Mostrando entradas con la etiqueta Día do Libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día do Libro. Mostrar todas las entradas

23 may 2018

Un mes de contos no Carballal

Como cada ano, abril convertese no mes do libro no noso colexio.
Neste mes os nenos/as de 3º,4º,5º e 6º preparan un conto en grupo e llo van a contar aos nenos/as de Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria e tamén a os avos e avoas que esperan ansiosos e con moita ilusión os seus contos.
Moitas gracias a tódolos nenos/as que fixeron posible esta fantástica actividade!

26 abr 2018

Día do Libro: "Apadriñamentos Lectores"

O día 23 de abril, e para celebrar o Día do Libro, realizamos a actividade de Apadriñamentos Lectores. Cada un dos nenos maiores de 2º a 6º,  buscou un lugar do patio onde lle leu un conto a un dos nenos ou nenas máis pequenos de 3 anos a 1º de primaria. Aproveitando o marabilloso día, disfrutaron moito todos eles, tanto os pequeniños como os maiores. Aquí mostramos algunhas fotos onde se lles ve como o disfrutaron.

24 abr 2015

DÍA DO LIBRO. APADRIÑAMENTOS LECTORES.

Hoxe e mañá, seguindo coas actividades polo Día do Libro, os alumnos de 2º a 6º apadriñan os máis pequenos léndolles un libro no patio.

22 abr 2015

Libros Fóra

Como cada ano, e coincidindo coa celebración do Día do Libro, os nenos e nenas do CEIP Pluril. Carballal-Cabral, saimos a disfrutar da lectura ao aire libre.

30 abr 2014

SEMANA DA LECTURA AO AIRE LIBRE.


Coa chegada do bo tempo e coincidindo coa celebración do Día do Libro, había que saír a ler fóra. 


23 abr 2014

23 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO.

   Esta data (23 de abril) foi escollida para celebrar o "DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO" xa que coincidía co óbito de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.

   A continuación tendes un conxunto de curtas que teñen como tema central os libros, eses obxectos máxicos que nos transportan a multitude de paisaxes e nos permiten converternos no que queiramos... Unha bruxa no deserto, un príncipe  na selva, un capitán pirata nunha illa, unha arqueóloga, un historiador...

FELIZ DÍA DO LIBRO A TODOS/AS!


6 abr 2014

Celebración do

O pasado día 2 de abril,  para celebrar este día especial,  cada familia elaborou unha ficha de recomendación dun libro que lles gustou especialmente. Esta ficha puideronna pegar persoalmente no mural colocado na entrada do colexio.

7 may 2013

Recomendacións literarias. 3º e 4º de Primaria

O 23 de Abril celebrouse o día do Libro. Xa sabedes que quen ten un libro, ten un tesouro e estamos seguros de que todos vós tedes un libro (polo menos) ao que lle tedes un cariño especial.

Nós decidimos celebrar o Día do Libro lembrando os nosos Libros Amigos e facendo unhas video-recomendacións para compartilos con vós. Non perdades ningunha porque son xeniais!
Lembrade que podedes ampliar os vídeos e poñelos a pantalla completa

                        
               Alejandro, Izan, Lucía A.                                   Paula, Diego, Pablo

                       
               Ramón, Ione, Luci P.                                     Raquel, Xián, Ainhoa, Uxía

                         
                Samuel, Paula, Anxo, Alba D.                           Yvette, Nico, Alba A., Manuel

23 de Abril. Día do Libro. Libros fóra

A semana do 23 de Abril, Día do Libro, aproveitamos o bo tempo que tiñamos e os espazos verdes dos que dispoñemos no cole para sacar os libros ao patio durante a hora de lectura.

Pasámolo xenial. Deixámosvos unha mostra do ben que o pasamos en infantil e tamén en Primaria