Mostrando entradas con la etiqueta Samaín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Samaín. Mostrar todas las entradas
14 nov 2023
Os nosos contos de Samain / Our Halloween Stories
4 nov 2019
Exposicións literarias
Etiquetas:
1º ciclo,
2º ciclo,
3º ciclo,
EDLG,
Exposicións,
Gloria Sánchez,
Infantil,
Novidades,
Samaín
31 oct 2019
EXPOSICIÓN DE CABAZAS 2019
Dende o Equipo de Normalización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca, convocámosvos a tódalas familias para a realización dunha expoxición de cabazas coa temática este ano da natureza, e temos que dicirvos que resultou todo un éxito. Todos e todas o pudéstedes comprobar esta semana do 28 ao 30 de outubro, xa que tivemos que dispor de catro mesas a máis do que se precisou o ano pasado por falta de espazo, para poder admirar todas as vosas creación artísticas.
Grazas pola vosa participación!
Todo un exemplo de familias implicadas na educación dos seus fillos e fillas.
26 oct 2019
SAMAÍN/HALLOWEEN
Este é o "comemedos", que ven cada ano o día de Samaín. E chamamoslle así porque lle damos para comer todos os temores e medos que nos asustan, e as veces ata nos quitan o sono.
Hai moitos anos chegaron a Galicia os pobos Celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e técnicos tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas. Samaín, cando as fronteiras entre o mundo dos vivos e o mundo dos mortos desaparecen...
25 oct 2018
24 oct 2018
SAMAÍN/HALLOWEEN
Samaín, cando as fronteiras entre o mundo dos vivos e o mundo dos mortos desaparecen. Para os pobos celtas isto simbolizaba o principio do ano céltico, a fin do verán e o comezo do inverno.
Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para reunirse nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de Samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano pois, as portas do outromundo abríanse nestas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e as seus moradores para render contas inacabadas. Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as cabeiras ilumninadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes.
25 oct 2017
Recursos Samaín
Aquí neste Webmix creado por Paxariña de Papel, podedes atopar unha colección de recursos educativos relacionados co Samaín.
26 oct 2014
Samáin
30 oct 2013
Feliz Samaín!
O 30 de Outubro celebramos a festividade de Samaín. Pasámolo xenial cos nosos gorros de bruxa, cos contos e historias e coas rimas, cancións e bailes que, como todos os anos, fixeron desta festa un día máxico.
Tamén tivemos a tradicional exposición de cabazas e elaboramos contos de Samaín.
As historias que escoitamos foron: "A figueira de pelos tortos", "Non teño medo", "The witches house" e "The kingdom of witches".
Deixámosvos aquí o vídeo de "The kingdom of witches" para que recordedes esta celebración.
3 nov 2012
Traballos de Samaín
Noraboa a todos os rapaces e rapazas que participastes na WebQuest do Samaín elaborando murais e contos!
Se queredes ver os resultados, premede nas imaxes.
![]() |
| 3º Ciclo |
![]() |
| 2º Ciclo |
16 oct 2012
Chega o Samaín!
Achégase o 31 de Outubro, día de Samaín; unha data con moita historia xa que na época dos celtas sinalaba a fin do verán e o comezo do inverno.
Para celebrar esta festa propoñévosvos unha serie de actividades para os diferentes ciclos ás que poderedes acceder facendo clic nas imaxes.
![]() |
| Infantil e 1º Ciclo |
![]() |
| 2º Ciclo |
![]() |
| 3º Ciclo |
2 nov 2010
A VISITA DE HORRIPILUS!!
Como xa sabedes Horripilus veunos visitar o día do Samaín, convidado por Carbi, para que levase todos os nosos medos.E así o fixo, levounos os berros de medo e os nosos medos, pero deixounos un pequeno recordo, que non é mais que iso, un recordo do que eran os medos dos nen@s do Carballal. Aquí os tedes!!
27 oct 2010
LECTURAS PARA SAMAIN
Temos que aproveitar o tempo, e o voso compañeiro Carbi preparouvos unha serie de libros do SAMAIN que podedes ler e desfrutar na compaña dos vosos. Aquí tedes libros para os mais peques, para os adultos e para os nosos pais!!!
ACHÉGASE O SAMAÍN!!!!
Parece que esta preto o Samaín, e para ir comenzando aqui tedes unha terrorífica canción para irnos poñendo o día. Ánimo e a cantar!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











