28 may 2013

O PROXECTO DO PRIMEIRO CICLO

Os nenos e nenas de primeiro de primaria estivemos a traballar durante todo ano no proxecto dos contos clásicos e...pasámolo xenial!!
Velaquí tedes unha mostra disto...

26 may 2013

A MOCHILA VIAXEIRA

Os nenos e nenas do primeiro ciclo xa remataron a andaina coa mochila viaxeira.

24 may 2013

Festival das Letras Galegas 2013


Xa están aquí os vídeos e as fotos do Festival das Letras Galegas!
Premede na imaxe para visitar a páxina web do cole onde atoparedes os vídeos e os enlaces para ver as fotografías.

22 may 2013

Teatro Negro: Pedro e o Lobo

Este ano a representación do Teatro Negro foi do conto clásico de Pedro e o Lobo.

Teatro Negro Pedro e o lobo on PhotoPeach

21 may 2013

Coñecendo a Roberto Vidal Bolaño

O 3º ciclo estivo investigando e coñecendo a Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado no Día Das Letras Galegas deste ano. Traballando a Roberto Vidal Bodaño on PhotoPeach

16 may 2013

Os nenos e nenas de Educación Infantil seguen a traballar os contos clásicos na "Pizarra Máxica" (PDI)

Toca traballar un pouco a memoria realizando a actividade "Parellas". Estámolo pasando moi ben, moi ben. on PhotoPeach
Os nenos e nenas de Educación Infantil  traballamos os contos clásicos na " Pizarra Máxica" (PDI).
Para comezar traballamos a actividade" Clasificación" que nós coñecemos como SI-NON. on PhotoPeach
Continuaremos traballando os contos na "Pizarra máxica". Ata a próxima!!!

14 may 2013

Promocionando o noso conto

Unha vez convertidos en auténticos escritores de contos clásicos, agora temos que promocionar os nosos contos para que os leades,asi que fixemos uns murais publicitarios.

Cartel publicitario on PhotoPeach

O noso conto

O alumnado de terceiro ciclo estivemos traballando os contos clásicos. Aprendimos moitas cousas: cal é a súa estructura, os personaxes, as características, .....   despois de tanto traballar o longo do ano, convertímonos en escritores e fixemos os nosos propios contos.

 O noso conto on PhotoPeach

12 may 2013

ENGLISH CORNER


 Parabéns a todas e a todos!!!
A bibliocarbi amplíase.... 
Aquí está o ENGLISH CORNER.



http://picasion.com/i/1TUas/

7 may 2013

Recomendacións literarias. 3º e 4º de Primaria

O 23 de Abril celebrouse o día do Libro. Xa sabedes que quen ten un libro, ten un tesouro e estamos seguros de que todos vós tedes un libro (polo menos) ao que lle tedes un cariño especial.

Nós decidimos celebrar o Día do Libro lembrando os nosos Libros Amigos e facendo unhas video-recomendacións para compartilos con vós. Non perdades ningunha porque son xeniais!
Lembrade que podedes ampliar os vídeos e poñelos a pantalla completa

                        
               Alejandro, Izan, Lucía A.                                   Paula, Diego, Pablo

                       
               Ramón, Ione, Luci P.                                     Raquel, Xián, Ainhoa, Uxía

                         
                Samuel, Paula, Anxo, Alba D.                           Yvette, Nico, Alba A., Manuel

23 de Abril. Día do Libro. Libros fóra

A semana do 23 de Abril, Día do Libro, aproveitamos o bo tempo que tiñamos e os espazos verdes dos que dispoñemos no cole para sacar os libros ao patio durante a hora de lectura.

