26 may 2013
24 may 2013
Festival das Letras Galegas 2013
Xa están aquí os vídeos e as fotos do Festival das Letras Galegas!
Premede na imaxe para visitar a páxina web do cole onde atoparedes os vídeos e os enlaces para ver as fotografías.
22 may 2013
Teatro Negro: Pedro e o Lobo
Este ano a representación do Teatro Negro foi do conto clásico de Pedro e o Lobo.
Teatro Negro Pedro e o lobo on PhotoPeach
Teatro Negro Pedro e o lobo on PhotoPeach
21 may 2013
Coñecendo a Roberto Vidal Bolaño
O 3º ciclo estivo investigando e coñecendo a Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado no Día Das Letras Galegas deste ano.
Traballando a Roberto Vidal Bodaño on PhotoPeach
Etiquetas:
actividades,
Educación Documental,
Letras Galegas
16 may 2013
Os nenos e nenas de Educación Infantil seguen a traballar os contos clásicos na "Pizarra Máxica" (PDI)
Toca traballar un pouco a memoria realizando a actividade "Parellas". Estámolo pasando moi ben, moi ben. on PhotoPeach
Etiquetas:
actividades,
Contos clásicos infantil
Os nenos e nenas de Educación Infantil traballamos os contos clásicos na " Pizarra Máxica" (PDI).
Para comezar traballamos a actividade" Clasificación" que nós coñecemos como SI-NON. on PhotoPeach
Continuaremos traballando os contos na "Pizarra máxica". Ata a próxima!!!
Para comezar traballamos a actividade" Clasificación" que nós coñecemos como SI-NON. on PhotoPeach
Continuaremos traballando os contos na "Pizarra máxica". Ata a próxima!!!
Etiquetas:
actividades,
Contos clásicos infantil
14 may 2013
Promocionando o noso conto
Unha vez convertidos en auténticos escritores de contos clásicos, agora temos que promocionar os nosos contos para que os leades,asi que fixemos uns murais publicitarios.
Cartel publicitario on PhotoPeach
Cartel publicitario on PhotoPeach
O noso conto
O alumnado de terceiro ciclo estivemos traballando os contos clásicos. Aprendimos moitas cousas: cal é a súa estructura, os personaxes, as características, ..... despois de tanto traballar o longo do ano, convertímonos en escritores e fixemos os nosos propios contos.
O noso conto on PhotoPeach
O noso conto on PhotoPeach
12 may 2013
7 may 2013
Recomendacións literarias. 3º e 4º de Primaria
O 23 de Abril celebrouse o día do Libro. Xa sabedes que quen ten un libro, ten un tesouro e estamos seguros de que todos vós tedes un libro (polo menos) ao que lle tedes un cariño especial.
Nós decidimos celebrar o Día do Libro lembrando os nosos Libros Amigos e facendo unhas video-recomendacións para compartilos con vós. Non perdades ningunha porque son xeniais!
Alejandro, Izan, Lucía A. Paula, Diego, Pablo
Ramón, Ione, Luci P. Raquel, Xián, Ainhoa, Uxía
Samuel, Paula, Anxo, Alba D. Yvette, Nico, Alba A., Manuel
Nós decidimos celebrar o Día do Libro lembrando os nosos Libros Amigos e facendo unhas video-recomendacións para compartilos con vós. Non perdades ningunha porque son xeniais!
Lembrade que podedes ampliar os vídeos e poñelos a pantalla completa
Alejandro, Izan, Lucía A. Paula, Diego, Pablo
Ramón, Ione, Luci P. Raquel, Xián, Ainhoa, Uxía
Samuel, Paula, Anxo, Alba D. Yvette, Nico, Alba A., Manuel
23 de Abril. Día do Libro. Libros fóra
A semana do 23 de Abril, Día do Libro, aproveitamos o bo tempo que tiñamos e os espazos verdes dos que dispoñemos no cole para sacar os libros ao patio durante a hora de lectura.
Pasámolo xenial. Deixámosvos unha mostra do ben que o pasamos en infantil e tamén en Primaria
Pasámolo xenial. Deixámosvos unha mostra do ben que o pasamos en infantil e tamén en Primaria
5 may 2013
PROXECTO DA AULA DE 5 ANOS
Os nenos e nenas da aula de cinco anos, seguimos traballando o Conto Clásico de Brancaneves. Este conto, foi escrito polos irmáns Grimm, é un conto de tradición oral alemán, que recolleron eles por escrito. Como todos os contos clásicos estructúrase en tres partes: Inicio, nó e desenlace. Ademais tamén descubrimos que a historia dunha nena chamada: María Sophia Marghareta Catharina von Erthal, inspirou este conto.
Aquí tendes unha mostra do traballado:
Aquí tendes unha mostra do traballado:
Etiquetas:
actividades,
Contos clásicos infantil,
Educación Documental
2 may 2013
LETRAS GALEGAS 2013
O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron unha proposta histórica: Que se declarase o día 17 de maio de cada ano "Dia das Letras Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega"
Escolleron o 17 de maio "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro", e así foi.
O 17 de maio de 1963 celebrouse o primeiro Día das Letras Galegas, e a primeira homenaxeada foi, por suposto, Rosalía de Castro. Despois dela, seguiron Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añon Paz e así un longo etcétera ata chegar ao 2013 onde o homenaxeado vai ser Roberto Vidal Bolaño, posiblemente o dramaturgo máis prolixo da nosa literatura.Nos seguintes enlaces poderedes investigar máis sobre este estupendo autor.
Información recollida das seguintes webs:
http://www.diadasletrasgalegas.com/
Biblioteca Virtual Galega.
