Esta semana o alumnado do 3ºciclo pasouse pola bibliocarbi para saber que era iso da prehistoria.
Preme na imaxe se queres ver o resultado. :-)
18 may 2012
14 may 2012
COÑECEMENTO NA BIBLIOTECA, QUE BEN!!
11 may 2012
LADRÓNS DE POESÍA.
O outro día os nenos/as de 2º decidimos ir a biblioteca a... ROUBAR!!!
Si, fomos a roubar versos dos libros de poesía que ten Carbi.
Somos ladróns poetas, que romántico.
Si, fomos a roubar versos dos libros de poesía que ten Carbi.
Somos ladróns poetas, que romántico.
9 may 2012
LETRAS GALEGAS
Estes días estivemos falando de Rosalía de Castro e da súa importancia na celebración das Letras Galegas entre outras cousas. Aquí vai o prometido, dúas actividades LIM sobre a autora.
A primeira está recollida do blogue da biblioteca do CEIP Alexandre Bóveda, a segunda da web do colexio CEIP de Baño-Xanza.
23 abr 2012
INAUGURAMOS!!!
Despois de bastante tempo pechados, e de moito traballar, por fin chegou o día da inauguración da nosa biblioteca. Deixamos aquí un documento gráfico para que vexades os cambios que fixemos nela, esperamos que vos guste. E xa sabedes, agora xa podedes disfrutar dela todos e todas, incluidas as nais e pais que poden visitarnos de mércores a xoves pola tarde de 16:00 a 18:00.
Contamos convosco!
4 mar 2012
VISITOUNOS ABRAHAM CARREIRO.
Ven a visitarnos o ilustrador Abraham Carreiro.
Todos participamos facendo murais e pasámolo xenial.
Pinchade na imaxe e accederedes as imaxes recollidas na web do cole.
Todos participamos facendo murais e pasámolo xenial.
Pinchade na imaxe e accederedes as imaxes recollidas na web do cole.
5 feb 2012
A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS. LIBRO LIM.
Pincha na imaxe do libro, e descubrirás se o entendeches... Actividade recollida da páxina web EducaLIM.
![]() | ||
28 ene 2012
A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS.
O vello Elías dille a Serafina que ás veces a vida é como ir en bicicleta costa abaixo polo que hai que controlala ben e non deixarse levar polo medo...
Os rapaces/as do 3º ciclo farán unha estupenda viaxe a través deste libro, de Teresa González Costa, gañador do premio Merlín de Literatura Infantil no ano 2010. O ilustrador desta fantástica obra non é outro que Jacobo Fernández Serrano, autor e ilustrador dos libros que estamos lendo no 1º e 2º ciclo do colexio.
MIL COUSAS PODEN PASAR
No fondo do mar, habitado por toda clase de seres vivos, a serea Neda e o tritón Mercurín deciden sair ao exterior , para regalarlle unha coroa ao seu pai polo aniversario...
Mergullaránse tamén os nenos/as do 2º ciclo noutro fantástico libro de Jacobo Fernández Serrano do que, tamén é autor e ilustrador. Esta historia incrible recibiu o premio Merlin de Literatura Infantil no ano 2009. Lina e Pouco levaránvos a través da historia de todos os habitantes da vila de Nil. Só tedes que ler e xa sabedes...
- Eu que sei rapaces/as, mil cousas poden pasar!
A PEDRA E AS FORMIGAS.
Houbo unha vez dúas formigas que, paseando polo campo preto dun bosque tan escuro que metía medo, viron como...
No primeiro ciclo van a ler unha fantástica historia que leva por nome "A pedra e as formigas". O seu autor e ilustrador é Jacobo Fernández Serrano. Mergullarémonos nunha historia fantástica que non deixará indiferente a ninguén.
25 ene 2012
23 ene 2012
UN POUCO DE DANZA GALEGA...
Que arte!!
15 ene 2012
CONTOS CLÁSICOS: MATERIAIS.
Na exposición que está na porta da bibliocarbi podedes atopar todos os materiais para levar a cabo o proxecto deste ano.Lembrade que estes libros non están en prestamo, podedes collelos e empregalos pero teñen que volver a exposición, para que todo o colexio poida traballar con eles.
Xa sabedes, Un mar de contos. Contamos Convosco!
21 dic 2011
UNHA MAREA DE LIBROS PARA O NADAL.
O equipo da biblioteca
do colexio Carballal
deséxavos felices festas,
unha boa comilona,
unha compañia fenomenal
e un mar de lecturas en familia
nas vacacións de Nadal.
20 dic 2011
UNHA VISIÓN DIFERENTE DO NADAL
Unha forma diferente de esperar os agasallos en Nadal. Que vós parece?
A cadena británica John Lewis, como en anos anteriores, publicou o seu particular anuncio sobre o Nadal. O anuncio está dando moito que falar, tanto polos seus detractores como polos que xa o consideran o mellor spot publicitario deste Nadal. Ti que opinas?
10 dic 2011
DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.
Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.
Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.
E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"

* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.
Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!
Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.
Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)
9 dic 2011
CINE EN FAMILIA.
Este Nadal estrénase nos cines a unha película baseada na historia de Copito de Nieve, deixovos o trailer da película.
5 dic 2011
O CONTO DO APALPADOR.
Todos/as sabedes que se achega o Nadal, fálase moito de Santa Claus, dos Reis Magos, e incluso de outros personaxes máxicos que levan regalos aos nenos e nenas de outros lugares. Pero aqui, en Galiza temos un personaxe propio, que ven a agasallar aos nenos e nenas polo Nadal dende fai moitos, moitos anos, é o ... APALPADOR. Deixovos aquí un vídeo onde nós contan a súa historia.
25 nov 2011
NOVAS SECCIÓNS DA BIBLIOTECA.
Este ano a biblioteca de Carbi ten un espazo novo de exposición de libros temáticos. Xa desfrutamos do Samaín, de Un mar de poesía nestes momentos da exposición do Outono.
21 nov 2011
CONTACONTOS.
Os máis pequenos do colexio están de noraboa, visitou a nosa fermosa biblioteca o contacontos Vicentiño. Os nenos/as pasárono en grande. Lembrade que para ver máis fotos tendes que visitar a galería da nosa páxina web.
18 nov 2011
OBRADOIRO DE ÁRBORES.
Celebrouse na biblioteca un Obradoiro de árbores onde os nenos/as do 2º ciclo, e do 3º ciclo se fixeron expertos no tema. Xa sabedes, a biblioteca do colexio e un lugar onde un pode aprender moitas cousas, non deixedes de visitala.
2 nov 2011
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
O pasado 24 de outubro celebramos o día das bibliotecas escolares, aproveitamos esta data para facer moitas cousas, un contacontos cos máis pequenos ("A mosca Chosca"), repartimos os canés a algúns nenos/as, lembrámos cos de 2º e 3º ciclo as normas e a disposición dos libros no noso espazo máxicos e por últimos tamén desfrutamos dunhas estupendas curtas de animación. Foi un fía fantástico, e para proba delo unhas fotos. Lembrade que atoparedes máis fotos na galería da páxina web do colexio.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














