30 abr 2019

Gonzalo Moure visita BiblioCarbi

O autor de «Palabras de Caramelo» honrounos coa súa presenza e fixo unha parada no noso centro para conversar co alumnado de 6º sobre esta obra que leron este curso e que tanto gusta a pequenos e maiores. Foron momentos entrañables os compartidos con Gonzalo a través da mirada de Kori, o protagonista desta historia que esperamos leades nalgunha ocasión, e que podedes ampliar accedendo ao blog de terceiro ciclo premendo na imaxe.
http://terceirociclocarballal.blogspot.com/2019/05/visita-de-gonzalo-moure.html


26 abr 2019

Visita da escritora IRIA MISA



Hoxe recibimos a visita da autora do libro: «Mamá, quero ser Ziggy Stardust».
É un libro que ainda estamos a ler en 5º e 6º pero aproveitamos a presenza de Iria Misa para descubrir os pormenores da creación desta gran obra, que cremos non debe faltar en ningunha biblioteca. Un historia ben documentada que nos fai entender e comprender mellor a problemática da transexualidade en idades tempranas. Para ler máis preme na imaxe.
http://terceirociclocarballal.blogspot.com/2019/04/visita-da-escritora-iria-misa.html

10 abr 2019

Investigación en familia do alumnado de 5 anos

As nenas e nenos de cinco anos, están a traballar o "Universo", para eso estiveron investigando nas súas casas coa axuda das súas familias. Aquí tendes unha mostra do traballo realizado por algúns deles:








3 abr 2019

Charla divulgativa: «Nanosatélites»

Hoxe día 3 de abril o alumnado de 5º e 6º asistimos no centro a unha charla titulada «nanosatélites», impartida polo inxenieiro de diseño electrónico Aarón Nercellas Ventas . No noso Blog poderedes completar a información sobre esta actividade que resultou tan interesante para todas e todos. Accedede coma sempre premendo na imaxe. 
http://terceirociclocarballal.blogspot.com/2019/04/charla-nanosatelites.html