18 feb 2019

PLANETARIO NO COLEXIO


Neste curso , contamos cun recurso proporcionado por Educaixa, un planetario, que tivemos no noso centro durante una semana e que puidemos usar e coñecer todos/as   os/as nenos/as do colexio.
Resultounos moi proveitoso , pois estamos traballando o espazo.

8 feb 2019

Traballamos os proxectos do Universo e da Terra

Neste segundo trimestre comezamos a traballar nas aulas de Infantil os proxectos do Universo e A Terra, tendo en conta que neste curso o proxecto central desta biblioteca é: "Unha viaxe polo Espazo".
  Estes son os recantos que creamos en cada unha das clases:

7 feb 2019

A famosa Gloria Sanchez visita o Carballal !!!

Gloria Sánchez visitou ao Carballal  para  responder as dúbidas do alumnado de cuarto e sexto sobre o libro " Dez piratas" e outros da autora. As preguntas foron moi variadas e curiosas. Ademais diso asinou os libros e uns porquiños que fixeron os nenos/as de cuarto e algúns nenos/as de sexto.
Gloria foi moi amabel con nós. Agora que está xubilada pode visitar colexios como o noso para aclarar e responder dúbidas doutros nenos/as.
Se queres ver máis pincha na imaxe.


4 feb 2019

DÍA DA ILUSTRACIÓN

Para celebrar o día da Ilustración, todos/as con papel e lapis na man e escoitando música, decidímonos a debuxar o que nos saía ao escoitala música, una vez rematada a ilustración a colocamos nun mural para que toda a comunidade educativa as poidan ver.

3 feb 2019

DÍA DA PAZ

Na nosa celebración do Día da Paz elaboramos un mural coas cousas que cada un de nós considera moi importanteS para lograr a PAZ. 






25 ene 2019

CONTACONTOS DE FAMILIARES

O alumnado de infantil tivo a gran sorte de gozar a semana pasada dunha marabillosa sesión de contacontos, realizado por unha tía dunha das nosas alumnas. Se premedes na imaxe poderedes ver un resumo da mesma.


20 ene 2019

Lector/a do mes

O lector do mes de DECEMBRO é: ........... Manuel de 1º curso
Aquí nos presenta o seu libro favorito:


LECTOR DO MES DE DECEMBRO

A lectora do mes de NOVEMBRO é: ................Andrea de 3º curso.
Aquí nos presenta o seu libro favorito.


Gracias por ensinarnolo Andrea!!!!!

A lectora do mes de Outubro é Xiana de 3ºde Primaria.
E aquí nos presenta o seu libro favorito.


Lectora do Mes de Outubro

8 ene 2019

LENDAS




Durante dúas semanas de outubro pasamos pola biblioteca para aprender e traballar dúas lendas da nosa tradición. Puidemos ilustralas, modificalas, facer xogos…