Mostrando entradas con la etiqueta 3º ciclo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 3º ciclo. Mostrar todas las entradas

23 feb 2020

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

     No Carballal levamos un mes traballando arredor da figura de Rosalía de Castro
     Somerxéndonos na vida e na obra desta escritora transgresora, librepensadora e universal.
Maña 24 de febreiro cúmprense 183 anos do nacemento desta muller que tanto fixo pola lingua e literatura galega. Rosalía, a nosa, de Catro.



17 feb 2020

21DE FEBREIRO. DÍA DA LINGUA MATERNA.

QUE É A LINGUA MATERNA?
A lingua materna é aquela na que os nenos/as  aprenden a falar e a relacionarse coa súa contorna máis próxima.
O Día Internacional da Lingua Materna estableceuse para sensibilizar acerca da importancia dos idiomas e da función vital que desempeñan no desenvolvemento, ao garantir a diversidade e o diálogo intercultural, así como o fortalecemento da cooperación e a consecución da educación de calidade para todos, a construción de sociedades do coñecemento integradoras e a preservación do patrimonio cultural.
CAL É O TEMA DESTE ANO?
 Cada ano, a UNESCO escolle un tema arredor do que xira a conmemoración do Día Internacional da Lingua Materna. Neste 2020, quere lembrar o valor dos idiomas que son á vez locais e transfronteirizos -como o quechua, que se fala en diferentes países de América Latina- para promover o diálogo pacífico e axudar a promover o patrimonio cultural dos pobos que os falan. Tamén o galego é, dalgunha maneira, unha lingua transfronteiriza, na medida en que serve como ponte con Portugal e, en xeral, coa lusofonía.
Texto recollido do PORTAL DA LINGUA GALEGA.

Dende o colexio,  queremos festexar a diversidade de linguas maternas que hai no centro. Para elo queremos facer unha homenaxe as familias que compoñen a nosa comunidade educativa facendo un mural coas súas fotografías. Por iso, pedimos que nos enviedes unha fotografía da vosa familia e que escribades debaixo a vosa lingua materna. 



15 feb 2020

O MERDEIRO, O NOSO ENTROIDO, A NOSA TRADICIÓN.



O merdeiro é un personaxe do entroido vigués de caracter popular.
Esta figura interprétase coma unha eterna rivalidade entre mariñeiros e labregos, entre a loita cotiá co mar e a tranquilidade do agro.
Durante o  Entroido, os mariñeiros transformábanse en merdeiros con a intención de expresar, con máis forza, as súas animosidades cos do agro. Acostumaban a vestirse ridiculizando aqueles elementos do traxe e aparellos de faena máis representativos e esaxerando o seu comportamento ante a sociedade. O merdeiro acostuma a vagar de xeito improvisado polas rúas da Zona Vella, corre, chota e berra asustando á xente coa vara e pronunciando verbas e frases malsonantes.
Texto recollido da web http://www.omerdeiro.org/






 Neste enlace tedes recursos para traballar o Entroido. 





12 dic 2019

Semana da Ciencia en Galego na Biblioteca

Do 25 ao 29  de novembro celebramos a «Semana da Ciencia en Galego na Biblioteca», para participar da celebración do mes da ciencia en galego nas bibliotecas que se celebra nese mes tódolos anos para levar a cabo unha maior difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento.

9 dic 2019

Semana de Tradición Oral_2019


Este curso celebramos a semana de Tradición Oral os días 6, 7 e 8 de Novembro coa actividade do "Teléfono Avariado", empregando os refrán e ditos polulares recompilados polo alumnado e as familias. Esperamos que vos guste e disfrutedes do video igual que todos nós disfrutamos da actividade.

31 oct 2019

EXPOSICIÓN DE CABAZAS 2019


Dende o Equipo de Normalización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca, convocámosvos a tódalas familias para a realización dunha expoxición de cabazas coa temática este ano da natureza, e temos que dicirvos que resultou todo un éxito. Todos e todas o pudéstedes comprobar esta semana do 28 ao 30 de outubro, xa que tivemos que dispor de catro mesas a máis do que se precisou o ano pasado por falta de espazo, para poder admirar todas as vosas creación artísticas.
Grazas pola vosa participación!
Todo un exemplo de familias implicadas na educación dos seus fillos e fillas.

