Co motivo do Día das Bibliotecas Escolares as Mochilas Viaxeiras comezaron a súa viaxe polos distintos fogares. Sandra foi a primeira en disfrutar da mochila do 2º Ciclo.
4 nov 2013
Comeza a viaxe da Mochila Viaxeira
Etiquetas:
Día das bibliotecas escolares,
Mochila viaxeira
30 oct 2013
Feliz Samaín!
O 30 de Outubro celebramos a festividade de Samaín. Pasámolo xenial cos nosos gorros de bruxa, cos contos e historias e coas rimas, cancións e bailes que, como todos os anos, fixeron desta festa un día máxico.
Tamén tivemos a tradicional exposición de cabazas e elaboramos contos de Samaín.
As historias que escoitamos foron: "A figueira de pelos tortos", "Non teño medo", "The witches house" e "The kingdom of witches".
Deixámosvos aquí o vídeo de "The kingdom of witches" para que recordedes esta celebración.
23 oct 2013
EXPOSICIÓN TEMÁTICA: SAMAÍN
Preparándonos para Samaín, xa temos no expositor os libros relacionados co tema. Podedes disfrutar deles nas sesións de lectura:
DIA DAS BIBLIOTECAS E TRADICIÓN ORAL
O 24 de outubro celebrase o día internacional das Bibliotecas.
No noso Colexio, a causa da folga que afecta ao ensino, trasladaremos a súa celebración, ao día seguinte día 25.
A actividade fundamental que vamos a levar a cabo, consistirá na lectura dun conto empregando o sitema de "streaming", que consiste na emisión da lectura do conto en directo a través de internet. Tamén aproveitaremos para celebrar a semana da tradición oral.
7 oct 2013
PROXECTO DAS MEIGAS
O alumnado de Infantil durante este curso investigará sobre uns personaxes moi importantes na historia de Galicia, as meigas, xa que como din por ahí: "habelas hailas". Para comezar decoramos a nosa entrada ao edificio cun mural e uns móviles.
PROXECTO: AS MEIGAS
O alumnado de Infantil ao longo deste curso traballará o proxecto das "Meigas". Este proxecto englóbase dentro da proposta de traballo feita dende a biblioteca que ten como tema principal "Galicia". Con él preténdese que o alumnado coñeza un dos personaxes máis míticos da nosa terra. Xa que como din por aí "habelas hailas". Para comezar o proxecto o primeiro que fixemos foi decorar a entrada do noso edificio.
27 sept 2013
CURSO 2013-2014
CARBI DAVOS A BENVIDA A UN NOVO CURSO ESCOLAR
ONDE O NOSO LEMA SERÁ:
"VIVAMOS COMO GALEGOS, COÑEZAMOS GALICIA"
A BIBLIOTECA ABRIRÁ AS SÚAS PORTAS A PARTIR DO DÍA 1 DE OUTUBRO
3 jul 2013
1 jul 2013
ROBERTO VIDAL BOLAÑO II.
Comezamos facendo os carteis de Roberto Vidal Bolaño e agora por fin chegaron os nosos vídeos.
Etiquetas:
actividades,
Educación Documental,
Letras Galegas
26 jun 2013
VISITOUNOS ELVIRA PÉREZ
Este ano o alumnado de Educación Primaria mergullouse no estupendo libro "A contar ovellas".
Ao final, visitounos Elvira Pérez a autora. Contounos moitas cousas, e pasámolo xenial.
Aquí está o vídeo da súa visita.
.
Ao final, visitounos Elvira Pérez a autora. Contounos moitas cousas, e pasámolo xenial.
Aquí está o vídeo da súa visita.
CHEGARON OS NOSOS CONTOS!
Por fin chegaron a nosa biblioteca os contos feitos por todos os nenos e nenas do colexio.
Traballamos arreo durante todo o ano para facelos, pero mereceu a pena!
Traballamos arreo durante todo o ano para facelos, pero mereceu a pena!
18 jun 2013
Aquí esta o noso CONTO VIAXEIRO de 3º CICLO!!!
3 jun 2013
Carbi meets... Fairy Tales!!
During this school year, Carbi left the walls of the library and went out looking for adventure.
He went to palaces, forests, lakes and seas... he even spent a few days in Paris!1 jun 2013
CONTOS CLÁSICOS: SEGUNDO CICLO.
Xa escollemos o título do noso conto grupal: "O mundo de metal".
Estamos rematando as últimas pinceladas, esperamos expoñer o resultado en breves.
Só nos falta encuadernar e publicitar, ser editores da moito choio!
Nas seguintes imaxes podedes ver o noso traballo cando:

- Escribimos contos a partires de imaxes (personaxe + lugar + obxecto máxico)
- Comezamos a ilustrar o noso conto.
- Escollemos o título do conto grupal.
- Ilustramos "Carbi coñece a..." Conto grupal elaborado por todos os nenos e nenas do colexio na clase de Plástica.
Etiquetas:
actividades,
Contos clásicos segundo ciclo,
Educación Documental
QUEN É CASTELAO?
Quen é Castelao?
Imos facer unha visita a bibliocarbi para averigualo.
Conseguirémolo?
Pois claro que si!
Imos facer unha visita a bibliocarbi para averigualo.
Conseguirémolo?
Pois claro que si!
