Traballamos arreo durante todo o ano para facelos, pero mereceu a pena!
Mostrando entradas con la etiqueta Contos clásicos infantil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Contos clásicos infantil. Mostrar todas las entradas
26 jun 2013
CHEGARON OS NOSOS CONTOS!
Por fin chegaron a nosa biblioteca os contos feitos por todos os nenos e nenas do colexio.
Traballamos arreo durante todo o ano para facelos, pero mereceu a pena!
Traballamos arreo durante todo o ano para facelos, pero mereceu a pena!
1 jun 2013
OS CONTOS: AULA DE 4 ANOS.
Os nenos e nenas de 4 anos gozamos moitísimo traballando os contos que tanto nos gustan.
Traballamos as fórmulas de comezo e final, cales son os obxectos máxicos dos contos, as personaxes... escollemos o Gato con Botas como nome de aula.
Para rematar todo este traballo escribimos o noso propio conto "Trogloditas" que xurdiu nun momento de loucura...
Querédelo ver? Esperamos que vos guste tanto como a nós.
OS CONTOS: AULA DE 3 ANOS.
As nenas e nenos de tres anos pasámolo xenial traballando o conto de Riciños de ouro.
Estamos rematando as nosas creacións, prestade moita atención porque axiña estarán colgadas no blogue.
31 may 2013
PSICOMOTRICIDADE: FÁBULA DA LEBRE E A TARTARUGA
Os nenos de Infantil representamos a "Fábula da lebre e a tartaruga" en psicomotricidade.
Fomos a tartaruga indo paseniño pero sin pausa e tamén fomos a fachendosa lebre, correndo moi rápido e deitándonos a comer amorodos e a durmir unha sesta.
Fomos a tartaruga indo paseniño pero sin pausa e tamén fomos a fachendosa lebre, correndo moi rápido e deitándonos a comer amorodos e a durmir unha sesta.
16 may 2013
Os nenos e nenas de Educación Infantil seguen a traballar os contos clásicos na "Pizarra Máxica" (PDI)
Toca traballar un pouco a memoria realizando a actividade "Parellas". Estámolo pasando moi ben, moi ben. on PhotoPeach
Etiquetas:
actividades,
Contos clásicos infantil
Os nenos e nenas de Educación Infantil traballamos os contos clásicos na " Pizarra Máxica" (PDI).
Para comezar traballamos a actividade" Clasificación" que nós coñecemos como SI-NON. on PhotoPeach
Continuaremos traballando os contos na "Pizarra máxica". Ata a próxima!!!
Para comezar traballamos a actividade" Clasificación" que nós coñecemos como SI-NON. on PhotoPeach
Continuaremos traballando os contos na "Pizarra máxica". Ata a próxima!!!
Etiquetas:
actividades,
Contos clásicos infantil
5 may 2013
PROXECTO DA AULA DE 5 ANOS
Os nenos e nenas da aula de cinco anos, seguimos traballando o Conto Clásico de Brancaneves. Este conto, foi escrito polos irmáns Grimm, é un conto de tradición oral alemán, que recolleron eles por escrito. Como todos os contos clásicos estructúrase en tres partes: Inicio, nó e desenlace. Ademais tamén descubrimos que a historia dunha nena chamada: María Sophia Marghareta Catharina von Erthal, inspirou este conto.
Aquí tendes unha mostra do traballado:
Aquí tendes unha mostra do traballado:
Etiquetas:
actividades,
Contos clásicos infantil,
Educación Documental
7 mar 2013
Cóntasme un conto?
No mes de febreiro, os alumnos e alumnas de Infantil, tiveron a visita dalgunhas nais e pais que viñeron a biblioteca a contarnos un conto clásico como por exemplo: os Músicos de Bremen, Carapuchiña, Pinocho ou o Parrulo Feo. Foi unha experiencia moi gratificante, é por iso que queremos agradecer aos pais e nais participantes a súa colaboración.
Aquí tendes unha mostra do ben que o pasamos nesta actividade.
Etiquetas:
actividades,
Contacontos,
Contos clásicos infantil
17 feb 2013
PROXECTO DE CONTOS CLÁSICOS: BRANCANEVES
Na aula de cinco anos, comezamos a traballar o proxecto do conto clásico de Brancaneves e para iso creamos un recanto na aula, o recanto de Brancaneves con quebracabezas, debuxos, diferentes contos ,... Aquí tendes o noso recanto:
Etiquetas:
Contos clásicos infantil,
Educación Documental
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
