Este ano o tema do proxecto de
biblioteca é “Coñezamos Galicia. Vivamos
coma galegos!”, por iso, no canto de
enviar o conto viaxeiro, este ano imos facer o mapa viaxeiro.
Solicitámoslles as familias que participen
nesta actividade situando no mapa un lugar de Galicia que visitasen e lles
gustase. Poderán contar que é o que máis lles gustou dese lugar, por que o recomendarían,
que monumentos ou institucións visitaron, etc. Tamén poderán ilustrar a páxina do mapa
viaxeiro ou pegar fotografías. Os traballos serán entregados con data límite o 9 de
xaneiro de 2014.
No hay comentarios:
Publicar un comentario