O 30 de Outubro celebramos a festividade de Samaín. Pasámolo xenial cos nosos gorros de bruxa, cos contos e historias e coas rimas, cancións e bailes que, como todos os anos, fixeron desta festa un día máxico.
Tamén tivemos a tradicional exposición de cabazas e elaboramos contos de Samaín.
As historias que escoitamos foron: "A figueira de pelos tortos", "Non teño medo", "The witches house" e "The kingdom of witches".
Deixámosvos aquí o vídeo de "The kingdom of witches" para que recordedes esta celebración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario