29 sept 2020
30 jun 2020
UN VERÁN DE AVENTURAS COAS LECTURAS
UN VERÁN DE LECTURAS,UN VERÁN DE AVENTURAS
E chegado este momento , teño que despedirme e desexarvos un FELIZ VERÁN E UNHAS BOAS VACACIÓNS!!!
ABURIÑO!!!
E chegado este momento , teño que despedirme e desexarvos un FELIZ VERÁN E UNHAS BOAS VACACIÓNS!!!
ABURIÑO!!!
13 jun 2020
XIV CERTAME LITERARIO DO CARBALLAL.
Dende o colexio queremos dar as grazas a todos/as os/as participantes no XIV Certame Literario do Carballal.
Este aplauso é para vós. 👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏
Velaquí van os gañadores/as, P A R A B É N S !
CATEGORÍA: INFANTIL E 1º PRIMARIA.
POESÍA: Nerea Alonso Martínez.
NARRATIVA: Nicolás Coronel Álvarez.
CÓMIC: Lía Barazal Pérez.
CATEGORÍA: 2º E 3º DE PRIMARIA.
POESÍA: Iraides García Otero.
NARRATIVA: Mateo Barazal Pérez.
CÓMIC: Andrés Saborido Rodríguez.
CATEGORÍA: 4º 5º 6º DE PRIMARIA.
POESÍA: Noa Bastos Fernández.
NARRATIVA: Xiana Álvarez Strzemkowski e Aixa Soliño Rodríguez.
CÓMIC: María Alonso Sienes.
CATEGORÍA: FAMILIAS:
POESÍA: Familia Barazal Pérez e Familia Fernández Molares.
NARRATIVA: Familia Alonso Martínez.
CATEGORÍA:PAIS E NAIS.
NARRATIVA: Juanjo Bastos Lago.
17 may 2020
XIV CERTAME LITERARIO DO CARBALLAL.
Podes enviar os teus traballos a edlgcarballalcabral@gmail.com
Os traballos poden entregarse en formato word, odt, pdf ou fotografía.
Non esquezas poñer:
- Nome, apelidos e curso.
- Modalidade de participación (poesía, narrativa ou cómic).
- Categoría na que participas (familias, infantil e 1º EP, 2º e 3º EP, 4º,5º e 6º EP ou nais e pais).
- Se envías o teu traballo en fotografía, asegúrate de que a foto non está borrosa.
- Corrixe as faltas de ortografía.
- Non esquezas que é en GALEGO.
- Se participas na categoría cómic non esquezas pintar con cariño os debuxos e bordear as letras para que se vexan ben.
16 may 2020
NOTICIA- SALÓN DO LIBRO-DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Hoxe , 17 de maio , día das Letras Galegas compartimos con vós esta proposta do Salón do libro de Pontevedra.
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!
Os Bolechas. Carvalho Calero
En atención á excepcional que vivimos por mor da Covid-19 e
ás especiais circunstancias en que se celebra este ano o Día das Letras
Galegas, a editorial Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política
Lingüística,pon no portal da Lingua Galega, a disposición dos máis pequenos da
casa, un novo volume da colección As miñas primeiras Letras Galegas dedicado a
Ricardo Carvalho Calero.
( Compartido desde o Portal da Lingua Galega)

15 may 2020
LECTURA EN FAMILIA. UN PUÑADO DE BOTÓNS
Para festexar este día en familia ,recomendámosvos este conto "UN PUÑADO DE BOTONES" de Carmen Parets Luque, que fala da diversidade familiar, esperamos que vos guste.
LIBROS DE FAMILIAS, FAMILIAS DE LIBROS
Hoxe, 15 de maio festexamos o día da familia, e unha boa maneira de celebralo é lendo.
Aquí deixámosvos unha pequena e variada selección de libros que falan das familias, dos diferentes tipos de familias...que son moitos e moi variados .
FELIZ DÍA, FAMILIAS DO CEIP CARBALLAL- CABRAL!
