Co gallo do
aniversario do nacemento de Rosalía de Castro o 24 de febreiro, o alumnado dos
tres ciclos de Educación Primaria levou a cabo na biblioteca, tres talleres
sobre a figura da escritora. Nos tres ciclos investigaron os momentos máis
destacados da súa vida, e sobre todo a importancia que ten a figura de Rosalía na
cultura galega. En 2º e 3º ciclo os nenos e nenas convertéronse en poetas,
reinventando e reescribindo algún dos seus poemas máis coñecidos.
Por último
creamos un blogue no que colgamos informacións de interese sobre a autora e
tamén os traballos que levamos a cabo
sobre ela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario