Para celebrar o día da Ilustración, todos/as con papel e lapis na man e escoitando música, decidímonos a debuxar o que nos saía ao escoitala música, una vez rematada a ilustración a colocamos nun mural para que toda a comunidade educativa as poidan ver.
Mostrando entradas con la etiqueta Autores e ilustradores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Autores e ilustradores. Mostrar todas las entradas
4 feb 2019
DÍA DA ILUSTRACIÓN
15 may 2018
VISITA DE IAGO LÓPEZ
O pasado venres, 11 de maio, acudiu a nosa biblioteca o escritor Iago López, autor do libro: "O cociñeiro Martiño" . Este libro foi traballado previamente nas aulas de Infantil e Primeiro ciclo de Primaria. Ademais de contarnos o seu conto dun xeito marabilloso, que a tod@s nos encantou, o escritor tamén respondeu as nosas preguntas e firmounos autógrafos. Aquí tendes un resumo desta visita tan especial.
24 abr 2018
VISITA DO AUTOR PINTO & CHINTO
Pinchade na imaxe para poder ver como foi a visita....
7 jun 2017
Letras Galegas 2017. Carlos Casares
Carlos Casares foi o escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2017.
No Carballal limos moitas das súas obras: as historias de Toribio, A Galiña azul, O can Rin e o lobo Crispín e Lolo anda en bicicleta.
Fixemos un vídeo para coñecer algúns datos relevantes da súa vida e querémolo compartir aquí con todos vós.
Etiquetas:
1º ciclo,
2º ciclo,
3º ciclo,
Autores e ilustradores,
Infantil,
Letras Galegas,
Vídeos e curtas
19 may 2017
Por fin.........LEDICIA COSTAS
Hoxe tivemos a sorte de que nos viñera a visitar a nosa grandiosa CHEF deste curso.... LEDICIA COSTAS. Con ela estivemos cociñando todo o curso e hoxe tivemos a sorte de que nos ensinara os seus ingredientes para facer o fermoso libro que estivemos a traballar "Escarlatina, a cociñeira defunta" .
Ledicia Costas on PhotoPeach
Ledicia Costas on PhotoPeach
4 jun 2014
FRAN ALONSO.
O vindeito 13 de xuño visitaranos os estupendo escritor Fran Alonso.
Os nenos e nenas do 1º ciclo están á espera con un montón de cuestións no maxín despois de ler o fermoso libro "O meu gato é un poeta".
Se queres saber máis sobre este escritor visita o domicilio virtual de Fran Alonso ( <= pincha no seu nome).
Se queres saber máis do gato poeta, visita a súa web http://gatopoeta.net/

VISITOUNOS FINA CASALDERREY
A escritora galega Xosefa Casalderrey Fraga (Fina Casalderrey), visitou a Bibliocarbi para dar unha grata sorpresa aos lectores/as do 2º ciclo de primaria.
O libro escollido polo 2º ciclo foi O misterio do faro vello.
O libro escollido polo 2º ciclo foi O misterio do faro vello.
Aqui podes atopar algunhas fotos da actividade:
11 may 2014
Vida e obra de Xosé María Díaz Castro
É unha dos mellores poetas da segunda
metade do século XX en Galicia. Discreto pero brillante, Xosé María
Díaz Castro pasa case desapercibido por pasar boa parte da súa vida
fora de Galicia.
Naceu en Vilariño, concello lugués de
Guitiriz, pero estuda no seminario de Mondoñedo, lugar idóneo para
un futuro escritor,xa que nel estudan tamén outras grandes
personalidades das verbas galegas. Os seus estudos foron
interrompidos pola Guerra Civil e xa non volverá a retomalos, polo
que deixa a carreira no seminario e dedícase a docencia. Máis tarde
múdase a Madrid onde comeza a súa carreira de tradutor.
A súa obra literaria concéntrase nun
único libro de poemas de nome Nimbos (1961), onde a meirande parte
dos temas que trata teñen que ver co sentimento relixioso e a Terra.
