Este curso xa podedes recomendar as lecturas que máis vos gustan aos vosos compañeiros. Para iso só tedes que pedir unha ficha aos axudantes da Biblio para cubrila e metela dentro do libro antes de devolvelo. Logo os axudantes da Biblio colocarano nun novo espazo fóra da biblio para que todo o mundo poida velos.
Animádevos a recomendar!!!
Seguro que botades de menos algúns dos vosos títulos, personaxes ou autores preferidos na Biblioteca. Pois é a hora de que fagades suxestións ao equipo de Biblio, para que dentro das súas posibilidades, teñan presentes os vosos gustos para adquirir novos fondos. Tan só tedes que pedir unha ficha de suxestións na Biblio e cubrila.
Animádevos a suxerir!!!
Mostrando entradas con la etiqueta Guías de lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Guías de lectura. Mostrar todas las entradas
5 nov 2014
6 abr 2014
Celebración do
O pasado día 2 de abril, para celebrar este día especial, cada familia elaborou unha ficha de recomendación dun libro que lles gustou especialmente. Esta ficha puideronna pegar persoalmente no mural colocado na entrada do colexio.
Etiquetas:
Día do Libro,
Guías de lectura,
Recomendacións
29 abr 2013
Somos contacontos!!
O alumnado do terceiro ciclo convertímonos en auténticos contacontos para contarlles a os nosos compañeiros do colexio uns contos moi divertidos. Pero iso leva moito traballo, posto que hai que preparar decorados, vestiario, personaxes,.... aquí tedes o resultado!!!
1º Parte.... on PhotoPeach
2º parte on PhotoPeach
19 dic 2012
UNHA MESA CHEA DE LECTURA.
Aquí van as recomendacións de Nadal deste ano, podedes pinchar nas imaxes para descargar os documentos ou velos máis grandes.
Dende o Equipo de Biblioteca desexamos que teñades unhas FELICES FESTAS!
Para todas as nais e pais,
dos nenos e nenas do Carballal,
unha mesa chea de lecturas
para que vivades aventuras.
21 dic 2011
UNHA MAREA DE LIBROS PARA O NADAL.
O equipo da biblioteca
do colexio Carballal
deséxavos felices festas,
unha boa comilona,
unha compañia fenomenal
e un mar de lecturas en familia
nas vacacións de Nadal.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
