28 mar 2011
10 mar 2011
CONTACONTO EN INGLÉS!!!!!
Os nenos e nenas do primeiro e segundo ciclo disfrutaron na biblioteca do cole dun contaconto diferente aos que estamos acostumados ata agora, pois era en inglés. A actividade titúlase: "Story-Telling".
Aquí vos deixamos un pequeno video para que vexades o ben que o pasamos, as fotos téndelas na Galería da páxina web do cole. Non agardedes máis, dádelle ao play!!!!!
Story-Telling on PhotoPeach
15 feb 2011
PEPIÑA MARUXIÑA QUERE VOAR!!!
Os nenos e nenas de infantil e do primeiro ciclo tivemos a sorte de disfrutar na biblioteca do cole dun conto precioso "Pepiña Maruxiña quere voar". Con este conto coñecimos a historia dunha xoaniña que quería voar, pero non tiña ás, así que andivo na busca da Raiña das flores para que a axudara.Queredes saber como remata a historia???? Pois dádelle o play e disfrutade co video.7 feb 2011
QUERES XOGAR COMIGO?????
Inauguramos o teatrillo de Carbi cunha obra titulada: QUERES XOGAR COMIGO??? Foi unha experiencia entrañable tanto para os rapaces coma para as mestras que participaron na obra.
Respondendo a petición dos nenos e para que pasasedes un bo rato volvéndoa a ver, aquí vos deixamos o vídeo dunha das sesións!!!!!
3 feb 2011
O agasallo dos nosos compañeiros do C.E.I.P. Eduardo Pondal
Como xa sabedes, o día da paz festexámolo conxuntamente cos colexios Eduardo Pondal e Igrexa Candean.Fixemos diversas actividades e entre elas limos diferentes poemas. A continuación presentámosvos o poema que leron os nosos compañeiros do C.E.I.P. Eduardo Pondal. Gracias por compartilo connosco.
2 feb 2011
CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ!!!!
Aquí vos deixamos un vídeos das experiencias vividas nese magnífico día.
O NOSO DIA DA PAZ on PhotoPeach
O NOSO DIA DA PAZ on PhotoPeach
1 feb 2011
29 ene 2011
OS CORAZÓNS DA PAZ DO 1º CICLO
Os nenos e nenas do primeiro ciclo puxemos nos corazóns os nosos maiores desexos de PAZ. Queredes ve-los????? Dádelle o play.
OS CORAZÓNS DA PAZ on PhotoPeach
22 ene 2011
LIBROS PARA SOÑAR "SESIÓNS DE CONTACONTOS"
LIBROS PARA SOÑAR retomará o venres 21, a partir das 18:30 horas, as sesións habituais de animación á lectura para público infantil e xuvenil. A programación desta nova tempada vai comezar centrada en libros sobre solidariedade e multiculturalidade, con motivo do Día Escolar pola Paz e a Non Violencia, que se celebra este vindeiro 30 de xaneiro. Bailar nas nubes, da autora e ilustradora arxentina Vanina Starkoff e editado por KALANDRAKA, foi finalista do III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado 2010. Trátase dun libro cun enfoque multidisciplinar: por unha banda, aboga pola convivencia e o respecto entre persoas de diferente procedencia; por outra, reflexiona sobre as relacións sociais e a compaña fronte ao aillamento individual e a soidade.
LIBROS PARA SOÑAR: Triunfo, 1. Vigo | Tlf 986 433 768 | lps@kalandraka.com
Aquí vos deixamos as actividades programadas para este primeiro trimestre:
21 ene 2011
DÍA DA PAZ
Ola a todos!!!!! Co motivo da celebración do día da Paz púxenme en contacto cos meus amig@s.
A miña amiga Matilda, que vive na biblioteca do CEIP Outeiro das Penas (Cesantes), envioume un conto moi bonito sobre a amizade e a vantaxe de facer as cousas entre todos e non ti só. Se queredes ler este magnífico conto e despois facer as súas actividades, só tendes que clicar na imaxe.
A miña amiga Matilda, que vive na biblioteca do CEIP Outeiro das Penas (Cesantes), envioume un conto moi bonito sobre a amizade e a vantaxe de facer as cousas entre todos e non ti só. Se queredes ler este magnífico conto e despois facer as súas actividades, só tendes que clicar na imaxe.
21 dic 2010
Contacontos de 4º E.P. "ANANO SALTAREIRO"
Carbi tivo unha grata visita. Os alumnos de 4º fixeron un contacontos do "Anano Saltareiro" e quixérono compartir cos seus compañeiros dos outros cursos na biblioteca. Esperamos que todos disfrutaran con eles pois puxéronlle moito interese para facelo estupendamente!!
Se queredes ver as fotos de o ben que o pasaron clickade sobre as mesmas.
Se queredes ver as fotos de o ben que o pasaron clickade sobre as mesmas.
