Mostrando entradas con la etiqueta Obradoiros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Obradoiros. Mostrar todas las entradas

19 mar 2014

Talleres de Rosalía




Co gallo do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro o 24 de febreiro, o alumnado dos tres ciclos de Educación Primaria levou a cabo na biblioteca, tres talleres sobre a figura da escritora. Nos tres ciclos investigaron os momentos máis destacados da súa  vida, e sobre todo  a importancia que ten a figura de Rosalía na cultura galega. En 2º e 3º ciclo os nenos e nenas convertéronse en poetas, reinventando e reescribindo algún dos seus poemas máis coñecidos.

Por último creamos un blogue no que colgamos informacións de interese sobre a autora e tamén os  traballos que levamos a cabo sobre ela. 

 blog 

7 feb 2014

CIENCIA EN RUTA!

O día 6 de Febreiro fixemos unha actividade de "Ciencia en Ruta" na que o pasamos xenial.
O alumnado de Infantil traballou un obradoiro de dixestión moi divertido e o alumnado de Primaria creou foguetes de auga dignos de visitar a Estación Espacial Internacional.
Recordámosvos que este curso está dedicado á Ciencia nas Bibliotecas Escolares e xa dispoñedes de libros desta temática na exposición temporal.

O robot Marvin. Ciencia en Ruta













18 sept 2012

BENVIDOS/AS

Benvidos/as ao novo curso escolar!!!

Dende a Bibliocarbi estamos a traballar para achegar o marabilloso mundo da lectura as vosas familias.
Aquí vai a primeira recomendación:



TANXARINA CELEBRA O 25 ANIVERSARIO DE ‘TITIRICIRCUS’
CUN LIBRO CONMEMORATIVO EDITADO POR KALANDRAKA

As celebracións comezan o sábado en Redondela coa presentación do álbum e a proxección
dun documental, e seguen o domingo con dúas funcións da obra e outras actividades.

28 may 2012

LETRAS GALEGAS

Estiveron por aquí investigando sobre as Letras Galegas os nenos/as de 5 anos e os nenos/as de 2º.
Da gusto velos.


EN PRIMEIRO INVESTIGAN SOBRE OS POLBOS.

Estou moi contento, porque os nenos/as de primeiro viñeron investigar sobre os polbos a bibliocarbi.
Mirade que concentrados están.
 





18 may 2012

SEMANA PREHISTÓRICA

Esta semana o alumnado do 3ºciclo pasouse pola bibliocarbi para saber que era iso da prehistoria.

Preme na imaxe se queres ver o resultado. :-)

14 may 2012

COÑECEMENTO NA BIBLIOTECA, QUE BEN!!


Que agradable é contar coa visita dos nenos/as de 2º que viñeron traballar a biblioteca.


11 may 2012

LADRÓNS DE POESÍA.

    O outro día os nenos/as de 2º decidimos ir a biblioteca a... ROUBAR!!!
Si, fomos a roubar versos dos libros de poesía que ten Carbi.
Somos ladróns poetas, que romántico.

18 nov 2011

OBRADOIRO DE ÁRBORES.

Celebrouse na biblioteca un Obradoiro de árbores onde os nenos/as do 2º ciclo, e do 3º ciclo se fixeron expertos no tema. Xa sabedes, a biblioteca do colexio e un lugar onde un pode aprender moitas cousas, non deixedes de visitala.