18 abr 2013

CONTACONTOS GRATUITO.


          Ola rapaces! Sabíades que  Parque Nacional MT das Illas Atlánticas de Galicia está a presentar tódolos domingos do mes de abril e maio o Contacontos "A gaivota Antón". Xa sabedes, se queredes pasalo xenial algún destes domingos ide visitar a Antón, lembrade que a entrada é gratuira, pero o aforo é limitado. 




4 abr 2013

Actividades Proxecto Contos Clásicos

Ola a todos e todas!

Hoxe preséntovos as actividades dispoñibles para traballar os contos clásicos.

Na columna da dereita tedes tres enlaces:
  1. Actividades da Aula Virtual. Organizadas por ciclos
  2. WebQuest de autores
  3. WebQuest de contos
Non vos esquezades de visitalos. Un saudiño!

16 mar 2013

8 de Marzo. Día da Muller.

O 8 de Marzo celebrouse o Día da Muller.
No cole decidimos facer un mural homenaxeando ás mulleres que coñecemos e ás que admiramos pola dedicación ao seu traballo, sexa fóra da casa, na casa ou en ambos lugares. Moitos parabéns a todas!

Proxecto de Contos Clásicos en 2º Ciclo

Ola a todos e todas! Carbi está moi contento co traballo do alumnado de 2º Ciclo como biógrafos!
Xa está rematada esta actividade e temos unha exposición sobre os autores de Contos Clásicos na biblioteca. Non deixedes de visitala!
Atoparedes información sobre os Irmáns Grimm, Andersen, Perrault, Carlo Collodi e Gianni Rodari así como unha pequena escolma das súas obras.
Para que non perdades detalle, deixámosvos unhas fotos.



Tamén vos deixamos unhas imaxes do comezo da seguinte parte do proxecto. Agora que xa sabemos moito sobre a vida dos autores, imos a convertirnos nós mesmos en autores de conto... Xa estamos empezando a imaxinar historias, a ver o que sae destas mentes tan espertas!


Cóntasme un conto? En Primaria

O alumnado de Primaria tamén desfrutou das nais e pais contacontos.
Escoitamos grandes historias como "O traxe novo do emperador", "A princesa e o chícharo" ou "A Casiña de Chocolate".
Pasámolo en grande e vivimos as historias coma si estivesemos dentro delas, e todo gracias á destreza das nais e pais colaboradores, aos que agradecemos enormemente a súa participación.
Compartimos con vós algunhas imaxes.

7 mar 2013

Cóntasme un conto?

No mes de febreiro, os alumnos e alumnas de Infantil, tiveron a visita dalgunhas nais e pais que viñeron a biblioteca a contarnos un conto clásico como por exemplo: os Músicos de Bremen, Carapuchiña, Pinocho ou o Parrulo Feo. Foi unha experiencia moi gratificante, é por iso que queremos agradecer aos pais e nais participantes a súa colaboración.
Aquí tendes unha mostra do ben que o pasamos nesta actividade.
 
 
CONTASME UN CONTO? on PhotoPeach

27 feb 2013

Cantares Gallegos

As poesías de Rosalía de Castro son unha mostra marabillosa da literatura de Galicia, xa que nelas falaba de diferentes aspectos que tiñan que ver coa sociedade e natureza galega: a emigración, a paisaxe, a cultura popular, o amor e o desamor...
Deixámosvos unha mostra. Agardamos que vos guste tanto como a nós.










26 feb 2013

Aniversario de Cantares Gallegos

Na biblioteca, fixemos diversas actividades co motivo do Aniversario de Cantares Galegos, aquí queda un reflexo das mesmas.

  
2º Ciclo                                                                            3º Ciclo



19 feb 2013

150 ANIVERSARIO DE "CANTARES GALLEGOS"

O vindeiro 24 de febreiro celebraremos o 150 aniversario da primeira edición do libro "Cantares gallegos" de Rosalia de Castro.
Para que aprendades máis sobre a autora déixovos esta presentación, elaborada polo  CEIP Sal Lence.
Tamén podedes consultar os seguintes enlaces:




18 feb 2013

APRENDE A BUSCAR NA REDE CON EFICIENCIA

Unha presentación estupenda, froito do traballo colaborativo de Charo Sánchez e Olga Rodríguez que nos axudará a mergullarnos no mundo da rede e no afogar.


17 feb 2013

PROXECTO DE CONTOS CLÁSICOS: BRANCANEVES

Na aula de cinco anos, comezamos a traballar o proxecto do conto clásico de Brancaneves e para iso creamos un recanto na aula, o recanto de Brancaneves con quebracabezas, debuxos, diferentes contos ,... Aquí tendes o noso recanto:



30 ene 2013

AUTORES OU AUTORAS DOS CONTOS CLÁSICOS?

Saberías dicir que escribiu o conto "O soldadiño de chumbo"? E "Riciños de ouro"?

 Só tes que investigar un pouco.

 Pincha na imaxe e mergúllate no mundo dos autores dos contos clásicos.



E para que vexades o ben que estamos investigando, deixámosvos unhas fotos. Xa estamos feitos todos uns detectives virtuais, e estamos recollendo os resultados das nosas pescudas en murais.

