Mostrando entradas con la etiqueta Contacontos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Contacontos. Mostrar todas las entradas

1 jun 2019

IES CARLOS CASARES - "Obras de arte"

O venres 31 de maio,  recibimos a visita de alumnado de 1º da ESO do IES Carlos Casares, entre eles atopabanse algúns ex-alumnos como Paula, Alejandro, Miguel, Sandra, Natalia e Fátima.
Todos eles, xunto cos seus novos compañeiros do IES, contaronnos historias relacionadas con diversas obras de arte.
Aquí podedes ver as fotos de todas as historias que nos contaron.

26 may 2019

Contando contos aos peques

Como en anos anteriores, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria disfrutou ao longo deste trimestre contandolle contos aos pequenos do colexio: aos de infantil e 1º ciclo de Primaria.
O alumnado de 3º, de 4º e 5º contan os contos en galego fundamentalmente, e o alumnado de 6º contan os seus contos en lingua inglesa.
Todo o alumnado do centro disfruta desta actividade, tanto os pequenos que escoitan o conto como os maiores contandollo ou representandoo.
Aquí hai algunhas fotos desta actividade.

25 ene 2019

CONTACONTOS DE FAMILIARES

O alumnado de infantil tivo a gran sorte de gozar a semana pasada dunha marabillosa sesión de contacontos, realizado por unha tía dunha das nosas alumnas. Se premedes na imaxe poderedes ver un resumo da mesma.


5 jun 2018

Contos e Xogos do alumnado IES Carlos Casares

O pasado martes 29 de maio, o alumnado de primeiro da ESO, do IES Carlos Casares, acudiu ao noso centro para realizar unhas actividades de contacontos e xogos sobre a escritora María Victoria Moreno co noso alumnado de Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria. Foi unha experiencia moi gratificante e xa estamos desexando que volvan para o vindeiro curso. Aquí vos deixamos un resumo da actividade.

23 may 2018

Un mes de contos no Carballal

Como cada ano, abril convertese no mes do libro no noso colexio.
Neste mes os nenos/as de 3º,4º,5º e 6º preparan un conto en grupo e llo van a contar aos nenos/as de Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria e tamén a os avos e avoas que esperan ansiosos e con moita ilusión os seus contos.
Moitas gracias a tódolos nenos/as que fixeron posible esta fantástica actividade!

5 jun 2017

Contando Contos


Durante os meses de abril e maio, nas sesións de lectura, os nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º foron a visitar a tódolos pequenos e pequenas do colexio  para lerlles, contarlles e incluso dramatizar contos. Contaronlle os contos nas tres linguas, os nenos/as de 6º contaron todos os seus contos en inglés e os demáis o fixeron nas dúas linguas maternas. 

Eles puxeron moito entusiasmo e os máis pequenos esperábannos cada día con ilusión. 

Nalgunha ocasión, este curso acompañaronnos os avós e avoas que estiveron encantados/as de pasar con nós un bo rato de lectura e diversión. 
Esperamos máis para o vindeiro curso!!!

Se pinchas nesta foto poderás ver moitas máis.
 https://goo.gl/photos/EZu8jKW3kXHWZ8dX6
 

6 mar 2017

Contacontos no 2º trimestre

Neste segundo trimestre, seguimos coas colaboracións das familias para vir a nosa biblioteca a contar historias ou contos. Neste caso, a historia contada por a nai de Jorge, da aula de tres anos, falaba da cultura esquimal que están a traballar no ciclo de Infantil, das súas costumes e tradicións. Despois  da lectura decoramos con boliñas de algodón un mural dun esquimó que nos trouxo a "mamá" de agasallo e quedounos precioso. Aquí tendes unha proba desta lectura. 

9 ene 2017

Sesións de Contacontos

Neste curso, ao igual que en outros anteriores, comezamos coas sesións de contacontos na nosa biblioteca, levada a cabo por nais e pais do noso alumnado. Neste caso, os contacontos que se realizaron no primeiro trimestre do curso, foron levados a cabo por: o pai de Bárbara e as nais de Celia e Julia, todas alumnas de Infantil. Grazas a súa colaboración os nenos e nenas puideron gozar da escoita de novas historias. Aquí vos deixamos un resumo destas sesións de contacontos.

18 may 2016

CONTACONTOS DE NAIS E PAIS.

Coma noutras ocasións, as nais e pais do colexio fixéronnos unha visita para contar contos. A experiencia foi xenial e os contos estupendos. Velaquí unhas fotos.