ESCOLA VIRTUAL DE LECTURA PARA FAMILIAS CURIOSAS
Para todas esas familias curiosas con inquetudes lectoras, o SALÓN DO LIBRO, tráenos cada semana unha charla. Podedes consultar as datas e as horas no seguinte programa.
E podedes atopar a información aquí :
14 may 2020
REVISTA O PAPAGAIO
Como polo momento non podemos ir á biblioteca , xunto a Carbi, pois chega ata aquí a revista O Papagaio deste mes de maio.
Revista O Papagaio mes de maio
RECÍTANNOS POEMAS
Aixa e a súa familia recítannos un poema
Estas dúas imaxes que aparecen pertencen unha, á portada e contraportada do libro do que sacaron o poema, e outra co poema e debuxo de Castelao.
O libro é do avó de Aixa e Xián, e podedes ver na contraportada que se traba dun libro editado cos cartos de artistas galegos para promociona-la lingua galega.
https://drive.google.com/open?id=1cis1Y6KZJcMR-zcG6wHtmMFlCzklZlDi
Estas dúas imaxes que aparecen pertencen unha, á portada e contraportada do libro do que sacaron o poema, e outra co poema e debuxo de Castelao.
O libro é do avó de Aixa e Xián, e podedes ver na contraportada que se traba dun libro editado cos cartos de artistas galegos para promociona-la lingua galega.
https://drive.google.com/open?id=1cis1Y6KZJcMR-zcG6wHtmMFlCzklZlDi
Moitas grazas a Aixa, Xián , ao seu avó e a súa familia.
CÓNTANNOS CONTOS
Mateo Juncal cóntanos o conto "Paco Papán"
Moitas grazas Mateo
Moitas grazas Mateo
CÓNTANNOS CONTOS
Daniela fálanos dun ou de máis contos?
Moitas grazas , Daniela
Moitas grazas , Daniela
Cóntannos contos
Valeria cóntanos un conto dunha maneira diferente.
Moitas grazas , Valeria
Moitas grazas , Valeria
30 abr 2020
Lara e a súa nai recítannos unha poesía.
Lara Barciela e a súa nai recítannos unha poesía.
https://drive.google.com/open?id=1J6AnI3dflGlmR7VLs9xxg3tvt6Ql7ner
Moitas grazas Lara e Verónica
https://drive.google.com/open?id=1J6AnI3dflGlmR7VLs9xxg3tvt6Ql7ner
Moitas grazas Lara e Verónica
Xián cóntanos un conto
Xián, cóntanos o conto " Os esqueletos divertidos"
Para escoitar o conto , tedes que premer nesta ligazón.
Moitas grazas Xián
Gonzalo cóntanos unha aventura de cabaleria
Gonzalo lévanos a vivir unha aventura de cabaleiros co libro " Don Quijote"
Moitas grazas Gonzalo
Moitas grazas Gonzalo
Nayara cóntanos un conto
Nayara cóntanos o conto " As princesas tamén soltan peidos"
Moitas grazas Nayara
Moitas grazas Nayara
Nerea e Loreto cóntannos un conto
Nerea e Loreto cóntannos o conto " Voy a comedte", promete moitas risas.
Moitas grazas Nerea e Loreto
Moitas grazas Nerea e Loreto
Fabián, Lois, Paula e Íker comparten con nós contos
Íker e a súa mamá cóntannos o conto " Os tres porquiños"
Moitas grazas Íker
Moitas grazas Íker
Fabián, Lois , Paula e Íker comparten con nós contos
Paula e a súa mamá cóntannos o conto "La oruga glotona"
Moitas grazas Paula
Moitas grazas Paula
Fabián, Lois,Paula e Íker comparten con nós contos
A familia de Lois comparte con nós o conto " Corre corre , cabaciña"
Moitas grazas Lois
Moitas grazas Lois
Fabián, Lois, Paula e Íker comparten con nós contos
Fabián recoméndanos un libro mooooooooooooooi divertido
Moitas grazas , Fabián.