GHANDI

29 ene 2013

Libros para a Paz

Entre o CEIP Carballal-Cabral e o CEIP Eduardo Pondal tivo lugar un intercambio de Libros da Paz que queremos compartir con todos vós.

Feliz Día da Paz 2013!

 

28 ene 2013

30 de Xaneiro. Día da Paz.

O 30 de Xaneiro celébrase o Día da Paz. Este ano decidimos aproveitar a data para aprender algunhas cousas sobre GHANDI, e desta maneira saber por qué o Día da Paz se celebra precisamente este día e non outro calquera.
O 30 de Xaneiro de 1948 foi o día que morreu Gandhi, coñecido por defender os dereitos do seu pobo sen utilizar a violencia e, polo tanto, gran defensor da PAZ. En conmemoración e homenaxe, decidiuse dedicar este día a celebrar a Paz. 

Se queredes saber máis sobre Gandhi, tedes na biblioteca o libro "Me llamo... Gandhi":


Ente outras cousas, para a nosa celebración (conxunta co CEIP Eduardo Pondal) decidimos enviar esta canción que gravamos entre todos, así como unhas chapas conmemorativas.



23 ene 2013

PUBLICISTAS





Os nenos/as de 3º primaria viñeron a visitarme para facer uns carteis.
Quedáronlle moi ben!
Pinchade na imaxe para botar un ollo.

10 ene 2013

O Doodle de Carapuchiña

O 20 de Decembro, en plena semana dos contos clásicos, o buscador web Google celebrou o 20 Aniversario da publicación do primeiro libro dos Irmáns Grimm.
Deixounos este marabilloso Doodle coa historia completa da Carapuchiña Vermella. Podedes ver o conto completo premendo na imaxe. 

9 ene 2013

A semana dos Contos Clásicos



A semana dos Contos Clásicos foi un éxito! Nela aproveitamos para recordar contos por todos coñecidos e, en algunha ocasión, darlle un xiro diferente para asomarnos a novas perspectivas. Noraboa a todo o alumnado pola súa participación! Preme nas imaxes para ver os resultados.





19 dic 2012

UNHA MESA CHEA DE LECTURA.


     Aquí van as recomendacións de Nadal deste ano, podedes pinchar nas imaxes para descargar os documentos ou velos   máis grandes. 
     Dende o Equipo de Biblioteca desexamos que teñades unhas FELICES FESTAS!

Para todas as nais e pais,
dos nenos e nenas do Carballal,
unha mesa chea de lecturas
para que vivades aventuras. 








22 nov 2012

Escolma de refráns

Para celebrar a Semana da Literatura de Tradición Oral imos elaborar unha escolma de refráns, ditos, adiviñas... que utilicemos nos nosos fogares ou teñamos escoitado algunha vez.

Para botarvos unha man, deixámosvos esta presentación con refráns relacionados cos meses de ano.
Lembrade que nesta presentación non están incluídas as actividades, pero poderedes facelas no cole na aula de informática. 



Dende aquí as mestras e mestres podedes descargar o arquivo da actividade. Lembrade que é preciso ter instalado o Smart Notebook, versión 10 ou superior.

13 nov 2012

MAGOSTO

No mes de novembro, en Galicia, celébrase unha data moi especial, o MAGOSTO. É unha celebración propia da nosa terra, xa que noutros lugares non se celebra


Actividade feita por Ana Martínez Rey, recollida da web O Recanto de Mik.


 Información recollida da web do Concello de Arteixo procedente da web O Recanto de Mik. 


 Refráns, adiviñas, poemas, ditos de outono, recollidos da web O Recanto de Mik.

 Información recollida da web galicias.com







9 nov 2012

Corre, corre, cabaciña

No día do Samaín, o alumnado de Infantil e Primeiro ciclo de Primaria vimos, na hora de ler, un conto titulado "Corre, corre cabaciña". Foi moi divertido! Aquí volo deixamos para que poidades disfrutar del outra vez.

 
Pero a sorpresa non remata aquí, se vos gustou o conto non podedes deixar de escoitar a  súa canción.
 
 
 
 

6 nov 2012

Mochilas Viaxeiras

Durante este mes de Novembro comezarán a súa andaina as mochilas viaxeiras. De casa en casa, de familia en familia; cheas de libros, de historias e de aventuras para compartir.


3 nov 2012

Traballos de Samaín

Noraboa a todos os rapaces e rapazas que participastes na WebQuest do Samaín elaborando murais e contos!

Se queredes ver os resultados, premede nas imaxes.
3º Ciclo
2º Ciclo



2 nov 2012

OS NENOS/AS DE PRIMARIA CELEBRAN O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O alumnado de primaria non quedou atrás á hora de namorarse da nosa biblioteca. 

No primeiro ciclo tamén vimos a curta "Romance de biblioteca" e aquí están os personaxes de conto dos que nos namorariamos sen dubidalo:


Os maiores (de 2º e 3º ciclo) vimos a curta "Los libros fantásticos que vuelan" e, ademais de quedar fascinados coa trama da historia, quixemos plasmar en papel todo o que nos gusta dos libros e o que fai que sexan tan importantes e especiais para nós. Aquí vos deixamos as nosas reflexións: