18 may 2016
CONTACONTOS DE NAIS E PAIS.
Coma noutras ocasións, as nais e pais do colexio fixéronnos unha visita para contar contos. A experiencia foi xenial e os contos estupendos. Velaquí unhas fotos.
5 may 2016
APADRIÑAMENTOS LECTORES
Outra das actividades que fixemos para o Día do Libro foron os apadriñamentos lectores cos alumn@s de Infantil.
Mirade que atentos estaban!!!!
Mirade que atentos estaban!!!!
4 may 2016
LIBROS FÓRA
Como cada ano e coincidindo coa celebración do Día do Libro saímos a disfrutar da lectura ao sol.
Mirade como o pasamos...
Mirade como o pasamos...
22 abr 2016
18 abr 2016
OS NOSOS PRIMEIROS PASOS CO PROXECTO
Nas aulas de Infantil xa empezamos a dar os nosos primeiros pasos co Proxecto deste curso "O cine", para eso empezamos a ambientar as nosas aulas, creando os nosos recantos do Proxecto e recabando información sobre o tema. Aquí tendes unha pequena mostra do noso traballo.


13 abr 2016
Contacontos por un día
Do 27 de marzo ao 9 de abril os alumnos de 2º, 3º, 4º e 5º de Educación Primaria, convertironse en contacontos por un día, para ir a contarlle contos aos pequenos do colexio. Tanto os contadores dos contos como os espectadores, disfrutaron moitísimo desta aventura.
TRADICIÓN ORAL
Xa estamos colgando os traballos de tradición oral. O iremos actualizando pouco a pouco.
10 abr 2016
IX Certame Literario
Convócase unha nova edición do Certame Literaio do CEIP Plurilingüe Carballal-Cabral. Xa vamos pola IX edición:
Bases do concurso:
- 1º curso
- 2º curso
- 2º ciclo
- 3º ciclo
- Nais/pais
- Familias
Grazas de antemán pola vosa participación!
- Os traballos deben ser entregados en tamaño A4, cunha extensión máxima de tres folios por unha sola cara. Poden ser manuscritos ou mecanografiados e poden vir acompañados de debuxos.
- Os traballos deben ser inéditos e en galego.
- As modalidades do Certame son dúas: poesía e narrativa.
- Só se poderá participar nunha categoría, que se indicará no relato xunto ao nome ou nomes dos autores.
- As categorías de participación son:
- 1º curso
- 2º curso
- 2º ciclo
- 3º ciclo
- Nais/pais
- Familias
- A DATA LÍMITE de entrega dos traballos é o 6 de maio.
Grazas de antemán pola vosa participación!
29 mar 2016
XVII SALÓN DO LIBRO Infantil e Xuvenil de Pontevedra
Xa está aquí de novo o Salón do Libro en Pontevedra cunha manchea de actividades dende o 1 ao 23 de abril. Este ano rodeado de animais, grandes e pequenos, reais e imaxinarios, ... CANTA BICHERÍA!.
Consuñltade toda a información picando na imaxe.
Consuñltade toda a información picando na imaxe.
27 mar 2016
Storytellers
In the week from the 14th to the 18th of march, the kids of 6th grade became storytellers for the little kids of our school. The told 5 stories in groups of three:
Uxía, Olalla and Paula told the story "Catch a Star"
Ramón, Raquel and Guillermo told "Draw me a Star"
Diego, Pablo and Xian told "Say Hello to the Snowy Animals"
Jorge, Lucía and Alejandro told "Cock a Mooo, Mooo"
And Izan, Ione and Ainhoa told
11 mar 2016
A MIÑA PELÍCULA FAVORITA
Os primeiros pasos para gravar unha película, e coñecer unha película. Para iso, fixemos un pequeno estudio a cerca da nosa película favorita, da película que máis nos gustou: cal é o seu título orixinal, a súa linguaxe orixinal, o director, productor, vestiario,...
8 mar 2016
Traballando coa poesía
Na semana da poesía estivemos xogando coas mesmas. Para iso collimos na biblioteca distintos libros de poemas, buscamos o poema que nos gustou máis e...... A xogar!!! Con eles podes facer acrósticos, adxetivación, unha ensalada de versos, versos encadenados, supostos, definicións,..... Os alumnos de 5º e 6º de primaria decidimos facer caligramas cos poemas elexidos.
8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Dende a Biblioteca non queremos deixar pasar este día, por iso fiemos unha selección de material bibliográfico sobre mulleres, de mulleres e para todos. Esperamos que vos guste.
25 feb 2016
Día de Rosalía
Para celebrar o Día de Rosalía durante esta semana imos traballar a poesía nos distintos niveis. Tamén fixemos unha escolma de recursos para motivar os nenos a ler poesía.
30 ene 2016
Un bo punto de partida: un libro
O noso comezo foi no nadal cun bo agasallo: este libro; para poder levar a cabo o noso proxecto: publicar unha película.
Stop Wars
Por aquí comenzaremos, no entroido de stop wars iremos para comezar a nosa "gravación"....
Os planos no cine
Para facer unha película que plano vamos a empregar???
Linguaxe no cine
Así se comunica no cine sen falar
Xéneros do cine
Qué tipo de pelicula vamos a facer??? a coñecer os xéneros do cine para poder elexir.
Estudio da miña película favorita
Vexo a miña película favorita e ....¿qué teño que saber dela? Aquí están algúns dos aspectos que podo investigar.
Como se fai unha película
Aqui están os pasos para poder facer a nosa película
17 dic 2015
Buscamos amigo para Carbi
Benqueridos amigos e amigas,
Voume aburrir moito eu soiño!
A min, gustaríame ter algún amigo ou amiga
aquí no colexio con quen xogar mentras vós non estades, e por iso vos pido que entre
todos me busquedes un compañeiro ou compañeira.
Ocurriuseme que este amiguiño/a teña
tamén unha tarefa igual ca min. Eu coido da
biblioteca e el ou ela, podería ser a mascota da aula de informática e coidar
de tódolos ordenadores.
Espero que me axudedes a atopar a alguén!
Moitos bicos.
Carbi
CONCURSO
DE MASCOTAS PARA A AULA DE INFORMÁTICA
-Debuxo en folio tamaño normal (A4) .
-Materiais: pódense empregar todo tipo de
materiais (ceras, lápices, acuarelas, témpera…) pero non se permiten volúmenes.
-Data
límite: 11 de xaneiro (á volta de vacacións) .
-Entregar as titoras/es.
-Premio: “O mellor de todos”
13 dic 2015
Cinema English Projects
WEB RESOURCES FOR THE PROJECTS
Recursos- Ameaza Pantasma
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