Blogue de Roberto Vidal Bolaño.
traballamosxuntos.blogspot.com
29 abr 2013
CONTACONTOS DO ALUMNADO DO IES CASARES
O pasado xoves día 25 de abril, viñeron a nosa biblioteca algúns alumnos e alumnas do IES Carlos Casares. Acudiron a contar e dramatizar contos ao alumnado de Infantil, como por exemplo: A ratiña presumida, Lobo feroz, A Cebra Camila, O coelliño branco,... Foi unha experiencia inesquecible e marabillosa na que o noso alumnado gozou moito.
Dende aquí agradecémoslle o esforzo e traballo do alumnado e profesorado do IES Carlos Casares, e convidámolos a que volten cando queiran.
Dende aquí agradecémoslle o esforzo e traballo do alumnado e profesorado do IES Carlos Casares, e convidámolos a que volten cando queiran.
Pedro e o Lobo
O terceiro ciclo esta a traballar o conto de "Pedro e o Lobo", e esta vez tivo que investigar sobre o seu autor e facer un mural do mesmo.
Pedro e o lobo on PhotoPeach
"A contar ovellas" polo 3º ciclo.
Traballo que fixo o terceiro ciclo do libro que lemos " A contar ovellas".
Contando ovellas on PhotoPeach
Somos contacontos!!
O alumnado do terceiro ciclo convertímonos en auténticos contacontos para contarlles a os nosos compañeiros do colexio uns contos moi divertidos. Pero iso leva moito traballo, posto que hai que preparar decorados, vestiario, personaxes,.... aquí tedes o resultado!!!
1º Parte.... on PhotoPeach
2º parte on PhotoPeach
Adiviñando contos!!
O alumnado de terceiro ciclo estivemos adiviñando as personaxes dos contos clásicos que representaban mimicamente os nosos compañeiros, algúns foron fáciles e outros difíciles.
Adiviñando contos on PhotoPeach
28 abr 2013
A MALETA CONTAREIRA
A maleta contareira comeza a súa andanza no centro polas aulas de Infantil. Que sorpresa e alegría levaron todos os nenos e nenas con esta maleta chea de moitas historias.
Despois percorreu as aulas do primeiro ciclo...que ben o pasamos!!!!
Continuou o seu percorrido no segundo ciclo...
E rematou a súa andaina no terceiro ciclo.....
18 abr 2013
CONTACONTOS GRATUITO.
Ola rapaces! Sabíades que Parque Nacional MT das Illas Atlánticas de Galicia está a presentar tódolos domingos do mes de abril e maio o Contacontos "A gaivota Antón". Xa sabedes, se queredes pasalo xenial algún destes domingos ide visitar a Antón, lembrade que a entrada é gratuira, pero o aforo é limitado. 4 abr 2013
Actividades Proxecto Contos Clásicos
16 mar 2013
8 de Marzo. Día da Muller.
O 8 de Marzo celebrouse o Día da Muller.
No cole decidimos facer un mural homenaxeando ás mulleres que coñecemos e ás que admiramos pola dedicación ao seu traballo, sexa fóra da casa, na casa ou en ambos lugares. Moitos parabéns a todas!
No cole decidimos facer un mural homenaxeando ás mulleres que coñecemos e ás que admiramos pola dedicación ao seu traballo, sexa fóra da casa, na casa ou en ambos lugares. Moitos parabéns a todas!
Proxecto de Contos Clásicos en 2º Ciclo
Ola a todos e todas! Carbi está moi contento co traballo do alumnado de 2º Ciclo como biógrafos!
Xa está rematada esta actividade e temos unha exposición sobre os autores de Contos Clásicos na biblioteca. Non deixedes de visitala!
Atoparedes información sobre os Irmáns Grimm, Andersen, Perrault, Carlo Collodi e Gianni Rodari así como unha pequena escolma das súas obras.
Para que non perdades detalle, deixámosvos unhas fotos.
Xa está rematada esta actividade e temos unha exposición sobre os autores de Contos Clásicos na biblioteca. Non deixedes de visitala!
Atoparedes información sobre os Irmáns Grimm, Andersen, Perrault, Carlo Collodi e Gianni Rodari así como unha pequena escolma das súas obras.
Para que non perdades detalle, deixámosvos unhas fotos.
Tamén vos deixamos unhas imaxes do comezo da seguinte parte do proxecto. Agora que xa sabemos moito sobre a vida dos autores, imos a convertirnos nós mesmos en autores de conto... Xa estamos empezando a imaxinar historias, a ver o que sae destas mentes tan espertas!
Cóntasme un conto? En Primaria
O alumnado de Primaria tamén desfrutou das nais e pais contacontos.
Escoitamos grandes historias como "O traxe novo do emperador", "A princesa e o chícharo" ou "A Casiña de Chocolate".
Pasámolo en grande e vivimos as historias coma si estivesemos dentro delas, e todo gracias á destreza das nais e pais colaboradores, aos que agradecemos enormemente a súa participación.
Compartimos con vós algunhas imaxes.
Etiquetas:
actividades,
Contacontos,
Contos clásicos inglés,
Contos clásicos primeiro ciclo,
Contos clásicos segundo ciclo,
Contos clásicos terceiro ciclo
7 mar 2013
Cóntasme un conto?
No mes de febreiro, os alumnos e alumnas de Infantil, tiveron a visita dalgunhas nais e pais que viñeron a biblioteca a contarnos un conto clásico como por exemplo: os Músicos de Bremen, Carapuchiña, Pinocho ou o Parrulo Feo. Foi unha experiencia moi gratificante, é por iso que queremos agradecer aos pais e nais participantes a súa colaboración.
Aquí tendes unha mostra do ben que o pasamos nesta actividade.
Etiquetas:
actividades,
Contacontos,
Contos clásicos infantil
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






