19 dic 2012

UNHA MESA CHEA DE LECTURA.


     Aquí van as recomendacións de Nadal deste ano, podedes pinchar nas imaxes para descargar os documentos ou velos   máis grandes. 
     Dende o Equipo de Biblioteca desexamos que teñades unhas FELICES FESTAS!

Para todas as nais e pais,
dos nenos e nenas do Carballal,
unha mesa chea de lecturas
para que vivades aventuras. 








22 nov 2012

Escolma de refráns

Para celebrar a Semana da Literatura de Tradición Oral imos elaborar unha escolma de refráns, ditos, adiviñas... que utilicemos nos nosos fogares ou teñamos escoitado algunha vez.

Para botarvos unha man, deixámosvos esta presentación con refráns relacionados cos meses de ano.
Lembrade que nesta presentación non están incluídas as actividades, pero poderedes facelas no cole na aula de informática. 



Dende aquí as mestras e mestres podedes descargar o arquivo da actividade. Lembrade que é preciso ter instalado o Smart Notebook, versión 10 ou superior.

13 nov 2012

MAGOSTO

No mes de novembro, en Galicia, celébrase unha data moi especial, o MAGOSTO. É unha celebración propia da nosa terra, xa que noutros lugares non se celebra


Actividade feita por Ana Martínez Rey, recollida da web O Recanto de Mik.


 Información recollida da web do Concello de Arteixo procedente da web O Recanto de Mik. 


 Refráns, adiviñas, poemas, ditos de outono, recollidos da web O Recanto de Mik.

 Información recollida da web galicias.com







9 nov 2012

Corre, corre, cabaciña

No día do Samaín, o alumnado de Infantil e Primeiro ciclo de Primaria vimos, na hora de ler, un conto titulado "Corre, corre cabaciña". Foi moi divertido! Aquí volo deixamos para que poidades disfrutar del outra vez.

 
Pero a sorpresa non remata aquí, se vos gustou o conto non podedes deixar de escoitar a  súa canción.
 
 
 
 

6 nov 2012

Mochilas Viaxeiras

Durante este mes de Novembro comezarán a súa andaina as mochilas viaxeiras. De casa en casa, de familia en familia; cheas de libros, de historias e de aventuras para compartir.


3 nov 2012

Traballos de Samaín

Noraboa a todos os rapaces e rapazas que participastes na WebQuest do Samaín elaborando murais e contos!

Se queredes ver os resultados, premede nas imaxes.
3º Ciclo
2º Ciclo



2 nov 2012

OS NENOS/AS DE PRIMARIA CELEBRAN O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O alumnado de primaria non quedou atrás á hora de namorarse da nosa biblioteca. 

No primeiro ciclo tamén vimos a curta "Romance de biblioteca" e aquí están os personaxes de conto dos que nos namorariamos sen dubidalo:


Os maiores (de 2º e 3º ciclo) vimos a curta "Los libros fantásticos que vuelan" e, ademais de quedar fascinados coa trama da historia, quixemos plasmar en papel todo o que nos gusta dos libros e o que fai que sexan tan importantes e especiais para nós. Aquí vos deixamos as nosas reflexións:


29 oct 2012

OS NENOS/AS DE INFANTIL CELEBRAN O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O pasado día 24 de outubro, os nenos e nenas de Infantil acudimos á biblioteca do noso cole, para celebrar o día das Bibliotecas Escolares. Alí, puidemos ver unha curta sobre dous personaxes de contos que vivían nunha biblioteca e entre eles xurdía o amor. Despois de ver a curta fixemos un debuxo sobre o noso personaxe de conto favorito.
 Que ben o pasamos! O lema dese día foi:" Namórate da Biblioteca".

Namórate da biblioteca on PhotoPeach

E aquí están as nosas creacións, xa vedes que somos pequenos artistas!

23 oct 2012

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!

Parabéns a todos/as os nenos/as que poden gozar todos os días nas súas bibliotecas escolares. Hoxe 24 de outubro de 2012 celébrase o día das bibliotecas escolares. 

Non hai nada máis marabilloso que mergullarse nunha biblioteca para buscar ese libro que alguén escribiu para ti, porque de seguro que está aí, só tes que buscalo! 

Seguramente non o atopes á primeira, pero se insistes aprecerá, so é cuestión de tempo e paciencia, pero asegúroche que o día que o atopes a túa vida cambiará. 

Aquí tendes estas fantásticas curtas para celebralo, a primeira é un agasallo para o 2º e 3º ciclos e a da dereita é un agasallo para infantil e 1º ciclo, estou impaciente por ver os resultadados das vosas actividades. 

Carbi.


16 oct 2012

Chega o Samaín!

Achégase o 31 de Outubro, día de Samaín; unha data con moita historia xa que na época dos celtas sinalaba a fin do verán e o comezo do inverno.

Para celebrar esta festa propoñévosvos unha serie de actividades para os diferentes ciclos ás que poderedes acceder facendo clic nas imaxes.

Infantil e 1º Ciclo
2º Ciclo
3º Ciclo



O CARTEL DESTE ANO.


