10 ene 2023

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL

Coa proximidade das vacacións de Nadal, dende o equipo de Biblioteca do cole, queremos facervos unhas recomendacións lectoras para entreter aos máis peques da casa!! Agardamos que vos gusten! Bo Nadal!

30 nov 2022

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O Día Internacional das Persoas con Discapacidade celébrase o 3 de decembro. O seu principal obxectivo é visibilizar o apoio á inclusión social das persoas con discapacidade. Esta data foi elexida para facer un chamamento universal para lograr unha sociedade o máis inclusiva e acesible posible. Trátase de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en cada ámbito da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida. Dende a biblio do cole temos selecionados un conxunto de libros e contos para poder traballar sobre este aspecto ademais de propoñer diferentes páxinas de curtametraxes e contos que podedes disfrutar dende as vosas casas!! CONTOS DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

24 nov 2022

MOCHILAS VIAXEIRAS EN MARCHA!!!

Outro curso e xa están aquías "Mochilas Viaxeiras". Os libros son fiestras abertas ao mundo, porque grazas a eles temos a oportunidade de ver, de coñecer, de viaxar, de aprender... Durante a infancia, a familia é o principal referente en tódolos ámbitos, polo que debe selo tamén no exercicio da lectura. Esta mochila é unha invitación á lectura en familia, unha pequena escolma do que podemos atopar na BIBLIOTECA ESCOLAR. Xunto cos materiais tamén mandamos o "Caderno Viaxeiro" para que cada familia aporte as súas impresións sobre a actividade, os materiais, o libro que máis vos gustou... podedes facer algún debuxo que ilustre unha sensación, un pensamento.. en fin, o que queirades manifestar. Ánimo e boas lecturas!!

4 nov 2022

SAMAÍN

E que ben o pasamos e que guapos e guapas iamos!!! Con esta festa os celtas conmemoraban o cambio de estación. É unha data que coincidía co final da tempada de cosecha e daba comezo un novo ciclo!! Hoxe en día, mesturada coa festa do Halloween, disfrazámonos terroríficamente, adornamos o cole cos nosos calacús e disfrutamos de talleres xeniales que organizamos coa axuda de nais do cole para disfrute dos máis pequenos!!

25 oct 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O pasado 24 de outubro celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES no cole. Como cada curso escolar, éste é un día de fomentar o gusto pola lectura. O noso cole convertiuse nun gran espazo onde se mesturaban personaxes moi variados da literatura infantil. O noso acto deste ano centrouse no diseño e gravación das palabras máis fermosas que coñecemos do galego e relacionar así esta conmemoración co proxecto que estamos a levar a cabo "Marabillas de Galicia".

17 oct 2022

INAUGURACIÓN DA BIBLIO

O pasado venres,14 de outubro, celebramos un acto inaugural da biblioteca do cole. Tendo en conta que o noso proxecto de traballo para este curso ten como temática principal "Marabillas de Galicia", non poderiamos empezar por outra cousa que non fora a bandeira e o himno galego. Asi que, puxémonos mans á obra, e adornamos con moitas bandeiras o noso espazo máis preciado, a biblio, e despois xuntámonos no patio, instrumentos en man, para acompañar as notas do himno galego... Xa aproveitamos que estabamos de troula para poñer música do país e botarlle uns bailes!!!

23 jun 2022

LECTURAS RECOMENDADAS PARA O VERÁN

Estas son as lecturas recomendadas para o alumnado de educación infantil
Lecturas recomendadas para alumnado dos cursos 1º, 2º e 3º de primaria
Lecturas recomendadas para o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria.

27 may 2022

LETRAS GALEGAS 2022

O 17 de maio, día das Letras Galegas, rendimos homenaxe a Florencio Manuel Delgado Gurriarán. Puxémonos mans á obra decorando o cole e traballando sobre a vida e obra deste autor. Pero, ademais, no noso centro organizouse un bonito festival de música, baile, canción e recital de poemas para celebrar tamén un día de exaltación da nosa lingua!! "O idioma é a forza que nos xungue e sostén, se perdemos a fala non seremos ninguén" (Manuel María). Deixámosvos aquí, algunhas das actividades feitas en artística, así como unha mostra da decoración dos nosos pasillos!!