13 abr 2016

Contacontos por un día

Do 27 de marzo ao 9 de abril os alumnos de 2º, 3º, 4º e 5º de Educación Primaria, convertironse en contacontos por un día, para ir a contarlle contos aos pequenos do colexio. Tanto os contadores dos contos como os espectadores, disfrutaron moitísimo desta aventura.

27 mar 2016

Storytellers

In the week from the 14th to the 18th of march, the kids of 6th grade became storytellers for the little kids of our school. The told 5 stories in groups of three: Uxía, Olalla and Paula told the story "Catch a Star" Ramón, Raquel and Guillermo told "Draw me a Star" Diego, Pablo and Xian told "Say Hello to the Snowy Animals" Jorge, Lucía and Alejandro told "Cock a Mooo, Mooo" And Izan, Ione and Ainhoa told

10 may 2015

CONTACONTOS

O pasado 22 de Abril recibimos a visita dun grupo de alumnos do IES Carlos Casares para representar e contar varios contos en galego. Alguns deles foron:


Podedes ver o ben que o fixeron na páxina web do colexio.

24 abr 2015

DÍA DO LIBRO. APADRIÑAMENTOS LECTORES.

Hoxe e mañá, seguindo coas actividades polo Día do Libro, os alumnos de 2º a 6º apadriñan os máis pequenos léndolles un libro no patio.

16 abr 2015

Contando contos

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º preparaon uns contos que logo escenificaron diante das rapazas e rapaces máis pequenos do cole. Aquí tedes unha mostra do ben que saíu.




Contando Contos from Biblioteca Carballal on Vimeo.

6 may 2014

COCIÑA DE CONTOS

O pasado luns, 5 de maio, gozamos no noso centro cunha actividade de contacontos. Nesta actividade, escoitamos contos relacionados con temas culinarios e ata fixemos unha sopa. Para rematar, decoramos pratos, con tres tipos diferentes de ingredientes. Foi unha actividade moi motivadora, aquí tendes a proba.

8 abr 2014

XENIAIS CONTACONTOS DURANTE O MES DE MARZO.

Este ano contamos ca presenza duns estupendos/as  contacontos, que percorreron o colexio durante todo o mes de marzo,  na busca de ointes que os quixeran escoitar e... todos os nenos/as de infantil e 1º ciclo de primaria estiveron encantados coa súa visita.


15 nov 2013

"Antía, Wamba e o regato pequeno"

Dentro do programa da campaña de sensibilización promovida polo “Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade”, o Concello de Vigo está a proporcionarnos aos centros educativos, actividades para fomentar a educación para a solidariedade e o desenvolvemento. Entre estas actividades, no noso Colexio, o pasado mércores día 13 de Novembro, puidemos disfrutar do espectáculo teatral “Antía, Wamba e o regato pequeño”, do grupo A Tropa de Trapo. Este espectáculo cóntanos catro historias que falan de África e de Europa, do que nos sobra e do que nos falta, de compartir, de valorar, de rir, de mirar con esperanza ao futuro… Historias que nos fixeron disfrutar, pero sobre todo, sentir e pensar.  

Visita "Tropa de Trapo" on PhotoPeach

29 may 2013

SÓ TE PODES SENTAR... SE TES ALGO QUE CONTAR!!!


Este sillón é moi especial, disque todo o que se senta nel queda posuido pola maxia das palabras. 



29 abr 2013

CONTACONTOS DO ALUMNADO DO IES CASARES


   O pasado  xoves día 25 de abril, viñeron a nosa biblioteca algúns alumnos e alumnas do IES Carlos Casares. Acudiron a contar e dramatizar contos ao alumnado de Infantil, como por exemplo: A ratiña presumida, Lobo feroz, A Cebra Camila, O coelliño branco,... Foi unha experiencia inesquecible e marabillosa na que o noso alumnado gozou moito.
   Dende aquí agradecémoslle o esforzo e traballo do alumnado e profesorado do IES Carlos Casares, e convidámolos a que volten cando queiran.

18 abr 2013

CONTACONTOS GRATUITO.


          Ola rapaces! Sabíades que  Parque Nacional MT das Illas Atlánticas de Galicia está a presentar tódolos domingos do mes de abril e maio o Contacontos "A gaivota Antón". Xa sabedes, se queredes pasalo xenial algún destes domingos ide visitar a Antón, lembrade que a entrada é gratuira, pero o aforo é limitado.