   Con este lema, Biblioteca escolar, acelerador de innovación, preséntase o cartel que neste curso 2012/2013 edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Nesta ocasión, a ilustración correspondeu ao creador galego Andrés Meixide,  que vén sumarse así aos ilustradores que teñen colaborado con esta consellería no obxectivo de difundir as posibilidades da biblioteca escolar (Manuel Mariño/2008Miguelanxo Prado/2009Marina Seoane/2010,Emma Ríos/2011)

Hoxe....día de inverno

Hoxe....día de inverno, temporal...chove, fai vento e frio!!!

 O mellor que se pode facer é coller un bo libro, meterse na cama e mergullarse nel. Recoméndovos "As bruxas" do autor de contos británico de ascendencia noruega Roald Dahl. 
As bruxas en fin, xa sabedes que...




"Ninguén cre nas bruxas, pero haber hainas. E estas das que fala Roald Dahl posuén podeorosísimos nenicidas. Os nenos para unha bruxa son sucios e fedorentos, o inimigo que hai que exterminar… E non son esas vellas feísimas de voz renxente, traxes negros, sombreiros picudos e vasoiras aerodinámicas. Non. Aquí fálase das bruxas verdadeiras, das que fan traballos normais, levan unha vida normal e adoitan levar luvas porque, na realidade, teñen gadoupas por mans, pés cadrados sen dedas, e utilizan caramelos e chocolates como engado para destruír nenos. As bruxas é un libro onde o lector atopará moito humor e disfrutará coa maneira sinxela e trepidante coa que o autor mantén a súa atención. ."

20 sept 2012

ROMANCE DE BIBLIOTECA

Un romance de biblioteca entre unha princesa e un pirata... marabilloso!! 
Versión animada dun texto de Liliana Cinetto.Recollida de youtube.

18 sept 2012

BENVIDOS/AS

Benvidos/as ao novo curso escolar!!!

Dende a Bibliocarbi estamos a traballar para achegar o marabilloso mundo da lectura as vosas familias.
Aquí vai a primeira recomendación:



TANXARINA CELEBRA O 25 ANIVERSARIO DE ‘TITIRICIRCUS’
CUN LIBRO CONMEMORATIVO EDITADO POR KALANDRAKA

As celebracións comezan o sábado en Redondela coa presentación do álbum e a proxección
dun documental, e seguen o domingo con dúas funcións da obra e outras actividades.

26 jun 2012

TEATRO: A PEDRA E AS FORMIGAS.

  
Os nenos/as do 1º ciclo, despois de ler e traballar con este fermoso libro escrito e ilustrado por Jacobo Fernández Serrano, non se lles ocorreu nada mellor que facer  TEATRO!!!
 
  Esperamos que gocedes da obra tanto coma eles facéndoa, pareceunos xenial!!!

Se queres vela so tes que pinchar na imaxe. 


21 jun 2012

VISITA DE JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

   Como xa sabedes, Jacobo Fernández visitou o colexio o pasado 4 de xuño.
   Todos os alumnos/as preguntaron cousas sobre os libros que estiveron lendo ao longo do curso, "A pedra e as formigas", "Mil cousas poden pasar"(Premio Merlín de Literatura Infantil e Xuvenil) e "A filla do ladrón de bicicletas".
   Pasámolo xenial na compaña deste autor tan fantástico e que merece a pena ler.
   Recomendamos a lectura de calquera dos seus libros.
Carbi saúdos
 

28 may 2012

JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO.

O próximo 4 de Xuño vai a vir a visitarnos o autor e ilustrador Jacobo Fernández Serrano.
Como xa sabedes todo o cole está lendo libros nos que él é o autor ou o ilustrador.
Seguro que o pasamos xenial.
Se queres saber algo máis de este fantástico autor, pincha na imaxe.

MIL COUSAS PODEN PASAR

No CEIP Epiñeira - Aldán tamén nos agasallan con esta LIM de "Mil cousas poden pasar"
Premede na imaxe!


A PEDRA E AS FORMIGAS

Aquí tendes a LIM elaborada polo CEIP Espiñeira- Aldan da Pedra e as formigas.
A pasalo bomba.
Pinchade na imaxe.


LETRAS GALEGAS

Estiveron por aquí investigando sobre as Letras Galegas os nenos/as de 5 anos e os nenos/as de 2º.
Da gusto velos.


EN PRIMEIRO INVESTIGAN SOBRE OS POLBOS.

Estou moi contento, porque os nenos/as de primeiro viñeron investigar sobre os polbos a bibliocarbi.
Mirade que concentrados están.
 





18 may 2012

SEMANA PREHISTÓRICA

Esta semana o alumnado do 3ºciclo pasouse pola bibliocarbi para saber que era iso da prehistoria.

Preme na imaxe se queres ver o resultado. :-)

14 may 2012

COÑECEMENTO NA BIBLIOTECA, QUE BEN!!


Que agradable é contar coa visita dos nenos/as de 2º que viñeron traballar a biblioteca.