 oct 2015

DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Este curso,  co gallo do Día Internacional da Biblioteca Escolar, o venres 23 de outubro realizaremos o III Maratón de Lectura no CEIP Plurilíngüe Carballal-Cabral. Entre todos daremos lectura o libro "Os soños na Gaiola" do escritor de Outeiro de Rei Manuel María.



Aquí podes visualizar en directo o Maratón de Lectura.