Etiquetas:
Certame literario,
Contacontos,
Letras Galegas,
Vídeos e curtas
Guia de Lecturas para Pais de Nadal
Ler é moi san para todos, e o noso amigo Carbi ofrecenos unhas suxerencias para este Nadal para os nosos pais.
ESTAS ESTRELAS BRILLAN MOITO!!!!!
ESTAMOS NO NADAL E NON PODÍAN FALTAR AS ESTRELAS. AS QUE VOS AMOSAMOS A CONTINUACIÓN NON SON ESTRELAS NORMAIS, SON XENIAIS!!!!!! DISFRUTADE DO VIDEO. MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
CARBI DESÉXAVOS BO NADAL A TODOS!!!!!
14 dic 2010
PORQUE LER ESTÁ DE MODA?????
BOTÁDELLE UN OLLO A ESTE VIDEO, NEL EXPLÍCAVOS AS VENTAXAS DUN BOOK "LIBRO" E PORQUE LER ESTÁ DE MODA. ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS, DEIXÁMOVOS ESTA PREGUNTA:
ESTADES DE ACORDO CO VIDEO?????
CLICADE NA IMAXE!!!
25 nov 2010
O NOSO REGALO PARA CARBI!!!
Os nenos e nenas de primeiro quixemos agasallar a Carbi polos libros que nos presta, polo ben que se porta connosco e para que teña unhas novas amigas que lle fagan compaña. Queredes ver como nos quedaron????
Xa nos contarás se che gustaron!!!!! Moitas grazas Carbi!!!!!
22 nov 2010
NARRACIÓN DO CONTO DE "LA SIRENITA"
Recomendámosvos que vexades este video-conto narrado polos alumnos de 3º de E. Primaria sobre unha adaptación do famoso conto de "La Sirenita".
COMO SUMERXIRSE NA BIBLIOTECA
PARA SABER O ESTAR NA BIBLIOTECA
18 nov 2010
A TERRA DO ARCO FELIZ
Hoxe os nenos e nenas de Infantil e do primeiro ciclo recibiron a visita da Fundación DEVI na biblioteca. Contáronnos un conto titulado "A terra do Arco Iris" para rematar cunha pequena sesión de relaxación!!!!
Que sensacións e tranquilos quedamos!!!!!
16 nov 2010
O CAZO DE LORENZO
Aquí vos deixamos un conto para pensar. Non o dubidedes, só tedes que facer clic na imaxe e a disfrutar!!!!! Seguro que despois de le-lo teredes outro punto de vista!!!!!
15 nov 2010
ASI É INTERNET!!
Internet é un mundo moi amplo e inmenso, o cal temos que coñecer ben para poder sacarlle o máximo partido e non levar sorpresas desagradables. Aquí tedes uns consellos de como empregar ben Internet. Pincha sobre a imaxe e moi atento ao que nos dín.
12 nov 2010
LECTURA DUN CONTO POLOS NENOS DE PRIMEIRO!!
Os nenos e nenas de primeiro quixemos agasallar aos nosos compañeiros coa lectura dun conto moi divertido: "A castaña que rebentou coa risa".O que non agardávamos era que os nenos e nenas de 4º tamén nos contaran un a nós. Moitas Grazas!!!!
Se queredes ver como foi a nosa viaxe, ollade este video!!!!
Se queredes ver como foi a nosa viaxe, ollade este video!!!!
10 nov 2010
O MAGOSTO
Chega o outono, e con el os froitos típicos da época: as aveláns, as noces, as castañas,... ¡As castañas! e con elas a festividade do Magosto. Se queres saber un pouco máis sobre o magosto, as castañas, o castiñeiro aquí tes un libro que che pode axudar, e senón na biblioteca tamén podes atopar información. Ánimo e a indagar!!!
9 nov 2010
OS CONTOS NO TEATRO
O próximo 13 e 14 de novembro ás 12:00 celebrarase no Teatro-Cine Salesianos (Rúa Venezuela, 3 – Vigo), a representación do conto infantil:
" TONIÑO E O TÍO VICENTE"
Narra as aventuras dun neno de cidade durante unhas vacacións vividas no seu pobo. No transcurso delas, obtén grandes coñecementos sobre a cooperación, o traballo e a amizade, a través de numerosas vivencias e historias que o seu tío lle conta.
Entrada gratuíta. Aforo limitado. Recollida das entradas na billeteira do teatro os días da representación de 10:00 a 11:45 h.
2 nov 2010
A VISITA DE HORRIPILUS!!
Como xa sabedes Horripilus veunos visitar o día do Samaín, convidado por Carbi, para que levase todos os nosos medos.E así o fixo, levounos os berros de medo e os nosos medos, pero deixounos un pequeno recordo, que non é mais que iso, un recordo do que eran os medos dos nen@s do Carballal. Aquí os tedes!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