Destaca o poema Penélope, que foi
cantado polo grupo musical A Quenlla, que o fixo máis popular se
cabe.
De volta a súa terra natal a os 80
anos, publica algúns textos na revista Dorna. E dende entón, a
Asociación Cultural Xermolos traballou para o recoñecemento deste
poeta.
PENÉLOPE
UN PASO adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!
Nimbos (1961)
Na páxina de Letras Galegas poderás atopar diferentes enlaces nos que poderás atopar moita máis información.
Etiquetas:
Autores e ilustradores,
Educación Documental,
Letras Galegas
26 jun 2013
VISITOUNOS ELVIRA PÉREZ
Este ano o alumnado de Educación Primaria mergullouse no estupendo libro "A contar ovellas".
Ao final, visitounos Elvira Pérez a autora. Contounos moitas cousas, e pasámolo xenial.
Aquí está o vídeo da súa visita.
.
Ao final, visitounos Elvira Pérez a autora. Contounos moitas cousas, e pasámolo xenial.
Aquí está o vídeo da súa visita.
2 may 2013
LETRAS GALEGAS 2013
O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron unha proposta histórica: Que se declarase o día 17 de maio de cada ano "Dia das Letras Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega"
Escolleron o 17 de maio "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro", e así foi.
O 17 de maio de 1963 celebrouse o primeiro Día das Letras Galegas, e a primeira homenaxeada foi, por suposto, Rosalía de Castro. Despois dela, seguiron Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añon Paz e así un longo etcétera ata chegar ao 2013 onde o homenaxeado vai ser Roberto Vidal Bolaño, posiblemente o dramaturgo máis prolixo da nosa literatura.Nos seguintes enlaces poderedes investigar máis sobre este estupendo autor.
Información recollida das seguintes webs:
http://www.diadasletrasgalegas.com/
Biblioteca Virtual Galega.
Blogue de Roberto Vidal Bolaño.
traballamosxuntos.blogspot.com
27 feb 2013
Cantares Gallegos
As poesías de Rosalía de Castro son unha mostra marabillosa da literatura de Galicia, xa que nelas falaba de diferentes aspectos que tiñan que ver coa sociedade e natureza galega: a emigración, a paisaxe, a cultura popular, o amor e o desamor...
Deixámosvos unha mostra. Agardamos que vos guste tanto como a nós.
Deixámosvos unha mostra. Agardamos que vos guste tanto como a nós.
26 feb 2013
Aniversario de Cantares Gallegos
Na biblioteca, fixemos diversas actividades co motivo do Aniversario de Cantares Galegos, aquí queda un reflexo das mesmas.
2º Ciclo 3º Ciclo
19 feb 2013
150 ANIVERSARIO DE "CANTARES GALLEGOS"
O vindeiro 24 de febreiro celebraremos o 150 aniversario da primeira edición do libro "Cantares gallegos" de Rosalia de Castro.
Para que aprendades máis sobre a autora déixovos esta presentación, elaborada polo CEIP Sal Lence.
Tamén podedes consultar os seguintes enlaces:
Para que aprendades máis sobre a autora déixovos esta presentación, elaborada polo CEIP Sal Lence.
Tamén podedes consultar os seguintes enlaces:
- Fundación Rosalía de Castro.
- Rosalía de Castro, poesía, prosa...
- Na Galipedia.
- Negra sombra en youtube.
- Adios rios, adios fontes no youtube.
- En Practicopedia.
Etiquetas:
actividades,
Autores e ilustradores,
Educación Documental,
Formación de usuarios,
Letras Galegas
30 ene 2013
AUTORES OU AUTORAS DOS CONTOS CLÁSICOS?
Saberías dicir que escribiu o conto "O soldadiño de chumbo"? E "Riciños de ouro"?
Só tes que investigar un pouco.
Pincha na imaxe e mergúllate no mundo dos autores dos contos clásicos.
Pincha na imaxe e mergúllate no mundo dos autores dos contos clásicos.
