8 mar 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Hoxe 8 de Marzo é o Día Internacional da muller. Na biblioteca fixemos unha selección de libros, esperamos que vos gusten!




24 feb 2021

DÍA DE ROSALÍA


 Hoxe 24 de Febreiro celebramos o Día de Rosalía!!

Carbi fixo unha selección dos libros que temos na biblioteca.



Participamos no concuros da Deputación de Pontevedra 
"A nosa Rosalía", estes son os nosos debuxos!





2 feb 2021

 Hoxe festexamos o día da Candeloria (O día do amor na nosa terra). 

O Día das Candeas ou Día da Candeloria celébrase no 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar.

A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral.

Mirade que decoración máis chula!














2 dic 2020

Libros de OUTONO

 A maleta e o carro coa seleción de libros de OUTONO xa pasaron por todas as aulas do cole. Que historias máis divertidas!































16 nov 2020

A maleta dos libros de Samaín

 Durante este mes as maletas cos libros de Samaín da biblio de Carbi pasaron por todas as aulas do cole. 

Cantas historias de medo!!!