23 jun 2022

LECTURAS RECOMENDADAS PARA O VERÁN

Estas son as lecturas recomendadas para o alumnado de educación infantil
Lecturas recomendadas para alumnado dos cursos 1º, 2º e 3º de primaria
Lecturas recomendadas para o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria.

27 may 2022

LETRAS GALEGAS 2022

O 17 de maio, día das Letras Galegas, rendimos homenaxe a Florencio Manuel Delgado Gurriarán. Puxémonos mans á obra decorando o cole e traballando sobre a vida e obra deste autor. Pero, ademais, no noso centro organizouse un bonito festival de música, baile, canción e recital de poemas para celebrar tamén un día de exaltación da nosa lingua!! "O idioma é a forza que nos xungue e sostén, se perdemos a fala non seremos ninguén" (Manuel María). Deixámosvos aquí, algunhas das actividades feitas en artística, así como unha mostra da decoración dos nosos pasillos!!

2 may 2022

DÍA DO LIBRO - TI+EU

Aquí deixamos o libro ilustrado que resultou do traballo colaborativo entre os maiores e os máis pequenos do centro!!

26 abr 2022

23 DE ABRIL - DÍA DO LIBRO

Para celebrar o día do libro puxemos en práctica unha fórmula que nos encanta!! TI + EU = UN LIBRO. Fixemos unha actividade especial onde os maiores xuntáronse cos máis peques para compartir contos. Estiveron lendo xuntxs e facendo ilustracións fermosísimas!! Aquí temos algunhas imaxes que o confirman!!

25 mar 2022

VISITA DE ANDREA MACEIRAS

O alumando de 5º e 6º puideron coñecer a Andrea Maceiras, autora do libro " A folla azul". Tiveron a oportunidade de escoitar as súas experiencias como escritora e preguntarlle todas aquelas cousas que lles interesaban. E para rematar, cada un levou o seu libro adicado e firmado!! Moitísimas grazas!!

VISITA DE ÉRIKA ESMORÍS

A autora do libro "Patio de Luces" estivo de visita polo cole. Esta obra encantoulles ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria. Érika charlou con todxs nos e contestou pacientemente a todas as nosas inquedanzas. Moitísimas grazas!!

7 mar 2022

DÍA DE ROSALÍA

En prosa e en verso, en galego e castelán, a obra de Rosalía de Castro ocupa un lugar moi relevante nas letras europeas do século XIX. Os seus manifestos feministas (“Lieders” e “Las literatas”), o seu avanzado pensamento político e social (Follas novas, El caballero de las botas azules) ou a súa decidida posición crítica como intelectual convértena nunha figura literaria que concita sempre un renovado e múltiple interese. Caracterizada por unha persoal retórica e unha orixinal estratexia en que se modernizan os pactos co lector, tanto os do romanticismo coma os do realismo, a padronesa afondou como poucos nalgúns dos conflitos dialécticos da súa época e nas profundidades abisais da subxectividade do eu. Por outro lado, Rosalía de Castro contribuíu como ningún outro autor ou autora do seu tempo na xénese e afirmación do sistema literario galego contemporáneo. A publicación de Cantares gallegos en 1863 supuxo un remuíño decisivo na súa obra, pero tamén un golpe estratéxico de enorme transcendencia para o futuro das letras galegas. Era o primeiro libro escrito integramente en galego e nel se contiñan as claves da alegoría nacional da Galicia contemporánea, logo redimensionadas en Follas novas, obra coa que acabou por selar o vigor e a fortaleza do incipiente sistema. E Galicia como preocupación social e política, sempre sobre o fondo da súa Terra de Iria, continúa sendo o suxeito do seu discurso no que debería considerarse libro cume da poesía en castelán do XIX: En las orillas del Sar. O pasado 23 de febreiro, conmemoramos tan notable día para nós con diferentes actividades. Deixamos por aquí algunhas imaxes.

8 de marzo - Día Internacional da Muller

Co gallo do Día Internacional da Muller, xa temos preparada na biblio a exposición de libros para conmemorar a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e o seu desenvolvemento íntegro como personas, en pé de igualdade co home.

25 ene 2022

DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL

O 26 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental. Búscase sensibilizar ás persoas sobre a delgada línea que existe entre o desenvolvemento humano e a conservación do planeta. Durante moitos anos viuse o medio ambiente como fonte inagotable de recursos, pero hoxe en día recoñécese que existe un delicado equilibrio entre o entorno e a humanidade, polo que si non tomamos conciencia dos nosos actos podemos acarrear graves consecuencias para todos os habitante do planeta. Dende a biblioteca, fixemos unha selección de libros que nos axudarán a concienciarnos sobre a importancia do respeto ao Planeta.

18 ene 2022

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS DURANTE AS VACACIÓNS DE NADAL

Carbi, a nosa mascota da biblio, quere recomendarvos algunhas lecturas para estos días! Xa sabedes, hai tempo para todo! A lectura ábrenos as portas do mundo que te atrevas a imaxinar!Se queres aventuras, lánzate á lectura!!