EXPOSICIÓN DE XERRAS LITERARIAS

No mes de outubro, co gallo da celebración, o día 24, do "Día das Bibliotecas Escolares", o Equipo de Biblioteca e CARBI, convocamos a todalas familias a participar nunha exposición de Xerras Literarias co obxetivo de sacar dos contos toda a súa esencia. E este foi o resultado:




GRAZAS a tódalas familias participantes polo seu esforzo e interés!!

26 oct 2019

SAMAÍN/HALLOWEEN

Este é o "comemedos", que ven cada ano o día de Samaín. E chamamoslle así porque lle damos para comer todos os temores e medos que nos asustan, e as veces ata nos quitan o sono. 




Hai moitos anos chegaron a Galicia os pobos Celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e técnicos tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas. Samaín, cando as fronteiras entre o mundo dos vivos e o mundo dos mortos desaparecen... 


EXPOSICIÓN CABAZAS DE SAMAÍN.


3 jun 2019

Exposición do proxecto "Unha viaxe polo espacio"

Hoxe, todos puidemos coñecer o espacio moi a fondo con todo o que nos contaron os nosos compañeiros, sobre o que hai ahí fora no espacio exterior.
Felicitamos a tódolos grupos polo gran traballo realizado!


13 mar 2019

SEMANA DA MULLER NO CARBALLAL.

Elaborada polo grupo de mestras e mestres do IES Basella.




Elaborado por @flipped_primary


7 feb 2019

A famosa Gloria Sanchez visita o Carballal !!!

Gloria Sánchez visitou ao Carballal  para  responder as dúbidas do alumnado de cuarto e sexto sobre o libro " Dez piratas" e outros da autora. As preguntas foron moi variadas e curiosas. Ademais diso asinou os libros e uns porquiños que fixeron os nenos/as de cuarto e algúns nenos/as de sexto.
Gloria foi moi amabel con nós. Agora que está xubilada pode visitar colexios como o noso para aclarar e responder dúbidas doutros nenos/as.
Se queres ver máis pincha na imaxe.


18 dic 2018

O APALPADOR.

   O vello Apalpador, tamén chamado en zonas Apalpabarrigas, ou Pandegueiro en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos ás nenas e nenos a noite de ano vello (ou a de nadal). Baixa das devesas do Courel, entra pola noite nos cuartos das nenas e nenos e moi silenciosamente lles apalpa as súas barriguiñas por ver se están mantidos. Se están cheas dilles: «Así, así esteas todo o ano» e déixalles unha presa de castañas. Senón cala, pero tamén lles deixa as castañas.

   Para tranquilizar aos rapaces, bulideiros pola inquedanza da chegada do Apalpador, os pais cantábanlles esta canción:

Vaite logo, meu meniño (miña meniña)

marcha agora para a camiña

que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña.
Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.

Mañá é dia de cachela,

que haberá gran nevarada

e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.

Por aquela cemba

xa ven relumbrando

o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo
CONTOS.









CANCIÓNS. 








15 nov 2018

MAGOSTO NO CARBALLAL.

    
Queres saber como imos festexar o MAGOSTO??  
Pincha nas imaxes e poderás escoitar unha cuña de radio e un vídeo explicativo elaborados polos nenos e nenas de sexto.



Non esquezas comentar!!



24 oct 2018

SAMAÍN/HALLOWEEN

Samaín, cando as fronteiras entre o mundo dos vivos e o mundo dos mortos desaparecen. Para os pobos celtas isto simbolizaba o principio do ano céltico, a fin do verán e o comezo do inverno.  
Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para reunirse nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de Samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano pois, as portas do outromundo abríanse nestas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e as seus moradores para render contas inacabadas. Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as cabeiras ilumninadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes.








18 oct 2018

OLLO Á PUBLICIDADE!!

   



https://drive.google.com/file/d/1SISh_yfh1IKgYl2JpQoBBIAx5ECp1uga/view?usp=sharing    Pincha na imaxe para escoitar a fantástica cuña publicitaria que fixeron os nenos e nenas do equipo Galaxy de sexto de primaria para a nosa biblioteca.
  Carbi escoitouna con atención e está preparado. E vós?

De que será a publicidade?