27 dic 2025
1 dic 2025
25 N DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA MACHISTA
Un ano mais conmemoramos o 25N traballando co poema "Aquel príncipe arrogante" no que un dragón come ao principe por tratar mal as mulleres. A partir disto os rapaces e rapazas debían dar de comer ao dragón aquelas imaxes nas que os homes están a ter comportamentos violentos coas mulleres e colocar no "Muro do bo trato" aquelas nas que os homes amosan condutas contrarias á violencia.
Ademais, tamén preparamos na biblioteca un expositor con temática relacionada coa violencia machista, que mestres e alumnos puideron consultar ao longo de toda a semana.
Cabe destacar tamén que, uns días antes, tivemos no cole a @raquelqueizas, unha marabillosa contadora de historias que nos achegou á vida de Nellie Bly para ensinarnos que a igualdade está na nosa man e que dramatizou tamén o conto "O chuvasqueiro de Aurora" (co cal conmemoramos o 25N o curso anterior).Esta visita forma parte do 2º premio conseguido polo alumnado de 6º no concurso da Deputación de Pontevedra "E ti... que pensas da igualdade?"
2 nov 2025
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
✨📚Celebramos o Día das Bibliotecas Escolares 📚✨
O día 24 de outubro o noso colexio encheuse de historias, ilusión e sorrisos para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares. Foi unha xornada para lembrar que os libros son portas abertas a mil mundos e que ler dende pequenos axúdanos a medrar curiosos, creativos e libres.
A nosa biblioteca escolar non é só un lugar cheo de libros, senón un espazo vivo onde o alumnado descobre o pracer da lectura, aprende a soñar e a pensar por si mesmo. 🌟
Sigamos fomentando entre os nenos e nenas o amor polos libros, porque cada historia lida é unha semente que florece no seu corazón e na súa mente. 💫📖
Personaxes de moitísimos contos visitaron a nosa biblioteca e compartiron xuntos da lectura de contos relacionados co PDI deste curso.
23 oct 2025
PRESENTAMOS O CATÁLOGO DA NOSA BIBLIOTECA
Non hai mellor día que o 24 de outubro, día das Bibliotecas Escolares, para presentarvos o catálogo en liña (OPAC) da nosa biblioteca.
Con esta ferramenta o alumnado poderá consultar os seus préstamos vixentes e os atrasos, así como buscar nos fondos da biblioteca libros do seu interese para comprobar se os temos nos nosos andeis e se están dispoñibles para préstamo.
Tamén servirá para facervos chegar propostas de lectura e para que coñezades as novidades da biblioteca e os libros máis emprestados.
Non deixedes de visitar o noso catálogo premendo na imaxe ou no acceso directo da barra lateral esquerda.
Feliz día das Bibliotecas Escolares!
11 oct 2025
INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA NO CURSO 2025/2026
Este curso para inaugurar a biblioteca estreamos nova imaxe!
E, ademais, todos participamos nuns "Carbi-retos" que tiñan como recompensa conseguir unha das letras de título do PDI deste curso.
17 jun 2025
29 may 2025
VISITA DE IRIA MISA
Os alumnos de 5⁰ de primaria recibiron a visita de Iria Misa, autora de "Mamá, quero ser Ziggy Stardust".
Foi un pracer compartir un tempo de charla con ela e encantounos que se integrara coma unha máis no noso grupo de debate. Grazas, Iria!
25 may 2025
MALETAS VIAXEIRAS DO CFR VIGO
Este curso poidemos disfrutar na nosa biblioteca das maletas viaxeiras do CFR VIGO, polo que durante unhas semanas tivemos a nosa disposición máis exemplares de libros de banda deseñada/cómic e de inclusión.
JORGE CAMPOS
O alumnado do primeiro ciclo de primaria recibiu a visita de Jorge Campos, o autor e ilustrador de "Capitán Lentella". Todos disfrutaron moito coa súa visita! Moitas grazas!














































