2 may 2013

LETRAS GALEGAS 2013

 

 O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron unha proposta histórica: Que se declarase o día 17 de maio de cada ano "Dia das Letras Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega" Escolleron o 17 de maio "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro", e así foi. O 17 de maio de 1963 celebrouse o primeiro Día das Letras Galegas, e a primeira homenaxeada foi, por suposto, Rosalía de Castro. Despois dela, seguiron Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añon Paz e así un longo etcétera ata chegar ao 2013 onde o homenaxeado vai ser Roberto Vidal Bolaño, posiblemente o dramaturgo máis prolixo da nosa literatura.
    Nos seguintes enlaces poderedes investigar máis sobre este estupendo autor.



 Información recollida das seguintes webs:

 http://www.diadasletrasgalegas.com/
 Biblioteca Virtual Galega.
 Blogue de Roberto Vidal Bolaño.
traballamosxuntos.blogspot.com

29 abr 2013

CONTACONTOS DO ALUMNADO DO IES CASARES


   O pasado  xoves día 25 de abril, viñeron a nosa biblioteca algúns alumnos e alumnas do IES Carlos Casares. Acudiron a contar e dramatizar contos ao alumnado de Infantil, como por exemplo: A ratiña presumida, Lobo feroz, A Cebra Camila, O coelliño branco,... Foi unha experiencia inesquecible e marabillosa na que o noso alumnado gozou moito.
   Dende aquí agradecémoslle o esforzo e traballo do alumnado e profesorado do IES Carlos Casares, e convidámolos a que volten cando queiran.

Pedro e o Lobo

O terceiro ciclo esta a traballar o conto de "Pedro e o Lobo", e esta vez tivo que investigar sobre o seu autor e facer un mural do mesmo. Pedro e o lobo on PhotoPeach

"A contar ovellas" polo 3º ciclo.

Traballo que fixo o terceiro ciclo do libro que lemos " A contar ovellas". Contando ovellas on PhotoPeach

Somos contacontos!!

O alumnado do terceiro ciclo convertímonos en auténticos contacontos para contarlles a os nosos compañeiros do colexio uns contos moi divertidos. Pero iso leva moito traballo, posto que hai que preparar decorados, vestiario, personaxes,.... aquí tedes o resultado!!! 1º Parte.... on PhotoPeach 2º parte on PhotoPeach

Adiviñando contos!!

O alumnado de terceiro ciclo estivemos adiviñando as personaxes dos contos clásicos que representaban mimicamente os nosos compañeiros, algúns foron fáciles e outros difíciles. Adiviñando contos on PhotoPeach

28 abr 2013

A MALETA CONTAREIRA

http://picasion.com/i/1TSqv/

 A maleta contareira comeza a súa andanza no centro  polas aulas de Infantil. Que sorpresa e alegría levaron todos os nenos e nenas con esta maleta chea de moitas historias.




Despois percorreu as aulas do primeiro ciclo...que ben o pasamos!!!!



Continuou o seu percorrido no segundo ciclo...






E rematou a súa andaina no terceiro ciclo.....

18 abr 2013

CONTACONTOS GRATUITO.


          Ola rapaces! Sabíades que  Parque Nacional MT das Illas Atlánticas de Galicia está a presentar tódolos domingos do mes de abril e maio o Contacontos "A gaivota Antón". Xa sabedes, se queredes pasalo xenial algún destes domingos ide visitar a Antón, lembrade que a entrada é gratuira, pero o aforo é limitado. 




4 abr 2013

Actividades Proxecto Contos Clásicos

Ola a todos e todas!

Hoxe preséntovos as actividades dispoñibles para traballar os contos clásicos.

Na columna da dereita tedes tres enlaces:
  1. Actividades da Aula Virtual. Organizadas por ciclos
  2. WebQuest de autores
  3. WebQuest de contos
Non vos esquezades de visitalos. Un saudiño!

16 mar 2013

8 de Marzo. Día da Muller.

O 8 de Marzo celebrouse o Día da Muller.
No cole decidimos facer un mural homenaxeando ás mulleres que coñecemos e ás que admiramos pola dedicación ao seu traballo, sexa fóra da casa, na casa ou en ambos lugares. Moitos parabéns a todas!

Proxecto de Contos Clásicos en 2º Ciclo

Ola a todos e todas! Carbi está moi contento co traballo do alumnado de 2º Ciclo como biógrafos!
Xa está rematada esta actividade e temos unha exposición sobre os autores de Contos Clásicos na biblioteca. Non deixedes de visitala!
Atoparedes información sobre os Irmáns Grimm, Andersen, Perrault, Carlo Collodi e Gianni Rodari así como unha pequena escolma das súas obras.
Para que non perdades detalle, deixámosvos unhas fotos.



Tamén vos deixamos unhas imaxes do comezo da seguinte parte do proxecto. Agora que xa sabemos moito sobre a vida dos autores, imos a convertirnos nós mesmos en autores de conto... Xa estamos empezando a imaxinar historias, a ver o que sae destas mentes tan espertas!


