Na aula de tres anos, realizamos un experimento moi sinxelo que consiste en meter papel de seda en auga. Despois dun tempo quitamos os papeis e sabedes que pasou? A continuación podedes ver o resultado.
O 27 de marzo, na aula de tres anos tivemos a visita da nai de Mario, Leticia, que viu a contarlles aos nenos e nenas diversos aspectos da auga, Como por exemplo: Os estados nos que a podemos atopar, o ciclo que realiza e algunha cousa máis. Aquí tendes un resumo da súa visita.
Na aula de catro anos, tivemos a visita da nai de Xián, Estela,quen nos explicou como se forman as moléculas de auga e ademáis tamén realizou un experimento. Aquí vos deixamos unha pequeña mostra da súa visita.
No mes de marzo, acudiu as nosas aulas de 5 e 3 anos Pedro, o pai de Nerea e Mario, para realizar aos nenos e nenas uns experimentos coa auga. Como colofón final este pai regalou pompeiros aos cativos para xogar coa auga. Aquí tendes una mostra desta visita e da gran aportación deste pai ao noso proxecto:
ANTES DE COMEZAR A TRABALLAR O TEMA DA AUGA E ALGÚNS DOS EXPERIMENTOS QUE IMOS FACER CON ELA, NAS AULAS DE INFANTIL, HABILITAMOS UN RECANTO PARA COLOCAR A INFORMACIÓN QUE FOMOS RECABANDO DAS FAMILIAS OU DOUTRAS FONTES PARA TRABALLAR ESTE PROXECTO. AQUÍ TENDES OS NOSOS RECANTOS:
NAS AULAS DE INFANTIL TRABALLAMOS O PROXECTO DA BIBLIOTECA: "ESTE ANO MOLLÁMONOS" , QUE TEN COMO EIXO CENTRAL "A AUGA". CENTRÁMONOS PRINCIPALMENTE, EN EXPERIMENTOS SINXELOS QUE PODERÍAMOS FACER AXEITADOS Á IDADE DO ALUMNADO. PARA COMEZAR O PROXECTO TIVEMOS A VISITA NAS AULAS DALGUÉN MOI ESPECIAL, A PINGA LINDA, QUE NOS TROUXO UNHA CARTA PARA QUE PENSÁSEMOS NO TEMA.