26 jun 2013

VISITOUNOS ELVIRA PÉREZ

Este ano o alumnado de Educación Primaria mergullouse no estupendo libro "A contar ovellas".
Ao final, visitounos Elvira Pérez a autora. Contounos moitas cousas, e pasámolo xenial.
Aquí está o vídeo da súa visita.

.

CHEGARON OS NOSOS CONTOS!

Por fin chegaron a nosa biblioteca os contos feitos por todos os nenos e nenas do colexio.
Traballamos arreo durante todo o ano para facelos, pero mereceu a pena!


3 jun 2013

Carbi meets... Fairy Tales!!

During this school year, Carbi left the walls of the library and went out looking for adventure.
He went to palaces, forests, lakes and seas... he even spent a few days in Paris!
During his trip, he made lots of friends: he met Puss in Boots, Goldilocks, Mowgley and Baloo, Aladdin, Pinocchio, Hansel and Gretel, The Nutcracker, Alice, Rapunzel, Ali Baba... and many other characters from your favorite Fairy Tales.
Don't miss it out! You can read this wonderful book in the library. Enjoy it!

No 3º ciclo recomendámosche..........


00218 from 3º ciclo on Vimeo.

00214 from 3º ciclo on Vimeo.

00217 from 3º ciclo on Vimeo.

00216 from 3º ciclo on Vimeo.

00215 from 3º ciclo on Vimeo.

1 jun 2013

CONTOS CLÁSICOS: SEGUNDO CICLO.

   Xa escollemos o título do noso conto grupal: "O mundo de metal".
   Estamos rematando as últimas pinceladas, esperamos expoñer o resultado en breves.
   Só nos falta encuadernar e publicitar, ser editores da moito choio!
   Nas seguintes imaxes podedes ver o noso traballo cando:

  • Escribimos contos a partires de imaxes (personaxe + lugar + obxecto máxico)
  • Comezamos a ilustrar o noso conto.
  • Escollemos o título do conto grupal.
  • Ilustramos "Carbi coñece a..." Conto grupal elaborado por todos os nenos e nenas do colexio na clase de Plástica.



QUEN É CASTELAO?

Quen é Castelao?
Imos facer unha visita a bibliocarbi para averigualo.
Conseguirémolo?
Pois claro que si!

TALLER DE POESÍA: UN SOMBREIRO, UN POEMA CANTAREIRO.

   Todo comezou con un sombreiro...
   Que poema vai co teu sombreiro?
   Carbi esconderá algún poema especial para ti na biblioteca?
   Podes ser un/unha  pirata, unha bruxa, unha bailarina ou bailarín, unha domadora ou domador de circo, un rei, unha raiña ... en fin podes ser o que queiras.
   Pensando, rimando, escribindo e traballando non sabemos moi ben como, pero chegamos ao AMOR e tamén ao DESAMOR e nese mesmo intre acordamos escribir o noso propio libro de poemas.
Velaquí está!

CARTEIS DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO

       Despois de moito investigar, xa resolvemos a primeira tarefa que nos pedía a webquest de Roberto Vidal Bolaño.

Velaquí tedes os resultados:

OS CONTOS: AULA DE 4 ANOS.


   Os nenos e nenas de 4 anos gozamos moitísimo traballando os contos que tanto nos gustan.
   Traballamos as fórmulas de comezo e final, cales son os obxectos máxicos dos contos, as personaxes... escollemos o Gato con Botas como nome de aula.
   Para rematar todo este traballo escribimos o noso propio conto "Trogloditas" que xurdiu nun momento de loucura...
   Querédelo ver? Esperamos que vos guste tanto como a nós. 


OS CONTOS: AULA DE 3 ANOS.


   As nenas e nenos de tres anos pasámolo xenial  traballando o conto de Riciños de ouro.
   Estamos rematando as nosas creacións, prestade moita atención porque axiña estarán colgadas no blogue.
 

31 may 2013

PSICOMOTRICIDADE: FÁBULA DA LEBRE E A TARTARUGA

Os nenos de Infantil representamos a "Fábula da lebre e a tartaruga" en psicomotricidade.
Fomos a tartaruga  indo paseniño pero sin pausa e tamén fomos a fachendosa lebre, correndo moi rápido e deitándonos a comer amorodos e a durmir unha sesta.



PINTURAS RUPESTRES.

    Despois de investigar sobre a Prehistoria, atopamos un libro na biblioteca onde nos explicaba paso por paso como se facían as pinturas rupestres. Que sorte!!
Puxémonos mans á obra e este foi o resultado.


30 may 2013

PROXECTO: "SEA OF TALES"

Nas clases de inglés tamén traballamos os contos clásicos:


1. Coñecemos o vocabulario e expresións máis típicas deste tipo de historia: como empeza, como rematan, as persoaxes, os lugares nos que pasan os feitos... 


2. Todo o alumnado de 1º a 5º de Educación Primaria fomos a ver unha obra de teatro en inglés sobre o conto clásico "The jungle book". Para a correcta compresion e disfrute da obra, traballamos previamente nas clases de inglés tanto o vocabulario como as cancións, as cales nos gustaron moito. 

Jungle Book on PhotoPeach




presentación Jungle Book from Carballal on Vimeo.

3. Os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria realizaron un traballo de investigación buscando información sobre o autor desta historia:  Rudyard Kipling

4. Os máis pequenos xogaron a descubrir a que conto corresponde cada un dos títulos en inglés das historias. 




English tittles of stories from Carballal on Vimeo.

5. O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria buscou información sobre os irmáns Grimm, autores de moitas das máis famosas historias clasicas coñecidas.


Brother Grimm from 3º ciclo on Vimeo.

6. Os alumnos de 6º prepararon distintos contos en inglés para contarlle a o resto dos nenos do colexio:
  • Ruth, David e Aine prepararon "Little Red Riding Hood" para contarlle a os nenos e nenas de Educación infantil.

Sin título from Carballal on Vimeo.


  • Aida, Mario e Nerea prepararon "Hansel and Gretel" para contarlle aos nenos e nenas de 1º ciclo de Educación Primaria. 

Hansel and Gretel from 3º ciclo on Vimeo.

Caligramas nos contos, publicitamos o noso conto, dramatización de contos, conto viaxeiro e Teatro Negro

Caligramas nos contos, publicitamos o noso conto, dramatización de contos, conto viaxeiro e Teatro Negro

Descripción de paisaxes dos contos, poemizamos os contos e empezamos a crear o noso propio conto.

Descripción de paisaxes dos contos, poemizamos os contos e empezamos a crear o noso propio conto.


Análise morfosintáctico nos contos

Análise morfosintáctico nos contos


Entrevistamos os personaxes dos contos e transformamos os contos a estilo directo e indirecto

Entrevistamos os personaxes dos contos e transformamos os contos a estilo directo e indirecto

O xornal dos contos. Comunicación a través do correo electrónico, sms e notas dos contos.

O xornal dos contos. Comunicación a través do correo electrónico, sms e notas dos contos.

Anécdotas e Cómics dos contos.

Anécdotas e Cómics nos contos.

Ampliando e recortando contos. En qué persoa está o conto??

Ampliando e recortando contos. En qué persoa está escrito o conto??

Conto Viaxeiro do 3º ciclo



Conto Viaxeiro on PhotoPeach