Cóntasme un conto? En Primaria

O alumnado de Primaria tamén desfrutou das nais e pais contacontos.
Escoitamos grandes historias como "O traxe novo do emperador", "A princesa e o chícharo" ou "A Casiña de Chocolate".
Pasámolo en grande e vivimos as historias coma si estivesemos dentro delas, e todo gracias á destreza das nais e pais colaboradores, aos que agradecemos enormemente a súa participación.
Compartimos con vós algunhas imaxes.

7 mar 2013

Cóntasme un conto?

No mes de febreiro, os alumnos e alumnas de Infantil, tiveron a visita dalgunhas nais e pais que viñeron a biblioteca a contarnos un conto clásico como por exemplo: os Músicos de Bremen, Carapuchiña, Pinocho ou o Parrulo Feo. Foi unha experiencia moi gratificante, é por iso que queremos agradecer aos pais e nais participantes a súa colaboración.
Aquí tendes unha mostra do ben que o pasamos nesta actividade.
 
 
CONTASME UN CONTO? on PhotoPeach

27 feb 2013

Cantares Gallegos

As poesías de Rosalía de Castro son unha mostra marabillosa da literatura de Galicia, xa que nelas falaba de diferentes aspectos que tiñan que ver coa sociedade e natureza galega: a emigración, a paisaxe, a cultura popular, o amor e o desamor...
Deixámosvos unha mostra. Agardamos que vos guste tanto como a nós.










26 feb 2013

Aniversario de Cantares Gallegos

Na biblioteca, fixemos diversas actividades co motivo do Aniversario de Cantares Galegos, aquí queda un reflexo das mesmas.

  
2º Ciclo                                                                            3º Ciclo



19 feb 2013

150 ANIVERSARIO DE "CANTARES GALLEGOS"

O vindeiro 24 de febreiro celebraremos o 150 aniversario da primeira edición do libro "Cantares gallegos" de Rosalia de Castro.
Para que aprendades máis sobre a autora déixovos esta presentación, elaborada polo  CEIP Sal Lence.
Tamén podedes consultar os seguintes enlaces:




18 feb 2013

APRENDE A BUSCAR NA REDE CON EFICIENCIA

Unha presentación estupenda, froito do traballo colaborativo de Charo Sánchez e Olga Rodríguez que nos axudará a mergullarnos no mundo da rede e no afogar.


17 feb 2013

PROXECTO DE CONTOS CLÁSICOS: BRANCANEVES

Na aula de cinco anos, comezamos a traballar o proxecto do conto clásico de Brancaneves e para iso creamos un recanto na aula, o recanto de Brancaneves con quebracabezas, debuxos, diferentes contos ,... Aquí tendes o noso recanto:



30 ene 2013

AUTORES OU AUTORAS DOS CONTOS CLÁSICOS?

Saberías dicir que escribiu o conto "O soldadiño de chumbo"? E "Riciños de ouro"?

 Só tes que investigar un pouco.

 Pincha na imaxe e mergúllate no mundo dos autores dos contos clásicos.



E para que vexades o ben que estamos investigando, deixámosvos unhas fotos. Xa estamos feitos todos uns detectives virtuais, e estamos recollendo os resultados das nosas pescudas en murais.

GHANDI

29 ene 2013

Libros para a Paz

Entre o CEIP Carballal-Cabral e o CEIP Eduardo Pondal tivo lugar un intercambio de Libros da Paz que queremos compartir con todos vós.

Feliz Día da Paz 2013!

 

28 ene 2013

30 de Xaneiro. Día da Paz.

O 30 de Xaneiro celébrase o Día da Paz. Este ano decidimos aproveitar a data para aprender algunhas cousas sobre GHANDI, e desta maneira saber por qué o Día da Paz se celebra precisamente este día e non outro calquera.
O 30 de Xaneiro de 1948 foi o día que morreu Gandhi, coñecido por defender os dereitos do seu pobo sen utilizar a violencia e, polo tanto, gran defensor da PAZ. En conmemoración e homenaxe, decidiuse dedicar este día a celebrar a Paz. 

Se queredes saber máis sobre Gandhi, tedes na biblioteca o libro "Me llamo... Gandhi":


Ente outras cousas, para a nosa celebración (conxunta co CEIP Eduardo Pondal) decidimos enviar esta canción que gravamos entre todos, así como unhas chapas conmemorativas.



23 ene 2013

PUBLICISTAS





Os nenos/as de 3º primaria viñeron a visitarme para facer uns carteis.
Quedáronlle moi ben!
Pinchade na imaxe para botar un ollo.

10 ene 2013

O Doodle de Carapuchiña

O 20 de Decembro, en plena semana dos contos clásicos, o buscador web Google celebrou o 20 Aniversario da publicación do primeiro libro dos Irmáns Grimm.
Deixounos este marabilloso Doodle coa historia completa da Carapuchiña Vermella. Podedes ver o conto completo premendo na imaxe. 

9 ene 2013

A semana dos Contos Clásicos



A semana dos Contos Clásicos foi un éxito! Nela aproveitamos para recordar contos por todos coñecidos e, en algunha ocasión, darlle un xiro diferente para asomarnos a novas perspectivas. Noraboa a todo o alumnado pola súa participación! Preme nas imaxes para ver os resultados.