Mostrando entradas con la etiqueta Illas e faros no 2º ciclo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Illas e faros no 2º ciclo. Mostrar todas las entradas

2 jul 2014

CARBI MEETS... GALICIA!

1st and 2nd grade took Carbi to some of the best locations in Vigo like the Zoo, Samil Beach, García Barbón theatre, Balaídos, the airport of Vigo, Carballal School... and many others.
There, Carbi lived adventures and discovered our beautiful city. 

3rd and 4th grade took Carbi to the place he knows better: the sea. Carbi visited many lighthouses like Illa Pancha, Fisterra, Tower of Hércules and others. And also visited some of the islands in Galicia like San Simón, Ons, Cíes...
He spent a good time with pirates and marine creatures such as penguins, mermaids, jellyfish and others. 

With 5th and 6th grade Carbi discovered many places in Galicia, all along the way to Compostela. He visited Triacastela, Arzúa, Melide... and many others. 
Carbi now can wear the scallop shell proudly! 

12 jun 2014

O Proxecto de Illas

Xa hai algo de tempo que rematamos o proxecto das Illas de Galicia e agora compartímolo con vós.
Nesta parte do proxecto Illas e Faros elaboramos mapas temáticos sobre a costa de Galicia.
Neles tratamos temas tan amplos como as rías de Galicia, a economía costeira de Galicia, a biodiversidade da costa de Galicia e o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Aquí estamos traballando concienzudamente...




E aquí co resultado do noso traballo!


3 mar 2014

Proxecto Illas e Faros de Galicia

Rematamos a primeira parte do noso proxecto! Os Faros de Galicia.




Comezamos debuxando un dos faros máis famosos de Galicia. Deixámosvos unhas imaxes da Torre de Hércules vista con ollos de nen@.




Despois realizamos unha investigación por equipos, na que traballamos catro faros: O Faro de Illa Pancha en Ribadeo, O Faro da Illa de Ons, O Faro da Illa do Medio das Illas Cíes e o Faro de Fisterra.






Deixámosvos aquí os resultados

A Galicia vente xa!

Para celebrar que rematamos a parte de Faros do proxecto Illas e Faros de Galicia, queremos deixarvos esta canción de Xosé Manuel Budiño. Foi o vídeo promocional do Xacobeo 2004 e conta coa colaboración de representantes da cultura galega como son Mercedes Peón, Yolanda Castaño e Nova Galega de Danza entre outros.

Tamén hai representantes de outras culturas que descubriron a beleza de Galicia e participaron da súa promoción: Karen Matheson (Escocia), Alberto Mvundi (Angola), Johnny Kalsi (Británico con ascendente Indio), Bidinte (Guinea-Bissau)


Sabedes en qué Faro de Galicia se gravou este vídeo?

30 ene 2014

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Comezamos vendo unhos videos e curtas relacionados co tema da Paz e adpatados as distintas edades. A continuación lemos un fermoso Kamishibai feito por todos os nenos/as do colexio, que ademais compartimos cos nosos amigos e amigas do colexio CEIP Eduardo Pondal.


A POMBA MARIPAZ from Carballal on Vimeo.

Rematamos a celebración creando a pomba da Paz coas nosas mans e recibindo os agasallos que nos enviaron a nós os nenos/as do CEIP Eduardo Pondal.