18 nov 2024

ROTEIRO DE SAMAÍN

Este curso o Equipo de Biblioteca colaborou na celebración do Samaín e os nenos e nenas do cole puideron disfrutar da lectura dun conto terrorífico nunha das estacións que se atopaba no roteiro realizado pola contorna do centro.
Pasárono terroríficamente xenial!

SEMANA DA CIENCIA NA BIBLIOTECA

Esta semana para celebrar o "Mes da ciencia na biblioteca" todo o centro pasará pola mesma e realizará un divertido e interesante experimento.

27 oct 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O xoves 24 de outubro, con motivo da celebración do "Día das bibliotecas escolares",o noso cole convertiuse nun lugar de conto cheo de incribles personaxes (pricesas, heroes, magos, animais...), e todas elas acudiron a nosa biblioteca a facer unha lectura colectiva das obras "Mulleres bravas da nosa historia" de Xulia Minguillán e "Mulleres do silencio" de Maruja Mallo e Ángela de la Cruz.

10 oct 2024

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Onte, día 9 de novembro, celebramos a inauguración da biblioteca, que este curso está ambientada nas "Mulleres Galegas Ilustres". Esperamos aprender moito sobre elas!

7 jun 2024

LETRAS GALEGAS

 Como xa ven sendo tradición, polo día das letras galegas, organizamos no centro un bonito festival onde non faltou o baile, a canción e o teatro. 

Todo elo centrado na vida e obra de Luisa Villalta, escritora homenaxeada este ano. 




OBRADOIRO DE LECTURAS E FAMILIA

 Sara e Ana de Old Teddy´s, visitáronnos para facernos pasar unha tarde xenial gozando dos xogos de mesa. Foi a nosa I XORNADA DE XOGOS DE MESA EN FAMILIA. 




25 de abril " A REVOLUCIÓN DOS CARAVEIS"

 Tal e como vimos traballando ao longo do curso no proxecto elexido pola Biblio, o 25 de abril conmemoramos a Revolución dos Caraveis no centro. 

Unha xornada fantástica, cargada emotividade con todo o alumnado cantando a Grándola e coa sorte de contar cunha magnífica acutación da profe Lucía que nos deleitou cun bonito fado. 

Non faltaron os bailes, as cancións, e as típicas natas na merenda. 




CONTACONTOS CO ALUMNADO DO IES CARLOS CASARES

     Recibimos a visita do alumnado do IES CARLOS CASARES na biblio cuns contos súper chulos e moi entretidos para os nosos/as peques!!


Moi orgullosas de que no medio destes contacontos estiveran antigas alumnas do centro!!


Foi unha actividade diferente, entretida e moi productiva!!






OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA

 Esta semana gozamos dun obradoiro de banda deseñada da man de Sergio Covelo, ilustrador, diseñador gráfico e historietista. Esta actividade organizada polo equipo de biblioteca gustou moito entre o noso alumnado descubrindo grandes promesas neste eido!!










21 may 2024

Seguimos con novidades lectoras!!!!


 Pois despois do gran espurgo que levamos a cabo na biblio era necesario volver a encher os estantes de interesantes novas lecturas. Pouco a pouco imos actualizando as nosas coleccións sempre dispoñibles para toda a comunidade educativa!!




"ANXELA E SPENCER" de Carlos Meixide

 No terceiro ciclo traballamos na lectura "Ánxela e Spencer" do escritor Carlos Meixide e tivemos a sorte de que nos visitase e poder facerlle un montón de preguntas. Foi moi amable explicándonos e contándonos moitas cousas tanto das súas obras como da súa vida como escritor. 


Un pracer poder contar con tan grandes persoas da cultura galega. 





14 may 2024

"LECTURAS EN FAMILIA"

 Durante o mes das letras, visitaronnos familiares do alumnado para compartir connosco unhas fantásticas sesións de contacontos!!

Agradecemos moitísimo a colaboración dos papis e as mamis que acudiron á nosa convocatoria e que fixeron especial estos momentos de lectura compartida!!











LECTURAS COMPARTIDAS EN GALEGO POLO MES DAS LETRAS!!

 Durante o mes de maio, o alumnado de 6º, 5º, 4º e 3º organizarase en grupos e prepararán unha lectura para visitar as aulas dos cursos máis pequenos e facer unha sesión de contacontos durante a sesión de lectura!!

Prepararon moitísimo material e traballaron arreo para divertir e entreter aos máis cativos e cativas do centro!!

Noraboa rapazada!!! 












DÍA DO LIBRO

 Como cada ano, o 23 de abril celebramos o día do libro. Organizamos unha divertida actividade de lectura compartida con todo o alumnado do centro!!

Xuntos/as elaboramos a terceira edición do noso libro de ilustracións TI + EU = UN LIBRO!

Bótalle un ollo!! Estará na biblioteca para goce de toda a comunidade educativa!!








10 may 2024

"A ABELLIÑA QUE PERDEU AS ÁS"

 Que sorte tivemos coa visita de Ramón Nogueira!! Charlamos sobrre a lectura que estivemos a traballar en 1º e 2º de primaria, "A abelliña que perdeu as ás" e quedamos encantados/as, ademais firmou todos os nosos libros!!


Moitas grazas!!!