29 may 2025

VISITA DE IRIA MISA

Os alumnos de 5⁰ de primaria recibiron a visita de Iria Misa, autora de "Mamá, quero ser Ziggy Stardust".

Foi un pracer compartir un tempo de charla con ela e encantounos que se integrara coma unha máis no noso grupo de debate. Grazas, Iria!






25 may 2025

MALETAS VIAXEIRAS DO CFR VIGO

Este curso poidemos disfrutar na nosa biblioteca das maletas viaxeiras do CFR VIGO, polo que durante unhas semanas tivemos a nosa disposición máis exemplares de libros de banda deseñada/cómic e de inclusión. 




JORGE CAMPOS

O alumnado do primeiro ciclo de primaria recibiu a visita de Jorge Campos, o autor e ilustrador de "Capitán Lentella". Todos disfrutaron moito coa súa visita! Moitas grazas!



9 may 2025

REFRÁNS E HISTORIAS ASOMBROSAS.

O alumnado de 4º de primaria fixo unha recollida de refráns e ditos da tradición oral galega. Nesta recollida participaron pais, nais, avós, avoas...
Despois da recollida decidimos transcribilos para compartilos co resto de alumnos/as do colexio.
Para completar o noso traballo creamos historias que rematan cun dito ou refrán da nosa escolla.
Todo isto ilustrado con moito cariño.
Velaquí queda a proba.

25 abr 2025

VISITA DE AUTORES

Os alumnos do 2º ciclo de educación primaria recibiron a visita de María Canosa, autora do libro "Escola de bruxas", e os do 3º ciclo a de Carlos Meixide, autor do libro "Ánxela e Spencer". Grazas polas vosas visitas!

ABRIL, mes do libro!

Para conmemorar o día do libro decidimos adicarlle o mes enteiro! Comezamos o mes celebrando o apradiñamento lector "TI+EU=UN LIBRO", no que maiores e pequenos disfrutaron compartindo unha sesión de lectura ao aire libre.
Tamén, todos os días, os máis pequenos difrutaron dunha sesión de contacontos levada a cabo polos alumnos de  3º, 4º, 5º e 6º.
E, o 23 de abril, "Día do libro" disfrutamos do concerto de Brais das Hortas. Pasámolo xenial!

23 abr 2025

Día de Rosalía de Castro

Este curso para conmmemorar o "Día de Rosalía de Castro" todos participamos nun acto no que os rapaces e rapazas de cada curso recitaron poesías, cantaron cancións ou aportaron datos sobre Rosalía de Castro, empregando para iso os fondos da exposición de Rosalía de Castro da biblioteca.
E, ademáis, todos disfrutamos da marabillosa actuación de Manuela Varela no seu espectáculo "ROSALÍA TEN PODERES"

3 abr 2025

CONCERTO DE BRAIS DAS HORTAS

Este ano, como parte do plan "Lectura e familias", tódala comunidade educativa (alumnado, profesorado e familias) poderá disfrutar do "Consertasso na horta" de Brais das Hortas. Esperámosvos!

Recomendacións lectoras

Este curso, igual que en anos anteriores, o noso alumnado está a recomendar a todolos seus compañeiros os seus libros favoritos, polo que, se non sabedes que libro ler, acudide ao taboleiro das recomendacións!

Deseña a porta da túa biblioteca

Este curso decidimos mellorar un pouco a imaxe da nosa biblioteca decorando a súa porta. Para isto animamos a todo o alumnado a participar no concurso "Deseña a porta da túa biblioteca", do cal resultuo gañador o deseño da nosa alumna Lía. Noraboa!

5 mar 2025

NOVOS RETOS DE POLOS CREATIVOS NA BIBLIOTECA

Durante o mes de febreiro o alumnado puido coñecer novos recursos de POLOS CREATIVOS levando a cabo a proposta do CFR de Vigo para o "Día da muller e a nena na ciencia":
E participando no reto "KORBO":

3 mar 2025

RETO MAGSMASTERS

No mes de xaneiro os nenos e nenas do cole participaron nun novo reto de POLOS CREATIVOS na biblioteca.

16 dic 2024

Recomendacións lectoras para o nadal

RETO KAPLA

Este mes de decembro a biblioteca foi o lugar de encontro para todos aqueles rapaces e rapazas de primaria que quixeron participar no "Reto Kapla" de Polos Creativos

25 N DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA MACHISTA

Este curso para conmemorar o 25N limos o conto "O chuvasqueiro de Aurora" e decoramos coas nosas pegadas a súa protagonista. Dende o equipo de biblioteca manifestamos o noso rexeitamento ante calqueira tipo de violencia e desexamos que nunca ningún nen@ nin a súa nai teñan que sentirse como as protagonistas deste libro.