23 oct 2025

PRESENTAMOS O CATÁLOGO DA NOSA BIBLIOTECA

Non hai mellor día que o 24 de outubro, día das Bibliotecas Escolares, para presentarvos o catálogo en liña (OPAC) da nosa biblioteca. 

Con esta ferramenta o alumnado poderá consultar os seus préstamos vixentes e os atrasos, así como buscar nos fondos da biblioteca libros do seu interese para comprobar se os temos nos nosos andeis e se están dispoñibles para préstamo. 

Tamén servirá para facervos chegar propostas de lectura e para que coñezades as novidades da biblioteca e os libros máis emprestados.

Non deixedes de visitar o noso catálogo premendo na imaxe ou no acceso directo da barra lateral esquerda.

Feliz día das Bibliotecas Escolares!



No hay comentarios:

Publicar un comentario