Mostrando entradas con la etiqueta Educación Documental. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Educación Documental. Mostrar todas las entradas

20 jun 2014

COÑECENDO CABRAL.

     O proxecto de biblioteca deste ano era Coñezamos Galicia. Vivamos como galegos/as!.

     No primeiro ciclo traballamos arreo para coñecer Cabral, que é unha parroquia de Vigo onde viven a maioría dos nosos alumnos/as. O resume de todo o noso traballo está recollido no seguinte vídeo, que foi o que presentamos hoxe na macroconferencia celebrada no colexio, onde todos os compañeiros/as falaron dos seus proxectos. Desexamos que vos guste e que aprendades tanto coma nós.



5 jun 2014

VIVAMOS COMO GALEGOS

Os nenos de 5º de Primaria, dentro do proxecto Descubrindo o Norte, editaron un tríptico informativo sobre os muiños naviculares de soporte fixo na Serra do Galiñeiro.

26 may 2014

COÑECENDO A FONDO A CATEDRAL DE SANTIAGO

O pasado 22 de maio, o alumnado de terceiro ciclo tivo a oportunidade de contar coa presenza de Roberto, licenciado en Historia da Arte, quen lles explicou de forma sinxela e atractiva a historia da fermosa Catedral de Santiago. Esta charla organizouse como remate final do proxecto levado a cabo por estes nenos e nenas ao longo do curso sobre "O Camiño de Santiago".



Os faros 3º 2ªparte

Proxecto faros 3º curso 2ª parte on PhotoPeach

Os faros 3º curso

Proxecto dos faros 3º curso on PhotoPeach

21 may 2014

E ASÍ FOI COMO FIXEMOS O NOSO CAMIÑO DE SANTIAGO

Este foi o traballo de todos os peregrinos que percorremos o camiño durante este ano. Foi un camiño divertido, emocionado, duro, traballoso, .... pero o final foi un bo proxecto.


 

 As etapas do camiño que fixemos podédelas atopar nunha entrada anterior deste blog.

20 may 2014

CABRAL ESCRÍBESE CON C DE...

Comezamos o 2º trimestre coa actividade que da nome a esta entrada.
Cabrál escríbese con C de....
Despois de recoller todas as palabras , clasificámolas en categorías.
E resultou que Cabral  ten moitísimos ces agochados no seu nome.




O NOSO CAMIÑO REMATADO

Aquí vos presentamos o noso camiño realizado durante todo o ano.

  ETAPA 1: O CEBREIRO ALBA e ANTÓN

 

ETAPA 2: TRIACASTELA ALBA D. e AARÓN

   

ETAPA 3: SAMOS RAÚL e UXÍA S.

   

ETAPA 4: SARRIA SAMUEL e CLARA

 

ETAPA 5:  PORTOMARÍN  UXÍA R. PAULA



ETAPA 6: PALAS DE REI  MANUEL  e JENNI



ETAPA 7: MELIDE  ANXO e  YVETTE



ETAPA 8:  ARZÚA  NICO e ANDREA



ETAPA 9: SANTIAGO  ANXO e  YVETTE

12 may 2014

3,2,1.... Pouco falta para a presentación

Para preparar a nosa presentación do camiño precisamos gravar as etapas feitas.....

Chegamos a Santiago

Xa conseguimos a nosa compostelana, e xa aprendimos moito nesta nosa peregrinación. Aquí está o noso camiño.

Camiñando, traballando,.... fixemos o camiño

O segundo e terceiro trimestre dedicámonos a traballar toda a información, para saber por onde pasábamos, qué podíamos visitar, comer, facer,... en cada etapa.

O nadal en Santiago

Con bastante retraso, aquí presentamos o noso nadal deste ano queo pasamos en Santiago.


11 may 2014

Vida e obra de Xosé María Díaz Castro

É unha dos mellores poetas da segunda metade do século XX en Galicia. Discreto pero brillante, Xosé María Díaz Castro pasa case desapercibido por pasar boa parte da súa vida fora de Galicia.

Naceu en Vilariño, concello lugués de Guitiriz, pero estuda no seminario de Mondoñedo, lugar idóneo para un futuro escritor,xa que nel estudan tamén outras grandes personalidades das verbas galegas. Os seus estudos foron interrompidos pola Guerra Civil e xa non volverá a retomalos, polo que deixa a carreira no seminario e dedícase a docencia. Máis tarde múdase a Madrid onde comeza a súa carreira de tradutor.

A súa obra literaria concéntrase nun único libro de poemas de nome Nimbos (1961), onde a meirande parte dos temas que trata teñen que ver co sentimento relixioso e a Terra.

Destaca o poema Penélope, que foi cantado polo grupo musical A Quenlla, que o fixo máis popular se cabe.

De volta a súa terra natal a os 80 anos, publica algúns textos na revista Dorna. E dende entón, a Asociación Cultural Xermolos traballou para o recoñecemento deste poeta. 



PENÉLOPE

UN PASO adiante i outro atrás, Galiza, 

i a tea dos teus sonos non se move. 

A espranza nos teus ollos se esperguiza. 

Aran os bois e chove. 



Un bruar de navíos moi lonxanos 

che estrolla o sono mól coma unha uva. 

Pro tí envólveste en sabas de mil anos, 

i en sonos volves a escoitar a chuva. 



Traguerán os camiños algún día 

a xente que levaron. Deus é o mesmo. 

Suco vai, suco vén, Xesús María!, 

e toda a cousa ha de pagar seu desmo. 



Desorballando os prados coma sono, 

o Tempo vai de Parga a Pastoriza. 

Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. 

Un paso adiante i outro atrás, Galiza! 



Nimbos (1961)

Na páxina de Letras Galegas poderás atopar diferentes enlaces nos que poderás atopar moita máis información.
http://bibliocarbicarballal.blogspot.com.es/p/blog-page.html

6 may 2014

Our Celtic roots!

As this year we have been working about the project: "Vivamos como galegos, coñezamos Galicia", we though it is very important that we learn about our origens.
We could find out that Galicians are coming from a celtic culture as well as Irish and Scotish people. Therefore, we have got  many things in common as: monuments, festivals, music, traditions...
As María, the conversation assistant is from Scotland, we could discover with her, all the celtic features of the scotish culture.
ACTIVITIES :


In the english class we were learning about our ascendants “The Celts”.
The littlest kids discovered that in the center of Vigo, there is a hill called “O Castro”. And they found out that this name comes from an ancient town, whose ruins can still be seen in this hill. They also could learn more about them through the story of “King Arthur” or the Asterix and Obelis adventures. 



In 1st grade they made a beautifull poster drawing  all the items they learn about the Celts. 



In 2nd and 3rd grade we learnt a lot of information through a  Quest, based on the presentation the teacher made for us. 


In 4th, 5th and 6th grade we  worked in small groups to find out information about the Celtic culture in Galicia. We were looking for information in the library, at home and internet, then we prepared the presentation to share this information with all of the other students. 

 
We learnt who were the celts, where they came from, where  they lived, about  their religion, their economy, art, battles and weapons, and their festivals and music. 

In 5th and 6th we worked with María about our common celtic roots between Galicia and Scotland. She made a presentation and then we discussed about all the things both countries have in common. In small groups we made a poster with this similitarities under the tittle: “Scotland and Galicia... the Celtic Nations”.




ARTS
As part of the project “Vivamos como galegos… Coñezamos Galicia”  and “Celtic Roots”, all the kids in Primary made a medallion with a Celtic Symbol and following the Sargadelos Style. We discovered how important was this company for the Galician Art and culture along the last century. 


In the arts classes we were working on the project  “Carbi  meets… Galicia”






And here you can see the result and find out more about our work :

http://bibliocarbicarballal.blogspot.com.es/2014/07/carbi-meets-galicia.html


19 mar 2014

Talleres de Rosalía




Co gallo do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro o 24 de febreiro, o alumnado dos tres ciclos de Educación Primaria levou a cabo na biblioteca, tres talleres sobre a figura da escritora. Nos tres ciclos investigaron os momentos máis destacados da súa  vida, e sobre todo  a importancia que ten a figura de Rosalía na cultura galega. En 2º e 3º ciclo os nenos e nenas convertéronse en poetas, reinventando e reescribindo algún dos seus poemas máis coñecidos.

Por último creamos un blogue no que colgamos informacións de interese sobre a autora e tamén os  traballos que levamos a cabo sobre ela. 

 blog 

3 mar 2014

Proxecto Illas e Faros de Galicia

Rematamos a primeira parte do noso proxecto! Os Faros de Galicia.




Comezamos debuxando un dos faros máis famosos de Galicia. Deixámosvos unhas imaxes da Torre de Hércules vista con ollos de nen@.




Despois realizamos unha investigación por equipos, na que traballamos catro faros: O Faro de Illa Pancha en Ribadeo, O Faro da Illa de Ons, O Faro da Illa do Medio das Illas Cíes e o Faro de Fisterra.






Deixámosvos aquí os resultados

A Galicia vente xa!

Para celebrar que rematamos a parte de Faros do proxecto Illas e Faros de Galicia, queremos deixarvos esta canción de Xosé Manuel Budiño. Foi o vídeo promocional do Xacobeo 2004 e conta coa colaboración de representantes da cultura galega como son Mercedes Peón, Yolanda Castaño e Nova Galega de Danza entre outros.

Tamén hai representantes de outras culturas que descubriron a beleza de Galicia e participaron da súa promoción: Karen Matheson (Escocia), Alberto Mvundi (Angola), Johnny Kalsi (Británico con ascendente Indio), Bidinte (Guinea-Bissau)


Sabedes en qué Faro de Galicia se gravou este vídeo?

7 feb 2014

CIENCIA EN RUTA!

O día 6 de Febreiro fixemos unha actividade de "Ciencia en Ruta" na que o pasamos xenial.
O alumnado de Infantil traballou un obradoiro de dixestión moi divertido e o alumnado de Primaria creou foguetes de auga dignos de visitar a Estación Espacial Internacional.
Recordámosvos que este curso está dedicado á Ciencia nas Bibliotecas Escolares e xa dispoñedes de libros desta temática na exposición temporal.

O robot Marvin. Ciencia en Ruta













19 dic 2013

GRACIAS POLA INFORMACIÓN PARA O PROXECTO!!!!

GRACIAS aos concellos de O CEBREIRO, TRIACASTELA, SARRIA, SAMOS, PORTOMARÍN, PALAS DE REI, MELIDE, ARZÚA,O PEDROUZO, O PINO E SANTIAGO, por atendernos, colaborar e enviarnos a información para o noso proxecto.

5 dic 2013

As regueifas do Camiño

Esta semana tivemos un obradoiro de regueifas con Caruncho e Tito. Eles ensináronnos a crear regueifas e nós fixemos as nosas sobre o Camiño de Santiago, do mesmo xeito que eles agasalláronnos coa súa gran aportación ao noso proxecto coa súa regueifa do Camiño. Aquí están as nosas regueifas!!!!

Mi película from 3º ciclo on Vimeo.