14 may 2024

LECTURAS COMPARTIDAS EN GALEGO POLO MES DAS LETRAS!!

 Durante o mes de maio, o alumnado de 6º, 5º, 4º e 3º organizarase en grupos e prepararán unha lectura para visitar as aulas dos cursos máis pequenos e facer unha sesión de contacontos durante a sesión de lectura!!

Prepararon moitísimo material e traballaron arreo para divertir e entreter aos máis cativos e cativas do centro!!

Noraboa rapazada!!! 












DÍA DO LIBRO

 Como cada ano, o 23 de abril celebramos o día do libro. Organizamos unha divertida actividade de lectura compartida con todo o alumnado do centro!!

Xuntos/as elaboramos a terceira edición do noso libro de ilustracións TI + EU = UN LIBRO!

Bótalle un ollo!! Estará na biblioteca para goce de toda a comunidade educativa!!








10 may 2024

"A ABELLIÑA QUE PERDEU AS ÁS"

 Que sorte tivemos coa visita de Ramón Nogueira!! Charlamos sobrre a lectura que estivemos a traballar en 1º e 2º de primaria, "A abelliña que perdeu as ás" e quedamos encantados/as, ademais firmou todos os nosos libros!!


Moitas grazas!!!








29 abr 2024

XVI CERTAME LITERARIO

Outro ano mais celebramos no noso centro o Certame Literario, animádevos a participar!

9 abr 2024

NOVIDADES NA BIBLIOTECA!!!

Presentámosvos as novidades da biblio que xa están dispoñibles para goce e desfrute de toda a comunidade educativa!! "A lectura é para a mente o que o exercicio é para o corpo".

8 ene 2024

RECOMENDACIÓNS LECTORA PARA O NADAL

E que mellor agasallo se pode pedir que un conto que nos axude a viaxar, imaxinar, soñar e vivir mil aventuras!!! Aquí van as nosas recomendación lectoras!!

DÍA ESCOLAR DAS BIBLIOS

Como cada ano convertimos o cole nun gran conto e todas as nosas personaxes favoritas cobraron vida. Foi maxia!!

23 oct 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O vindeiro mérores, 25 de outubro, celebraremos o "Día das Bibliotecas EScolares", e farémolo cunha lectura conxunta de todo o alumnado de "A Maior Flor do Mundo" de José Saramago. Deixaremos por aquí, unha curta animada deste conto. E, como sempre, animaremos a mañá acudindo caracterizadxs de personaxes de contos!! Xa colgaremos fotiños do guapísimxs que estaremos e o ben que nos quedará esa lectura!!

9 oct 2023

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA!!!

O pasado venres, 6 de outubro tivemos un gran acto de inauguración para a apertura do uso da bilio do centro!! Tendo en conta a temática a traballar este ano no cole, "A Revolución dos Caraveis", coñecimos a historia, coñecimos a lenda do Galo de Barcelos, cantamos a fermosa canción Grándola, Vila Morena... e pintamos os nosos propios azulexos típicos portugueses!!! Aquí deixamos algunhas imaxes do gran día

5 may 2023

8 DE MARZO - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O Día Internacional da Muller non se trata dunha celebración que mereza felicitacións nin regalos, se non que é unha conmemoración que busca dar forza e voz á muller naqueles ámbitos onde todavía non se recoñece o seu valor e importancia. No cole, dende a dinamización da biblioteca fixemos unha selección de libros acorde con este día para uso e disfrute de toda a comunidade educativa, ademais organizouse un taller de chapas onde canda neno e nena diseñou a súa propia. Un día xenial cunha ensinanza importante!!

3 may 2023

DÍA DO LIBRO

Non hai mellor xeito de conmemorar o día do libro que apadrinar e axudar aos máis peques a desfrutar dunha boa lectura!! Os maiores escolleron contos magníficos e leron e debuxaron cos compis dos ciclos máis baixos, montando e editando un libro xenial que gardaremos na biblio para disfrute de toda a comunidade educativa!!

RAMÓN VEIGA "Os contos da Miñoca"

O noso admirado Ramón Veiga visitou o noso cole e quedamos encantadísimas coa súa presencia!! Ensinámoslle o noso traballo baseandonos na súa obra e inventámonos a "Miñoca e Oso", cremos que conseguimos sorprendelo moito!! Deixamos aquí algunhas imaxes desta fermosa actividade!!