Pasámolo xenial. Deixámosvos unha mostra do ben que o pasamos en infantil e tamén en Primaria





5 may 2013

PROXECTO DA AULA DE 5 ANOS

Os nenos e nenas da aula de cinco anos, seguimos traballando o Conto Clásico de Brancaneves. Este conto, foi escrito polos irmáns Grimm,  é un conto de tradición oral alemán, que recolleron eles por escrito. Como todos os contos clásicos estructúrase en tres partes: Inicio, nó e desenlace. Ademais tamén descubrimos que a historia dunha nena chamada: María Sophia Marghareta Catharina von Erthal, inspirou este conto.
Aquí tendes unha mostra do traballado:
Proxecto Brancaneves on PhotoPeach

2 may 2013

LETRAS GALEGAS 2013

 

 O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron unha proposta histórica: Que se declarase o día 17 de maio de cada ano "Dia das Letras Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega" Escolleron o 17 de maio "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro", e así foi. O 17 de maio de 1963 celebrouse o primeiro Día das Letras Galegas, e a primeira homenaxeada foi, por suposto, Rosalía de Castro. Despois dela, seguiron Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añon Paz e así un longo etcétera ata chegar ao 2013 onde o homenaxeado vai ser Roberto Vidal Bolaño, posiblemente o dramaturgo máis prolixo da nosa literatura.
    Nos seguintes enlaces poderedes investigar máis sobre este estupendo autor.



 Información recollida das seguintes webs:

 http://www.diadasletrasgalegas.com/
 Biblioteca Virtual Galega.
 Blogue de Roberto Vidal Bolaño.
traballamosxuntos.blogspot.com

29 abr 2013

CONTACONTOS DO ALUMNADO DO IES CASARES


   O pasado  xoves día 25 de abril, viñeron a nosa biblioteca algúns alumnos e alumnas do IES Carlos Casares. Acudiron a contar e dramatizar contos ao alumnado de Infantil, como por exemplo: A ratiña presumida, Lobo feroz, A Cebra Camila, O coelliño branco,... Foi unha experiencia inesquecible e marabillosa na que o noso alumnado gozou moito.
   Dende aquí agradecémoslle o esforzo e traballo do alumnado e profesorado do IES Carlos Casares, e convidámolos a que volten cando queiran.

Pedro e o Lobo

O terceiro ciclo esta a traballar o conto de "Pedro e o Lobo", e esta vez tivo que investigar sobre o seu autor e facer un mural do mesmo. Pedro e o lobo on PhotoPeach

"A contar ovellas" polo 3º ciclo.

Traballo que fixo o terceiro ciclo do libro que lemos " A contar ovellas". Contando ovellas on PhotoPeach

Somos contacontos!!

O alumnado do terceiro ciclo convertímonos en auténticos contacontos para contarlles a os nosos compañeiros do colexio uns contos moi divertidos. Pero iso leva moito traballo, posto que hai que preparar decorados, vestiario, personaxes,.... aquí tedes o resultado!!! 1º Parte.... on PhotoPeach 2º parte on PhotoPeach

Adiviñando contos!!

O alumnado de terceiro ciclo estivemos adiviñando as personaxes dos contos clásicos que representaban mimicamente os nosos compañeiros, algúns foron fáciles e outros difíciles. Adiviñando contos on PhotoPeach

28 abr 2013

A MALETA CONTAREIRA

http://picasion.com/i/1TSqv/

 A maleta contareira comeza a súa andanza no centro  polas aulas de Infantil. Que sorpresa e alegría levaron todos os nenos e nenas con esta maleta chea de moitas historias.




Despois percorreu as aulas do primeiro ciclo...que ben o pasamos!!!!



Continuou o seu percorrido no segundo ciclo...






E rematou a súa andaina no terceiro ciclo.....

18 abr 2013

CONTACONTOS GRATUITO.


          Ola rapaces! Sabíades que  Parque Nacional MT das Illas Atlánticas de Galicia está a presentar tódolos domingos do mes de abril e maio o Contacontos "A gaivota Antón". Xa sabedes, se queredes pasalo xenial algún destes domingos ide visitar a Antón, lembrade que a entrada é gratuira, pero o aforo é limitado. 




4 abr 2013

Actividades Proxecto Contos Clásicos

Ola a todos e todas!

Hoxe preséntovos as actividades dispoñibles para traballar os contos clásicos.

Na columna da dereita tedes tres enlaces:
  1. Actividades da Aula Virtual. Organizadas por ciclos
  2. WebQuest de autores
  3. WebQuest de contos
Non vos esquezades de visitalos. Un saudiño!