18 may 2021

LETRAS GALEGAS 2021

 O venres 14 festexamos o Día das Letras Galegas no colexio. Nas aulas traballamos a figura de Xela Arias durante toda a semana e o venres visionamos nas aulas o video do Festival deste curso. Un festival virtual do máis divertido! somos uns grandes artistas! 






Neste enlace podedes ver o Festival das Letras Galegas deste curso:

https://youtu.be/J-a_mp4y4W0


13 may 2021

Recordamos a Rosalía de Castro

 Hoxe no cole os alumnos de 1º e 2º de Primaria puideron disfrutar do premio que gañou Nico no concurso de debuxo "A Nosa Rosalía". Aprenderon da vida e obra de Rosalía e recibiron unha estupenda clase de debuxo. 

Mirade que ben o pasaron!!






















11 may 2021

Contacontos IES Carlos Casares

 Os alumnos de 1º da ESO do IES Carlos Casares levaron a cabo un contacontos virtual cos nosos alumnos do cole. Que gran traballo!!

Moitas grazas!!





















6 may 2021

XV CERTAME LITERARIO DO CARBALLAL

 

 


 

 Podes enviar os teus traballos a edlgcarballalcabral@gmail.com
Os traballos poden entregarse en formato word, odt, pdf ou fotografía. 

Non esquezas poñer:

  • Nome, apelidos e curso.
  • Modalidade de participación (poesía, narrativa ou cómic).
  • Categoría na que participas (familias, infantil e 1º EP, 2º e 3º EP, 4º,5º e 6º EP ou nais e pais).
É importante que:
  • Se envías o teu traballo en fotografía, asegúrate de que a foto non está borrosa.
  • Corrixe as faltas de ortografía.
  • Non esquezas que é en GALEGO.
  • Se participas na categoría cómic non esquezas pintar con cariño os debuxos e bordear as letras para que se vexan ben.

4 may 2021

BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS

 No cole participamos no programa "Bibliotecas Escolares Solidarias". Os alumnos de 5º e 6º de Primaria prepararon contos con videos, audios e presentacións para enviar aos nenos e nenas de Educación Infantil e aos alumnos do CEE Saladino Cortizo. 

Mirade que contos máis divertidos!


 
  













23 abr 2021

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

 Hoxe celebramos o Día do libro no cole!

Fixemos unha recomendación lectora do noso libro favorito para pegar nos talos das flores dos corredores. 

Cada clase puxo voz a un conto e fixemos uns marcapáxinas chulísimos.

FELIZ DÍA DO LIBRO A TODAS E TODOS!!






 











Neste enlace podedes ver os nosos "Xardíns de contos"

https://youtu.be/kqBoj6_GwDQ

21 abr 2021

AS NENAS E NENOS DE INFANTIL TRABALLAN NO HORTO

 Despois da parada obrigatoria no horto escolar pola pandemia no curso anterior, este curso volvemos a traballar no horto da nosa escola.



20 abr 2021

O ALUMNADO DE INFANTIL SAE O BOSQUE DO LADO DO COLE

Para seguir aprendendo da flora, nada mellor que observala directamente, é por eso que as nenas e nenos de Infantil saíron ao bosque do lado do seu cole. Clicade na imaxe para coñecer máis:



6 abr 2021

Mural da Paz

 Todos os nenos e nenas do cole participamos na elaboración do mural da Paz. Mirade que bo traballo!

https://youtu.be/zqIgE7Qo6HQ



29 mar 2021

INFANTIL SEGUE TRABALLANDO A FLORA

Nas aulas de Infantil seguimos traballando o proxecto da flora. Clicade na imaxe para saber máis:



15 mar 2021

COMEZAMOS A TRABALLAR O PROXECTO: CARBI COÑECE A FLORA

 Nas aulas de Infantil  comezamos a traballar o PDI: "Carbi coñeca a flora". Premede na imaxe para obter máis información: