No día do Samaín, o alumnado de Infantil e Primeiro ciclo de Primaria vimos, na hora de ler, un conto titulado "Corre, corre cabaciña". Foi moi divertido! Aquí volo deixamos para que poidades disfrutar del outra vez.
Pero a sorpresa non remata aquí, se vos gustou o conto non podedes deixar de escoitar a súa canción.
Durante este mes de Novembro comezarán a súa andaina as mochilas viaxeiras. De casa en casa, de familia en familia; cheas de libros, de historias e de aventuras para compartir.
O alumnado de primaria non quedou atrás á hora de namorarse da nosa biblioteca.
No primeiro ciclo tamén vimos a curta "Romance de biblioteca" e aquí están os personaxes de conto dos que nos namorariamos sen dubidalo:
Os maiores (de 2º e 3º ciclo) vimos a curta "Los libros fantásticos que vuelan"e, ademais de quedar fascinados coa trama da historia, quixemos plasmar en papel todo o que nos gusta dos libros e o que fai que sexan tan importantes e especiais para nós. Aquí vos deixamos as nosas reflexións:
O pasado día 24 de outubro, os nenos e nenas de Infantil acudimos á biblioteca do noso cole, para celebrar o día das Bibliotecas Escolares. Alí, puidemos ver unha curta sobre dous personaxes de contos que vivían nunha biblioteca e entre eles xurdía o amor. Despois de ver a curta fixemos un debuxo sobre o noso personaxe de conto favorito.
Que ben o pasamos! O lema dese día foi:" Namórate da Biblioteca".
Namórate da biblioteca on PhotoPeach
E aquí están as nosas creacións, xa vedes que somos pequenos artistas!
Parabéns a todos/as os nenos/as que poden gozar todos os días nas súas bibliotecas escolares. Hoxe 24 de outubro de 2012 celébrase o día das bibliotecas escolares.
Non hai nada máis marabilloso que mergullarse nunha biblioteca para buscar ese libro que alguén escribiu para ti, porque de seguro que está aí, só tes que buscalo!
Seguramente non o atopes á primeira, pero se insistes aprecerá, so é cuestión de tempo e paciencia, pero asegúroche que o día que o atopes a túa vida cambiará.
Aquí tendes estas fantásticas curtas para celebralo, a primeira é un agasallo para o 2º e 3º ciclos e a da dereita é un agasallo para infantil e 1º ciclo, estou impaciente por ver os resultadados das vosas actividades.
Con este lema, Biblioteca escolar, acelerador de innovación, preséntase o cartel que neste curso 2012/2013 edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Hoxe....día de inverno, temporal...chove, fai vento e frio!!! O mellor que se pode facer é coller un bo libro, meterse na cama e mergullarse nel. Recoméndovos "As bruxas" do autor de contos británico de ascendencia noruega Roald Dahl. As bruxas en fin, xa sabedes que...
"Ninguén cre nas bruxas, pero haber hainas. E estas das que fala Roald Dahl posuén podeorosísimos nenicidas. Os nenos para unha bruxa son sucios e fedorentos, o inimigo que hai que exterminar… E non son esas vellas feísimas de voz renxente, traxes negros, sombreiros picudos e vasoiras aerodinámicas. Non. Aquí fálase das bruxas verdadeiras, das que fan traballos normais, levan unha vida normal e adoitan levar luvas porque, na realidade, teñen gadoupas por mans, pés cadrados sen dedas, e utilizan caramelos e chocolates como engado para destruír nenos. As bruxas é un libro onde o lector atopará moito humor e disfrutará coa maneira sinxela e trepidante coa que o autor mantén a súa atención. ."
Os nenos/as do 1º ciclo, despois de ler e traballar con este fermoso libro escrito e ilustrado por Jacobo Fernández Serrano, non se lles ocorreu nada mellor que facer TEATRO!!!
Esperamos que gocedes da obra tanto coma eles facéndoa, pareceunos xenial!!!
Como xa sabedes, Jacobo Fernández visitou o colexio o pasado 4 de xuño.
Todos os alumnos/as preguntaron cousas sobre os libros que estiveron lendo ao longo do curso, "A pedra e as formigas", "Mil cousas poden pasar"(Premio Merlín de Literatura Infantil e Xuvenil) e "A filla do ladrón de bicicletas".
Pasámolo xenial na compaña deste autor tan fantástico e que merece a pena ler.
Recomendamos a lectura de calquera dos seus libros.
O próximo 4 de Xuño vai a vir a visitarnos o autor e ilustrador Jacobo Fernández Serrano.
Como xa sabedes todo o cole está lendo libros nos que él é o autor ou o ilustrador.
Seguro que o pasamos xenial.
Se queres saber algo máis de este fantástico autor, pincha na imaxe.
O outro día os nenos/as de 2º decidimos ir a biblioteca a... ROUBAR!!!
Si, fomos a roubar versos dos libros de poesía que ten Carbi.
Somos ladróns poetas, que romántico.
Estes días estivemos falando de Rosalía de Castro e da súa importancia na celebración das Letras Galegas entre outras cousas. Aquí vai o prometido, dúas actividades LIM sobre a autora.