Etiquetas:
actividades,
Educación Documental,
Formación de usuarios
TALLER DE POESÍA: UN SOMBREIRO, UN POEMA CANTAREIRO.
Todo comezou con un sombreiro...
Que poema vai co teu sombreiro?Carbi esconderá algún poema especial para ti na biblioteca?
Podes ser un/unha pirata, unha bruxa, unha bailarina ou bailarín, unha domadora ou domador de circo, un rei, unha raiña ... en fin podes ser o que queiras.
Pensando, rimando, escribindo e traballando non sabemos moi ben como, pero chegamos ao AMOR e tamén ao DESAMOR e nese mesmo intre acordamos escribir o noso propio libro de poemas.
Velaquí está!
Etiquetas:
actividades,
Educación Documental,
Formación de usuarios,
Poesía
CARTEIS DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO
Despois de moito investigar, xa resolvemos a primeira tarefa que nos pedía a webquest de Roberto Vidal Bolaño.
Velaquí tedes os resultados:
Etiquetas:
actividades,
Educación Documental,
Letras Galegas
OS CONTOS: AULA DE 4 ANOS.
Os nenos e nenas de 4 anos gozamos moitísimo traballando os contos que tanto nos gustan.
Traballamos as fórmulas de comezo e final, cales son os obxectos máxicos dos contos, as personaxes... escollemos o Gato con Botas como nome de aula.
Para rematar todo este traballo escribimos o noso propio conto "Trogloditas" que xurdiu nun momento de loucura...
Querédelo ver? Esperamos que vos guste tanto como a nós.
OS CONTOS: AULA DE 3 ANOS.
As nenas e nenos de tres anos pasámolo xenial traballando o conto de Riciños de ouro.
Estamos rematando as nosas creacións, prestade moita atención porque axiña estarán colgadas no blogue.
31 may 2013
PSICOMOTRICIDADE: FÁBULA DA LEBRE E A TARTARUGA
Os nenos de Infantil representamos a "Fábula da lebre e a tartaruga" en psicomotricidade.
Fomos a tartaruga indo paseniño pero sin pausa e tamén fomos a fachendosa lebre, correndo moi rápido e deitándonos a comer amorodos e a durmir unha sesta.
Fomos a tartaruga indo paseniño pero sin pausa e tamén fomos a fachendosa lebre, correndo moi rápido e deitándonos a comer amorodos e a durmir unha sesta.
PINTURAS RUPESTRES.
Despois de investigar sobre a Prehistoria, atopamos un libro na biblioteca onde nos explicaba paso por paso como se facían as pinturas rupestres. Que sorte!!
Puxémonos mans á obra e este foi o resultado.
Puxémonos mans á obra e este foi o resultado.
Etiquetas:
Educación Documental,
Formación de usuarios
30 may 2013
PROXECTO: "SEA OF TALES"
Nas clases de inglés tamén traballamos os contos clásicos:
1. Coñecemos o vocabulario e expresións máis típicas deste tipo de historia: como empeza, como rematan, as persoaxes, os lugares nos que pasan os feitos...
2. Todo o alumnado de 1º a 5º de Educación Primaria fomos a ver unha obra de teatro en inglés sobre o conto clásico "The jungle book". Para a correcta compresion e disfrute da obra, traballamos previamente nas clases de inglés tanto o vocabulario como as cancións, as cales nos gustaron moito.
Jungle Book on PhotoPeach
presentación Jungle Book from Carballal on Vimeo.
3. Os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria realizaron un traballo de investigación buscando información sobre o autor desta historia: Rudyard Kipling
4. Os máis pequenos xogaron a descubrir a que conto corresponde cada un dos títulos en inglés das historias.
English tittles of stories from Carballal on Vimeo.
5. O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria buscou información sobre os irmáns Grimm, autores de moitas das máis famosas historias clasicas coñecidas.
Brother Grimm from 3º ciclo on Vimeo.
6. Os alumnos de 6º prepararon distintos contos en inglés para contarlle a o resto dos nenos do colexio:
Sin tÃtulo from Carballal on Vimeo.
Hansel and Gretel from 3º ciclo on Vimeo.
Jungle Book on PhotoPeach
presentación Jungle Book from Carballal on Vimeo.
3. Os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria realizaron un traballo de investigación buscando información sobre o autor desta historia: Rudyard Kipling
4. Os máis pequenos xogaron a descubrir a que conto corresponde cada un dos títulos en inglés das historias.
English tittles of stories from Carballal on Vimeo.
5. O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria buscou información sobre os irmáns Grimm, autores de moitas das máis famosas historias clasicas coñecidas.
6. Os alumnos de 6º prepararon distintos contos en inglés para contarlle a o resto dos nenos do colexio:
- Ruth, David e Aine prepararon "Little Red Riding Hood" para contarlle a os nenos e nenas de Educación infantil.
- Aida, Mario e Nerea prepararon "Hansel and Gretel" para contarlle aos nenos e nenas de 1º ciclo de Educación Primaria.
Caligramas nos contos, publicitamos o noso conto, dramatización de contos, conto viaxeiro e Teatro Negro
Caligramas nos contos, publicitamos o noso conto, dramatización de contos, conto viaxeiro e Teatro Negro
Descripción de paisaxes dos contos, poemizamos os contos e empezamos a crear o noso propio conto.
Descripción de paisaxes dos contos, poemizamos os contos e empezamos a crear o noso propio conto.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)