E para que vexades o ben que estamos investigando, deixámosvos unhas fotos. Xa estamos feitos todos uns detectives virtuais, e estamos recollendo os resultados das nosas pescudas en murais.
16 oct 2012
O CARTEL DESTE ANO.
Con este lema, Biblioteca escolar, acelerador de innovación, preséntase o cartel que neste curso 2012/2013 edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Nesta ocasión, a ilustración correspondeu ao creador galego Andrés Meixide, que vén sumarse así aos ilustradores que teñen colaborado con esta consellería no obxectivo de difundir as posibilidades da biblioteca escolar (Manuel Mariño/2008, Miguelanxo Prado/2009, Marina Seoane/2010,Emma Ríos/2011)Hoxe....día de inverno
Hoxe....día de inverno, temporal...chove, fai vento e frio!!!
O mellor que se pode facer é coller un bo libro, meterse na cama e mergullarse nel. Recoméndovos "As bruxas" do autor de contos británico de ascendencia noruega Roald Dahl.
As bruxas en fin, xa sabedes que...
"Ninguén cre nas bruxas, pero haber hainas. E estas das que fala Roald Dahl posuén podeorosísimos nenicidas. Os nenos para unha bruxa son sucios e fedorentos, o inimigo que hai que exterminar… E non son esas vellas feísimas de voz renxente, traxes negros, sombreiros picudos e vasoiras aerodinámicas. Non. Aquí fálase das bruxas verdadeiras, das que fan traballos normais, levan unha vida normal e adoitan levar luvas porque, na realidade, teñen gadoupas por mans, pés cadrados sen dedas, e utilizan caramelos e chocolates como engado para destruír nenos. As bruxas é un libro onde o lector atopará moito humor e disfrutará coa maneira sinxela e trepidante coa que o autor mantén a súa atención. ."

Recomendacións
26 jun 2012
TEATRO: A PEDRA E AS FORMIGAS.
Os nenos/as do 1º ciclo, despois de ler e traballar con este fermoso libro escrito e ilustrado por Jacobo Fernández Serrano, non se lles ocorreu nada mellor que facer TEATRO!!!
Esperamos que gocedes da obra tanto coma eles facéndoa, pareceunos xenial!!!
Se queres vela so tes que pinchar na imaxe.
Etiquetas:
Autores e ilustradores,
Recomendacións,
teatro
21 jun 2012
VISITA DE JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO
Como xa sabedes, Jacobo Fernández visitou o colexio o pasado 4 de xuño.
Todos os alumnos/as preguntaron cousas sobre os libros que estiveron lendo ao longo do curso, "A pedra e as formigas", "Mil cousas poden pasar"(Premio Merlín de Literatura Infantil e Xuvenil) e "A filla do ladrón de bicicletas".
Pasámolo xenial na compaña deste autor tan fantástico e que merece a pena ler.
Recomendamos a lectura de calquera dos seus libros.

Carbi saúdos
Etiquetas:
actividades,
Autores e ilustradores,
Recomendacións
28 may 2012
JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO.
O próximo 4 de Xuño vai a vir a visitarnos o autor e ilustrador Jacobo Fernández Serrano.
Como xa sabedes todo o cole está lendo libros nos que él é o autor ou o ilustrador.
Seguro que o pasamos xenial.
Se queres saber algo máis de este fantástico autor, pincha na imaxe.
Como xa sabedes todo o cole está lendo libros nos que él é o autor ou o ilustrador.
Seguro que o pasamos xenial.
Se queres saber algo máis de este fantástico autor, pincha na imaxe.
4 mar 2012
VISITOUNOS ABRAHAM CARREIRO.
Ven a visitarnos o ilustrador Abraham Carreiro.
Todos participamos facendo murais e pasámolo xenial.
Pinchade na imaxe e accederedes as imaxes recollidas na web do cole.
Todos participamos facendo murais e pasámolo xenial.
Pinchade na imaxe e accederedes as imaxes recollidas na web do cole.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)