Mostrando entradas con la etiqueta O apalpador. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O apalpador. Mostrar todas las entradas

18 dic 2018

O APALPADOR.

   O vello Apalpador, tamén chamado en zonas Apalpabarrigas, ou Pandegueiro en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos ás nenas e nenos a noite de ano vello (ou a de nadal). Baixa das devesas do Courel, entra pola noite nos cuartos das nenas e nenos e moi silenciosamente lles apalpa as súas barriguiñas por ver se están mantidos. Se están cheas dilles: «Así, así esteas todo o ano» e déixalles unha presa de castañas. Senón cala, pero tamén lles deixa as castañas.

   Para tranquilizar aos rapaces, bulideiros pola inquedanza da chegada do Apalpador, os pais cantábanlles esta canción:

Vaite logo, meu meniño (miña meniña)

marcha agora para a camiña

que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña.
Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.

Mañá é dia de cachela,

que haberá gran nevarada

e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.

Por aquela cemba

xa ven relumbrando

o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo
CONTOS.









CANCIÓNS. 








18 dic 2013

O conto de "O Apalpador"

     Coma todos os anos por estas datas, o Apalpador baixa dende o Courel a visitar aos nenos e nenas galegos e deixarlles agasallos. Entra pola noite nos seus cuartos, mentres están durmidos, e apálpalles a barriga para ver se están mantidos. Despois deixa os agasallos e unha presa de castañas sobre a mesiña de noite.

     Queredes saber máis? 
     Pois non tendes máis que pinchar nos seguintes enlaces e gozar cos contos deste entrañable personaxe galego. 


O conto do apalpador

Aquí podemos ver algunhas fotos da actividade, pero ata a volta das vacacións non poderemos mostralas todas: 

5 dic 2011

O CONTO DO APALPADOR.

Todos/as  sabedes que se achega o Nadal, fálase moito de Santa Claus, dos Reis Magos, e incluso de outros personaxes máxicos que levan regalos aos nenos e nenas de outros lugares. Pero aqui, en Galiza temos un personaxe propio, que ven a agasallar aos nenos e nenas polo Nadal dende fai moitos, moitos anos, é o ... APALPADOR. Deixovos aquí un vídeo onde nós contan a súa historia.