Para celebrar que rematamos a parte de Faros do proxecto Illas e Faros de Galicia, queremos deixarvos esta canción de Xosé Manuel Budiño. Foi o vídeo promocional do Xacobeo 2004 e conta coa colaboración de representantes da cultura galega como son Mercedes Peón, Yolanda Castaño e Nova Galega de Danza entre outros.
Tamén hai representantes de outras culturas que descubriron a beleza de Galicia e participaron da súa promoción: Karen Matheson (Escocia), Alberto Mvundi (Angola), Johnny Kalsi (Británico con ascendente Indio), Bidinte (Guinea-Bissau)
Sabedes en qué Faro de Galicia se gravou este vídeo?
No hay comentarios:
Publicar un comentario