8 ene 2019

LENDAS




Durante dúas semanas de outubro pasamos pola biblioteca para aprender e traballar dúas lendas da nosa tradición. Puidemos ilustralas, modificalas, facer xogos…






20 dic 2018

Visitamos a Residencia de Maiores BARREIRO

Un ano máis o alumnado de 5º e 6º de Primaria levou a cabo unha actividade solidaria dentro do programa «Bibliotecas Solidarias». Por este motivo o 20 de decembro, trasladámonos á Residencia de Maiores DomusVi de Barreiro, para ofrecer aos máis maiores un momento de entretemento coa nosa actuación nestas datas tan sinaladas e que agradeceron moitísimo. Preme na imaxe e accede ao noso blog para disfrutar tamén ti deses momentos!
http://terceirociclocarballal.blogspot.com/2018/12/visita-residencia-de-ancians-de-barreiro.html

18 dic 2018

O APALPADOR.

   O vello Apalpador, tamén chamado en zonas Apalpabarrigas, ou Pandegueiro en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos ás nenas e nenos a noite de ano vello (ou a de nadal). Baixa das devesas do Courel, entra pola noite nos cuartos das nenas e nenos e moi silenciosamente lles apalpa as súas barriguiñas por ver se están mantidos. Se están cheas dilles: «Así, así esteas todo o ano» e déixalles unha presa de castañas. Senón cala, pero tamén lles deixa as castañas.

   Para tranquilizar aos rapaces, bulideiros pola inquedanza da chegada do Apalpador, os pais cantábanlles esta canción:

Vaite logo, meu meniño (miña meniña)

marcha agora para a camiña

que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña.
Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.

Mañá é dia de cachela,

que haberá gran nevarada

e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.

Por aquela cemba

xa ven relumbrando

o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo
CONTOS.









CANCIÓNS. 








9 dic 2018

XOVES LECTORES

Neste curso comezamos unha nova actividade “Xoves lectores”, una actividade voluntaria de ler por pracer a outros/as compañeiros/as.
Os nenos/as de 3º,4º,5º e 6º que queiran , poden ir a lerlles aos seus compañeiros/as de 1º,2º e Infantil.
Previamente teñen que anotarse nun cartel que hai cerca da porta da biblioteca.

2 dic 2018

EXPERIMENTOS


Co motivo de celebrar o mes da ciencia nas bibliotecas escolares, na nosa decidimos dedicarlle a última semana deste mes e convertirnos en fantásticos/as científicos/as, xogando e aprendendo coa ciencia.

27 nov 2018

Visita da escritora LEDICIA COSTAS

O pasado 27 de novembro estivo co alumnado de 5º e 6º a escritora Ledicia Costas, premio nacional de literatura xuvenil e infantil 2015. Falounos do seu último libro: «A señorita Bubble», o cal tivemos a oportunidade de ler o pasado curso, e respostou ás preguntas que tiñamos preparadas para ela. Ao rematar adicou e firmou os nosos exemplares. 
Para saber algo máis e ver algúns momentos vividos coa escritora viguesa premede na imaxe.
http://terceirociclocarballal.blogspot.com/2018/12/visita-da-escritora-galega-ledicia.html

15 nov 2018

MAGOSTO NO CARBALLAL.

    
Queres saber como imos festexar o MAGOSTO??  
Pincha nas imaxes e poderás escoitar unha cuña de radio e un vídeo explicativo elaborados polos nenos e nenas de sexto.



Non esquezas comentar!!



24 oct 2018

SAMAÍN/HALLOWEEN

Samaín, cando as fronteiras entre o mundo dos vivos e o mundo dos mortos desaparecen. Para os pobos celtas isto simbolizaba o principio do ano céltico, a fin do verán e o comezo do inverno.  
Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para reunirse nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de Samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano pois, as portas do outromundo abríanse nestas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e as seus moradores para render contas inacabadas. Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as cabeiras ilumninadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes.








Mochilas viaxeiras




23 oct 2018

Día internacional das Bibliotecas Escolares

XA PODEDES VISIONAR Á LECTURA COLECTIVA DO LIBRO DE "O PRINCIPIÑO" QUE TIVO LUGAR NA NOSA BIBLIOTECA PARA CELEBRAR O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Premede na imaxe!!
Lectura en directo de "O Principiño"

18 oct 2018

OLLO Á PUBLICIDADE!!

   



https://drive.google.com/file/d/1SISh_yfh1IKgYl2JpQoBBIAx5ECp1uga/view?usp=sharing    Pincha na imaxe para escoitar a fantástica cuña publicitaria que fixeron os nenos e nenas do equipo Galaxy de sexto de primaria para a nosa biblioteca.
  Carbi escoitouna con atención e está preparado. E vós?

De que será a publicidade? 


1 oct 2018

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA PARA O CURSO 2018-2019


O día 1 de outubro ábrese novamente a biblioteca  para este curso.  E Carbi invitanos a  ir moito por alí, a facerlle visitas e a disfrutar de todos os tesouros que el desexa compartir con nós.



 E así o fixemos...alá fomos todos e todas cos nosos carnets! E mira que sorpresa nos atopamos:
 TODOS ESTES ASTRONAUTAS!!!