Moitas grazas , Fabián.
23 abr 2020
FELIZ DÍA DO LIBRO
Neste día son moitas as actividades nas que nos podemos aventurar, aquí deixamos unha proposta, seguide moi atentos porque haberá máis:
FELIZ DÍA DO LIBRO
O DÍA DO LIBRO
UN POUCO DE HISTORIA
As orixes da festa do libro están ligadas a Cataluña e á celebración do Sant Jordi (San Xurxo), cando era costume que os homes agasallasen as mulleres cunha rosa e estas o fixesen cun libro.
En España a xornada comezouse a celebrar oficialmente o 7 de outubro de 1926, en conmemoración do nacemento de Miguel de Cervantes Saavedra. O escritor e editor valenciano, establecido en Barcelona,Vicent Clavel Andrés, propuxo este día á Cámara Oficial do Libro de Barcelona.
O 6 de febreiro de 1926, o goberno español, presidido por Miguel Primo de Rivera, aceptou a data e o rei Alfonso XIII asinou o decreto real que instituíu a Festa do Libro en España.
No 1930, a data conmemorativa foi trasladada para o 23 de abril, día do falecemento de Cervantes, que coincidía coa tradición festiva catalá.
O 15 de novembro de 1995, a UNESCO decidiu proclamar este día, Día internacional do libro e dos dereitos de autor. A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura quería destacar deste xeito a importancia do libro, que foi historicamente o medio de difusión máis importante do coñecemento así como unha ferramenta esencial de enriquecemento cultural. Esta xornada ten como fin promover o libro e fornecer a través del o acceso á cultura do maior número de persoas posible. A primeira celebración do Día Mundial do Libro tivo lugar o 23 de abril de 1995.
A UNESCO decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e dos Dereitos de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes (o 23 de abril de 1616 no calendario gregoriano) se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare (no calendario xuliano). Na Inglaterra daquel tempo aínda se utilizaba o calendario xuliano, que tiña unha diferenza de 10 días co calendario gregoriano que se usaba en España. Shakespeare, polo tanto, morreu 10 días despois de Cervantes. Ese mesmo día tamén se conmemora a morte do primeiro escritor mestizo, Inca Garcilaso de la Vega, fillo do conquistador Sebastián Garcilaso de la Vega e da princesa Inca Elisabet Chimpu Occlo, irmá de Huayna Capaz, último emperador indio.
O día 23 de abril coincide así mesmo cos aniversarios do nacemento de Vladimir Nabokov, Maurice Druon, Manuel Mejía Vallejo e Halldór Laxness, e co aniversario do falecemento de Josep Pla.
En España, os Premios Cervantes son concedidos cada ano polo Rei en Alcalá de Henares ese día.
CURIOSIDADES
No Reino Unido e Irlanda o Día do Libro vénse celebrando desde o 2002 o primeiro xoves de marzo. Ese día as escolas reparten un vale de 1 libra e 1,5 euros, respectivamente, ós nenos para que poidan mercar os libros (ou audiolibros) que se publican especialmente para esa ocasión ou para mercar calquera outro libro. Ese día moitas escolas celebran maratóns de lectura, mostras e mercados de libros.
En Uruguay celebran o seu día nacional cada 26 de maio, data na que se creou a primeira biblioteca pública nacional. Pola súa parte, Paraguay festexa o Día do Libro Paraguayo o25 de xunio.
Desde 2001, unha cidade é elexida como Capital Mundial do Libro. Madrid foi a encargada de inaugurar esta representación que conleva a realización de actividades literarias durante todo un ano. Desde entón, Alejandría, Montreal, Ámsterdam o Nueva Delhi pasaron por iso. En 2019 ostentou o título Sharjah (Emiratos Árabes). Este ano, a cidade elexida era Kuala Lumpur, a capital de Malasia, pero o programa de actividades foi suspendido polo coronavirus.
(Esta información a atopei na Na Galipedia, a Wikipedia en galego.)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





